COMUNICADO DO CENTRO

Queridas familias,

Ante a situación de loita contra a pandemia orixinada polo COVID-19, e despois de establecer as comunicacións pertinentes entre os distintos membros do equipo docente do CEIP de Celeiro, queremos enviarlles esta mensaxe de tranquilidade, en todos os sentidos: educativo, social e sanitario.

1.- Cóidense e fagan caso das recomendacións do Goberno e das autoridades. A saúde é o primeiro. O resto, na situación que vivimos é secundario.

2.- Fagan o que consideren necesario para levar a situación o mellor posible a nivel psicolóxico-emocional. A conciliación familiar é unha base moi importante na educación do noso alumnado.

3.- Teñan presente que todo o que está a acontecer é unha situación de aprendizaxe en si mesmo a todos os niveis.

4.- Non consideren a nosa proposta de actividades como algo obrigatorio, senón como unha posibilidade cara a manter unha rutina e uns hábitos de traballo-estudo que sería ideal non descoidar. A súa realización non pode supor unha situación de estrés no ámbito familiar. Dean máis importancia a aquelas actividades coas que os seus fillos/as se atopen cómodos, sen deixar de lado a aprendizaxe e o mantemento de hábitos saudables.

5.- Se precisan a nosa axuda non duden en pórse en contacto a través das medidas adoptadas:

  • correo do centro: ceip.celeiro@edu.xunta.es
  • teléfono do centro: 982 87 09 53

6.- Somos conscientes de que non todas as familias dispoñen de medios tecnolóxicos nin persoais para facer fronte a esta tarefa de axudar aos seus fillos en actividades escolares; pero teñan en conta que debuxar, pintar con distintos materiais, facer puzzles, xogos de mesa, ler, axudar en tarefas do fogar, cantar, bailar ou simplemente conversas cos seus fillos e fillas tamén SON ACTIVIDADES EDUCATIVAS QUE FOMENTAN MOITAS COMPETENCIAS DE GRAN IMPORTANCIA.

7.- Aproveiten a enorme cantidade de recursos aos que teñen acceso para facer fronte a estes días en familia da mellor maneira posible: lean, xoguen, vexan unha película, conten chistes, escoiten música...o que queiran, pero fágano xuntos, apoiándose uns aos outros. Poden consultar a páxina web do centro e blogs correspondentes, onde atoparán diferentes recursos para traballar.

TODOS XUNTOS VENCEREMOS!! TODO VAI SAÍR BEN!!

Un cordial saúdo.

Equipo Docente do CEIP de Celeiro

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

NOTA INFORMATIVA

O CEIP de Celeiro  permanece pechado ata novo aviso da Consellería de Educación.

Se precisan algunha información  poden facelo a través do noso correo electrónico: ceip.celeiro@edu.xunta.es

ou chamando ao teléfono: 982870953

 

 

 

Logo da ANPA

Calendario escolar 2019/2020

Orde do 20 de xuño de 2019

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día

  • 11 de setembro de 2019 ao 19 de xuño de 2020, ambos inclusive.
  • Día do Ensino (non lectivo) o xoves, 31 de outubro de 2019
  • Días de Libre Disposición.

                  Venres, 20 de marzo de 2020

                  Luns, 4 de maio de 2020

  • Períodos de vacacións:

Nadal: desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.

Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.


Semana Santa: desde o día 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.

 

CAMBIO DE DENOMINACIÓN DO CENTRO

 

 ceip.celeiro@edu.xunta.es

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

 

ORDE do 17 de abril de 2018 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CEIP Antonio Pedrosa Latas, do concello de Viveiro.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Lugo.

Concello: Viveiro.

Código: 27013387.

Denominación actual: colexio de educación infantil e primaria (CEIP) Antonio Pedrosa Latas.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Celeiro.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

COMUNICADOS A TRAVÉS DE TokApp

Estimadas familias:

Para comunicarnos con vostedes de forma rápida e sinxela imos empregar a plataforma TokApp School convidando aos nosos usuarios a que descarguen esta aplicación nos seus teléfonos móbiles ou nas súas tabletas.

Por este medio poderán ter información inmediata, ademais de poder responder cando o Centro llelo solicite.

 

Destacar que esta é unha aplicación de descarga gratuíta para teléfonos Android, Windows Phone ou iOS.

Está dispoñeble en Google Play Store, Windows Phone Store e App Store.

Vostedes teñen que:

  1. Entrar na tenda App Store, Google Play ou Windows Phone Store.
  2. Buscar a aplicación de TokApp School e descargala.
  3. Abrir a aplicación, seleccionar o seu país de residencia e validar o nº de teléfono ou o enderezo electrónico que facilitou no centro ao inicio do curso.
  4. Escribir o nome de usuario e contrasinal que queiran utilizar (se xa está en uso, elixir outro).
  5. Agardar a que o centro actualice a base de datos e detecte o seu rexistro.

Comezará a recibir os comunicados. É esencial que os datos de rexistro coincidan cos facilitados ao centro.

Así mesmo, tamén pode ter información de como descargar a aplicación e darse de alta a través da seguinte ligazón:

http://soporte.tokapp.com

No caso de non ter teléfono con conexión de datos, utilizaremos o correo electrónico para comunicarnos con vostedes.

Un saúdo

O Equipo Directivo

Distribuir contido