SAÍDA AO MOSTEIRO DE ARMENTEIRA, RUTA DA PEDRA E DA AUGA E BOSQUE DE SEQUOIAS... UN DÍA BEN APROVEITADO.

 

Este venres 1 de xuño o alumnado de 5º e 6º realizou unha saída moi variada. Primeiro visitaron o Mosteiro de Armenteira en Poio; alí, un guía da Deputación levounos facer un percorrido pola igrexa e máis polo claustro, lugares nos que explicou cousas moi interesantes sobre o pasado e o presente do mosteiro. Despois realizaron en baixada a ruta PR-170 chamada "Ruta da Pedra e da Auga", que transcorre á beira do rio Armenteira. Ao chegar á área recreativa chamada "Aldea Labrega" fixeron xogos moi divertidos, despois dos cales xantaron. 

Trala comida, o autobús levounos ao "Bosque de Colón", no monte Castrove, un lugar singular pola presenza de case 500 sequoias traidas directamente de California (EEUU), no ano 1992, para ser plantadas xusto aquí, en conmemoración do 5º Centenario da chegada de Colón a América.

Despois, e para rematar cun bo sabor de boca, foron á área recreativa de "A Seca", tamén en Poio, pero esta vez á beira do mar.

Se queredes ver algo máis... non perdades a presentación que está aquí debaixo. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet