Saída ao Centro Ecuestre "O Ventoso"

Hoxe foi xornada de saída para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, que puideron gozar dun soleado día no Centro Ecuestre "O Ventoso". Alí elaboraron os seus propios boliños de pan, coñeceron unha gran variedade de animais da granxa e peitearon aos ponis ademais de montar neles. Unha mañá moi aproveitada da que podedes atopar fotos no blog do EACE.

Marzo na Bibliosilva

Marzo foi de novo un mes de moita actividade na nosa biblioteca, como podedes ver no vídeo que está colgado no blog da Bibliosilva.

Saída do alumnado de 2º e 3º ciclo

Esta mañá, o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria participou nunha saída á cidade da Coruña na que puideron gozar dun concerto no Palacio da Ópera e visitar o Castelo de San Antón. As fotos destas actividades atoparédelas no blog do EACE.

Día Internacional da Muller

Nos colexios non podemos deixar de conmemorar o Día Internacional da Muller, pois é fundamental que eduquemos ao alumnado na necesidade de seguir reivindicando con forza a igualdade entre mulleres e homes. No blog do EACE tedes fotos da actividade que realizamos a nivel de centro este 8 de marzo.

Día de Rosalía

Como cada 23 de febreiro, hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro, a nosa escritora galega máis universal. No blog do EDLG tedes un resumo de todas as actividades realizadas no centro para conmemorar este día.

Visita ao Parlamento de Galicia

 

O alumnado de 5º e 6º participou esta mañá nunha saída a Compostela co obxectivo de coñecer de primera man o funcionamento do Parlamento e da Xunta de Galicia. No blog do EACE atoparedes fotos desta visita.

Mandadiños do Entroido

E chegou unha das nosas datas favoritas: o Entroido! Un ano máis, aquí tedes os Mandadiños do Entroido. Non lles perdades ollo!

Powered by Drupal - Design by artinet