Transporte

Funcionamento do servicio de Transporte, paradas, horarios, normas

SERVIZO DE TRASPORTE ESCOLAR

 

  • Terán dereito ao uso do transporte escolar todo o alumnado do centro que teña os seus domicilios fóra do núcleo urbano no que está situado o centro escolar e en calquera caso a unha distancia do mesmo superior a 2 Km.

 

  • Por causas excepcionales de incomodidade ou dificultade a Consellería de Educación poderá autoriza-la prestación do transporte aínda que non se cumpran os requisitos esixidos no apartado anterior.

 

  • O transporte escolar está organizado por rutas e itinerarios fixos.

 

  • Non se poderán modificar itinerarios nin paradas sen a debida autorización.

 

  • O acceso e abandono do autobus deberá realizarse de xeito ordenado.

 

  • O alumnado no traxecto estará baixo a supervisión e control dun coidador/a

 

  • Os usuarios:

- Usarán unha praza de asento por persoa .
- Respectarán os elementos do autobús.
- Cumpriran as normas establecidas.
- Manterán sempre unha conducta respetuosa.

 

  • O equipo directivo do Centro poderá sancionar, de non cumprirse as normas anteriores, coa perda parcial ou total do uso do servizo.

Distribuir contido