Distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria

Distribución de máscaras entre o alumnado:

Segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 (DOG 13/11/2020) pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado …, proporcionaránselle máscaras aos alumnos matriculados na etapa de educación primaria pertencentes a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €.

Deste xeito, serán beneficiarios:

O alumnado que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21

  1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar
  2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Solicitudes:

  1. Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.
  2. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída..
  3. A solicitude será única para todos os fillos admitidos no centro durante este curso.
  4. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e nos documentos anexos desta circular.
  5. O prazo para presentar as solicitudes será de dez días.

 

Anexo I (Solicitude)

Orde do 6 de novembro de 2020

AdxuntoTamaño
Anexo I. Solicitude Máscaras.pdf1.12 MB
ORDE do 6 de novembro de 2020.pdf608.65 KB

Powered by Drupal - Design by artinet