Solicitude de fondo libros e axudas para materiais

  • Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

 

Orde do 3 de maio de 2019 (DOG)

Extracto da Orde do 3 de maio de 2019 (DOG)

 

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Rematará o día 19 de xuño de 2020.
  • A solicitude será única para todos os fillos. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
  • O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula.

 

O formulario de solicitude estará dispoñible no portal educativo, no enderezo:

http://www.edu.xunta.gal

    para descargar

IMPRESOS SOLICITUDES

 

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento:

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude  a seguinte documentación:


a) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

b) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.


c) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.


d) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Recórdase aos beneficiarios desta axuda, que deberán devolver os lotes completos de libros en préstamo para poder beneficiarse das diferentes axudas na presente convocatoria.

MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE



COMUNICADO DA ANPA SOBRE

O SEU FONDO LIBROS