Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

EXPERIMENTO O OVO SALTARÍN

A semana pasada todas as nenas e nenos de infantil decidimos facer un experimento para descubrir que pasaría se metésemos un ovo nun tarro e o cubrísemos con vinagre.

As hipóteses foron variadas: "Cambiará de cor", "cocerase", "poñerase brando",...

Ante tanta hipótese realizamos o experimento para ver que ocorría.

Despois de deixar o ovo en vinagre uns días descubrimos que ninguén acertara coa súa hipótese, pois o que ocorreu foi que cando tiramos o ovo ao chan este saltaba como unha saltarina.

Tamén vimos que, como ocorre nos experimentos, non todas as probas saíron ben, pois algúns ovos romperon cando os tiramos ao chan e non saltaron.