CALENDARIO ESCOLAR 2020-2021

CALENDARIO ESCOLAR DOG

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2020 ao 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.

Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.

2. Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.

3. Semana Santa: desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive.

Días non lectivos: luns, 2 de novembro do 2020 e martes, 18 de maio do 2021.