Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Visita ao xacemento o Caldoval

Visita ao xacemento O Caldoval

O pasado 8 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de Ensino Primario realizou unha saída educativa ao concello de Mugardos.

Alí visitaron o centro de interpretación de O Caldoval, xacemento romano no que se recollen os únicos baños privados con palestra descubertos en todo o noroeste peninsular.

Viron un "balneum" rural doméstico que formaba parte dunha "villa a mare" habitada entre os séculos I e V. Descubriron como vivían e se coidaban os habitantes da Galicia romana, o funcionamento dos baños públicos, e as características de cada unha das estancias do circuíto termal, así como a que dedicaban o seu tempo libre: deportes, xogos...

Gustoulles moitísimo e sóubolles a pouco!