Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

PROXECTO "CERO AZUCRE"

Deixamos mostra dunha exposición realizada co alumnado de 6º de educación primaria ao redor dun proxecto traballado dentro do blogue de saúde. Previamente explicamos diversos aspectos relativos á interpretación dos alimentos e bebidas envasadas. Traballamos a lectura e interpretación correcta dos ingredientes, priorizando o "primeiro ingrediente" da lista como o que en maior porcentaxe se atopa, en que un alimento non debería de ter máis de tres "Es": E-120, E-240...), rexeitar algún produto alimenticio que conteña máis de cinco ingredientes, descartar alimentos que conteñan graxa hidroxenada, parcial ou totalmente modificada, graxa ou aceite de palma, coco, palmiste...

Do mesmo xeito aprendemos a interpretar o cadro de información nutricional, fixándonos fundamentalmente na cantidade de graxa saturada, sal e azucres. Unha vez explicado todo isto centrámonos neste último punto, os azucres ocultos que aparecen nos produtos que consumimos día a día. Hoxe por hoxe o azucre engadido (diferente do presente de xeito natural como é o caso das froitas - frutosa) está considerado actualmente un grandísimo problema na sociedade, xa que sen percatarnos estamos a consumir unha cantidade moi elevadísima á RECOMENDACIÓN DA OMS. Dito consumo excesivo está a provocar en idades moi pequenas moitos problemas de obesidade, diabetes e outras patoloxías.

O proxecto, titulado "CERO AZUCRE", consistía en empregar produtos que se consumen no día a día (comida e bebida) e analizar tanto os ingredientes como a táboa nutricional. Unha vez analizada esta derradeira centrámonos na cantidade de azucre engadido que contiñan. A mostra aí a tedes nas imaxes. A verdade é que é impactante ver a cantidade de azucre que consumimos e que está oculto. Esa mesma impresión a tiveron todos os alumnos/as e mestres/as. Esperemos que collan conciencia da importancia de analizar un produto que vaian a consumir fixándonos neses parámetros, sen obsesionarse, pero sen pasar do tema. Vai na saúde dun mesmo.

Se queredes indagar un pouco máis sobre todo este tema tan interesantísmo, podedes picar non seguinte ENLACE. Quedarédesvos todavía MÁIS ABRAIADOS!!!