Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012)Traballamos a partir dun folleto dunha exposición.

Hoxe Pablo contounos que a fin de semana estivo na exposición DINOPARK, que hai en Nigrán ata finais do verán.

Ademáis trouxo un folleto explicativo desta exposición.

Entre todos observamos as distintas partes das que constaba dito folleto.

Palabras explicando a actividade.

Números de teléfono e da dirección.

Un mapa para poder chegar ao lugar sen perderse.

Fotos dalgúns dinosaurios.

Tamén nos fixamos na forma que tiña, rectangular.

 A profe propúxonos que podía facer unha fotocopia del e que cada nen@ levara un para casa para informar ás familias por si nos podían levar nalgunha ocasión.

Así que traballamos todos estes aspctos antes mencionados buscándoos no noso folleto individual e escribindo sobre eles.

Ádemáis, lendo algunha da información escrita nel, descubrimos que na exposición hai polo menos 50 "réplicas" e averiguamos o significado desta palabra.

Como no recanto das rutinas temos un panel con moitos números,

alí atopamos este número, o 50

Logo tamén limos que algúns dinosaurios podían alcanzar o tamaño de 12 metros.

No calendario Cris atopou enseguidiña o 12, para amosar a todos os demais

Como na clase temos unha cinta métrica comprobamos cánto é un metro e fixdemos esta medición despois con distintos materiais.

Por exemplo con tapóns, en total eran 18.

ou con ladrillos, das construccións

soamente 4 e sobraba un anaquiño

Como 12 metros é bastante máis que 1, e despois do recreo tiñamos psicomotricidade no pabellón e o pabellón ten espacio dabondo, aproveitamos parte da clase para seguir con esta proposta.

Despois de distintas estimacións sobre canto sería 12 metros e cómo facer para averigualo, entre todos e con cordas e tamén con picas (fixemos dous equipos), tratamos de chegar aos 12 metros partindo dos nosos 18 tapóns por un lado e 4 ladrillos polo outro.

Resultou que unha pica medía prácticamente o mesmo que os 4 ladrillos, é dicir, un metro, polo tanto foi doado chegar a ista medida.

Coas cordas costou máis e necesitamos axuda da profe pero ó final o conseguimos.

Comprobado o longo ou grande que pode chegar a ser un dinosaurio, nos colocamos nós aos pes da medición para ver qué pequeniños podemos chegar a ser comparándonos cos dinosaurios.

Tamén acabamos colocándonos todos (hoxe eramos menos nenos na clase) xuntos, ben estirados para comprobar se uníndonos podíamos chegar a medir 12 metros pero aínda nos faltaba un anaquiño de nada.

Agora só falta comprobalo en directo, cando as nosas familias, se poden, nos leven a ver a exposición.