Blogues

Admisión e matricula. Curso 2021-2022

Reserva de praza 

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro, ambos incluídos.

Solicitude de reserva (anexo I)

Comprobación de datos dos membros da unidade familiar (anexo I bis)

Deberase presentar no centro ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Admisión

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 1 ao 20 de marzo.

Vacantes

Anexo II. Solicitude de admisión

Prazos

Documentación admisión e matrícula

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA DO ALUMNADO

Reserva de praza 

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro, ambos incluídos.

Solicitude de reserva (anexo I)

Comprobación de datos dos membros da unidade familiar (anexo I bis)

Deberase presentar no centro ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Admisión

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 1 ao 20 de marzo.

Matrícula

Prazo de formalización da matrícula: dende o 20 ao 30 de xuño.

NORMATIVA

ORDE do 18 de decembro de 2020

ORDE do 25 de xaneiro de 2017

ORDE do 12 de marzo de 2013

Distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria

Distribución de máscaras entre o alumnado:

Segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 (DOG 13/11/2020) pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado …, proporcionaránselle máscaras aos alumnos matriculados na etapa de educación primaria pertencentes a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €.

Deste xeito, serán beneficiarios:

O alumnado que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN (Biblioteca)

Premendo nos distintos libros pódense obter máis datos de cada un. 

DOCUMENTOS A ENTREGAR PARA O VINDEIRO CURSO

 Antes do 20 de xullo será necesario entregar para o curso 2020-2021, a seguinte documentación: a solicitude de uso de transporte, a solicitude de uso do servizo de comedor, a solicitude de recollida do alumnado no centro e a solicitude de recollida de alumnado nas paradas do servizo de transporte. 

A SOLICITUDE DE USO DE TRANSPORTE só a ten que solicitar o alumnado de nova incorporación, o que desexe cambiar de parada, o que non é usuario lexítimo e o que precisa empregar dúas paradas. Neste último caso, deberá entregar tamén outros documentos para demostrar a necesidade de uso de dúas paradas.

AS AUTORIZACIÓNS PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO NO CENTRO E PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO NO SERVIZO DE TRANSPORTE deberaas entregar aquel alumnado que desexe autorizar a persoas distintas dos pais para a súa recollida, tanto no centro como na parada do servizo de transporte.

A SOLICITUDE DE USO DO SERVIZO DE COMEDOR deberaa entregar todo o alumnado que desexe empregar o servizo de comedor, sen excepción. A non entrega deste documento, impedirá o seu uso, sendo necesario tamén, ter aboadas as taxas do ano anterior.

 

LIBROS DE TEXTO 2020-2021

LIBROS DE TEXTO 2020-2021

Prema no curso para ver os libros. Tamén pode observalos nos documentos adxuntos.

SERVIZO DE TRANSPORTE. CURSO 2020-2021

SOLICITUDE

A solicitude de uso do Servizo de Transporte, só será necesario que a presenten nos seguintes supostos:

  • Se o/a alumno/a se escolariza por primeira vez no centro.
  • Se desexa cambiar a parada empregada no curso anterior (de forma xustificada).
  • Se precisa empregar máis dunha parada. Neste caso, deberá solicitar no centro, a documentación complementaria que terá que cubrir para xustificar a necesidade de empregar máis dunha parada.
  • Se solicita a parada sen ser usuario lexítimo. Por exemplo, se o domicilio do/a alumno/a se atopa a unha distancia inferior a 2 km, se está escolarizado no centro sen corresponderlle dita escolarización en función das áreas de influencia fixadas, etc. Nestes supostos, tamén deberá cubrir unha solicitude de uso.

AUTORIZACIÓN PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO NO SERVIZO DE TRANSPORTE

AUTORIZACIÓN

 Datos a ter en conta:

  • Só o alumnado que no curso 2020/2021 curse estudos en quinto e sexto curso de Educación Primaria, poderá cubrir o recadro azul.
  • Non se poderán cubrir ambos recadros. É dicir, se se cubre o recadro azul, non se pode cubrir o recadro laranxa.
  • Teña en conta que cubrindo o recadro azul, autoriza ao/á seu /súa fillo/a para saír só/soa do servizo de transporte.
  • Todos os datos facilitados ao centro a través deste documento, serán cedidos ao servizo de transporte para que poida comprobalos na realización do servizo.

Powered by Drupal - Design by artinet