Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
MARZO NO AMBIENTE DE ARTE!
Xa rematou o mes de marzo e no ambiente de arte tivemos moitas cousas que facer!
Este mes estivemos traballando co artista Hervé Tullet: coñecemos algunhas das súas obras, conformamos un móbil para a clase, inspirámonos nas súas flores para crear as nosas e dar a benvida á primavera, pintamos coas súas tres cores principais: amarelo, azul e vermello e tamén experimentamos a mestura destas cos algodóns e as pipetas. Ademais seguimos o seu recetario e fixemos pratos espectaculares, construimos series e imitamos patróns cos pinchiños e ata xogamos ao xogo “Un juego”.
Por outra banda, estivemos conformando as nosas camas con moitos colchóns imitando o conto de “La princesa y el guisante” de forma colaborativa nos tres ambientes. Para isto tivemos que medir o tamaño da cama que queriamos facer e adaptar os “colchóns” á mesma. A cousa non quedou aí e tamén tivemos que atopar as metades dos escudos para poder conformalos.
Tamén experimentamos o que era pintar en plásticos, o coidado que requería e as cousas tan xeniais que podían saír.
Por suposto a clínica, os disfraces, as construccións e os minimundos foron unha constante ao longo deste mes.
Pasámolo xenial!