Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
AMBIENTE DE NATUREZA:FEBREIRO
Propostas do ambiente de natureza nesta segunda metade do mes de febreiro:
-Mesmo coma se fose a Horta de Balbina,xogaron a plantar e recoller,cebolas,tomate,champiñóns,cenorias e patacas levando control da cantidade de cada un.
-Como é tempada de laranxa nada mellor que desfrutar dun: zume coas laranxas que trouxeron as familias,familiarizándose coas tarefas da cociña ,fregar e recoller.
-Enroscaron e desenroscaron parafusos e sacaron pompóns por un buratiño ben pequeno traballando así a motricidade fina a fondo.
-Areiro con pegadas de coches e pezas do arco da vella a modo de pontes.
-Tinguiron arroz de cor morada e fixeron trasvases.
-Taller de carpintería,candados e cravaron cravos co martelo.
-Trazos cos números de lixa e o crebacabezas,atopar o numero 7 entre moitos outros intrusos e xogar co cubo de Rubik para trasladalas cores ao plano.
-Experimento coas cores:mesturaron a cor azul e a vermella .
-Reto Lego:construiron muíños de vento e comprobaron que se movían as aspas cun secador de pelo,foi toda unha aventura facelos coma Don Quixote atoparse ante un deles.Esta proposta estivo acompañada polo cómic " Don Quijote de la Mancha" para familiarizarse con él.