Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

MATES EN FAMILIA

Último obradoiro de mates en familia!!! Este curso está chegando ao seu fin pero seguimos contando co apoio das familias.

Nesta ocasión en 5º de infantil, gracias a Lorena, Vanesa e ao avó de Marcos traballamos o trazo do 8 na bandexa de sal, xogamos ao bingo numérico coa familia do 10, fixemos sumas con pezas do dominó e paseamos ao robot Doc polos diferentes números que compoñen a familia do 10. Vemonos o curso que ven, seguiremos con estos obradoiros tan proveitosos!!!

Na clase de 5 anos, para esta última sesión realizamos, grazas a Ulises, Lucía e  Ana varias compras de artículos de xoguetería e calculamos o custo  dos artículos que mercaban. Outras propostas foron a casiña do 10 (para descompoñer os números)  e tarxetas de  sumas e restas. E como non podía ser menos tamén xogamos ao bingo.

Na aula de 4º de infantil rematamos os talleres con un único xogo que sempre triunfa, o bingo de formas e cores. Tanto nos gustou que desta vez non temos fotos. Moitas grazas á nai de Óscar e a de Aitana e a todas as familias que fixeron posible esta actividade.

 

O próximo curso máis!!