Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

O CURSO REMATOU

Cantas cousas fixemos ó longo do curso e todo o que aprendimos!! Encántanos que veñan os nenos doutras aulas a lernos contos e ensinarnos os debuxos, mirade que atentos estamos. Pero se temos que elexir unha das rutinas que máis nos gusta a todas e todos, estamos de acordo en que é...XOGAR e APRENDER nos rincóns!! En pequenos grupos fumos rotando por eles diariamente e pasámolo xenial. No do ARTE sorprendíamos aos mestres coa nosa creatividade, fixemos libros con pegatinas de letras, gomets, cuños e estampacións, debuxos para as familias, dedicatorias de cumpreanos... as CONSTRUCCIÓNS é outro dos favoritos, as pezas de lego, os cubos, os animáis, a composición de figuras e o taller de bricolaxe, entre outros.No rincón da COCIÑA tamén o pasamos moi ben preparando cafés e comida, paseando os bonecos nos seus carros, pranchando a roupa deles, limpando a clase...en definitiva, adoptando pequenas tarefas cotiás que aprenden de todos nós e son fruto da espontaneidade. Os puzzles tamen nos gustan moito, cada día que pasaba conseguíamos acabar un máis grande, axudándose entre sí e compartindo. O rincón da biblioteca e o das letras tamén foi moi divertido, a través da pizarra imantada e os cubos das letras compoñíamos palabras significativas para nos, como pode ser o nome e obxectos que coñecemos.

Deixamosvos estas últimas fotos deste grupo de cuarto de educación infantil e deseamosvos a tod@s unhas felices vacacións! Ata pronto!