Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Madrugadores: Información xeral

 NORMAS DE FUNCIONAMENTO:  
  • Hai que cumprimentar unha ficha cos datos persoais (unha soa vez); referindo calquera alerxia que padezan, teléfonos (preferentemente móbiles), correo electrónico.... Estas fichas estarán no local da ANPA. No caso de calquera modificación dos datos facilitados deberá notificalo á maior brevidade posible.
  • servizo de madrugadores poderá utilizarse todos os días, días/semanas alternas ou días soltos. Distinguíndose así os: usuarios fixos continuos (todos os días, ou fixos de 4 días á semana), usuarios fixos descontinuos (fixos 1,2 ou 3 días á semana; semanas alternas) e usuarios temporais (días soltos).
  • As actividades que se levan a cabo serán adaptadas as súas idades e serán de carácter lúdico.
  • Os usuarios fixos (continuos e descontinuos) terán que cubrir un formulario indicando os días nos que os/-as alumnos/-as acudirán a madrugadores. Estes impresos estarán no local da ANPA. Unha vez cumprimentados gardaranse na carpeta "RESUMO ASISTENCIAS MENSUAIS".
  • Os usuarios/-as temporais de madrugadores informarán verbalmente o día anterior, a ser posible antes das 09:30, no local da anpa ou mediante correo electrónico anpa.centieiras@gmail.com
         
       INTOLERANCIAS E ALERXIAS:  
  • Todas as persoas usuarias do servizo de madrugadores con algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria deben cumprimentar un impreso que solicita o servizo de catering (presentarase cunha certificación médica para cada caso).
       HIXIENE:
  • As nenas e os nenos lavarán as mans antes de comer e ao remate lavarán os dentes. A estes efectos, o primeiro día que acudan, deberán traer un vaso, un cepillo e a súa pasta de dentes (todo marcado co seu nome). Estes utensilios poderán quedar no local do comedor. No caso do alumnado de educación infantil, para evitar que se manchen, deberán traer mandilón ou babeiro marcado co seu nome. O venres levarán este mandilón ou babeiro para a casa a lavar.
         PREZO:  
  • O prezo é por persoa e día:
    *Se é socia ou socio é de 2,85€/día (2,43€/día para segundo irmá e sucesivos)
    *Se NON é asociado 4,10 €.  
    *Se a persoa NON ALMORZA e é asociado será 2,70€/día (2,30€/día para segundo irmá e sucesivos)
        FORMA DE PAGAMENTO:  
  • Pagarase mensualmente a primeira semana de cada mes vencido (agás o mes de xuño que se pagará antes do último día de curso), por transferencia bancaria.  É importante facilitar á ANPA un correo electrónico para, nos últimos días do mes, informarlles do importe da débeda.
         SUBVENCIÓNS:
  • As familias con poucos recursos económicos poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Fene para informarse das axudas existentes.
         USUARIOS:
  • Poderán facer uso do servizo de comedor e madrugadores as alumnas, os alumnos ou beneficiarios do CEIP Plurilingüe de Centieiras. Entendéndose como persoa beneficiaria aqueles menores de educación primaria e secundaria que formen parte da unidade familiar da persoa asociada do centro.