PEC

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

(CEIP CASTRILLÓN COIRO)

ÍNDICE

1.      O  contexto:

1.1.     Introdución

1.2.     Marco lexislativo

1.3.     Ubicación : o entorno

1.4.     As familias e zonas de escolarización

1.5.     Características do alumnado

1.6.     Situación Lingüística

1.7.     Ambiente socio-económico e cultural

1.8.     Infraestructuras de servizos culturais e sociais

1.9.     Sectores de traballo, nivel de emprego e paro laboral

1.10.        Fenómenos sociais específicos.

2.      O centro: recursos persoais, materiais, económicos e de espazo

2.1.      Datos identificativos do centro

2.2.      As orixes

2.3.      Espazos e dependencias

2.4.      Niveis educativos e nº de unidades

2.5.      Catálogo e postos de traballo (docentes e non docentes)

2.6.      Servizos: comedor e transporte

2.7.      Programas educativos nos que está inmerso.

3.  O Centro: proceso organizativo e de funcionamento

3.1.      Fins no proceso de ensinanza-aprendizaxe

3.2.      Principios no proceso de ensinanza-aprendizaxe

3.3.      Linea metodolóxica e sinais de identidade

3.4.      Organización e funcionamento

3.5.      Adscripción do profesorado

3.6.      Criterios de agrupamento de alumnado

3.7.      Plan de evacuación do centro en situacións de emerxencia.

3.8.      Relacións coas familias e outras institucións

3.9.      Anpa

4.        Regulamento de réxime interior e plan de convivencia

5.        Plan de orientación, plan de acción titorial e atención á diversiddade

6.        Plan Lector

7.        Curriculum Educativo: infantil e primaria

8.        Avaliación

9.        Difusión e revisión do PEC

10.    Anexos

1. O contexto:

1.1. Introdución

O proxecto educativo constitúe o documento que expresa os sinais de identidade do noso centro. É o auténtico referente do principio de autonomía pedagóxica e de organización. A súa configuración permítenos planificar e, en consecuencia, levar a cabo modelos de funcionamento propios. Por iso inclúe desde os desenvolvementos curriculares (a partir dunhas pautas para a elaboración das programacións didácticas) ata as medidas de atención á diversidade (de acordo coas necesidades dos nosos alumnos e as características do medio en que nos atopamos), os criterios para organizar o tempo, os programas de intervención no tempo extraescolar, os procedementos e criterios de avaliación, o plan de orientación e acción titorial, o plan de convivencia, as medidas para mellorar a calidade educativa, o plan de formación do profesorado e o plan de compensación educativa.

Ao longo das súas diferentes partes contémplase a necesidade e, en consecuencia, a nosa resposta a través da previsión de medidas relacionadas de compromiso educativo coas familias e con outras institucións e do medio. Todo iso persegue mellorar o rendemento académico do alumnado e a súa formación equilibrada. En suma, contribuír ao enriquecemento das súas posibilidades de coñecer mellor o medio en que vive para poder desenvolverse nel de forma activa, crítica, respectuosa e responsable.

 

1.2. Marco lexislativo

A normativa que determina os elementos deste proxecto e a necesaria relación sistémica que ha de darse entre eles supón o diálogo integrador entre a normativa de carácter estatal, Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (en adiante LOE) e o desenvolvemento que a nosa comunidade lle deu en resposta aos sinais de identidade, á cultura, aos recursos e ás necesidades e oportunidades do noso contexto. De acordo coa disposición transitoria undécima da LOE, en tanto que as materias da mencionada lei non sexan desenvolvidas, serán de aplicación, en cada caso, as normas deste rango que o viñan sendo á data de entrada da mencionada lei, sempre que non se opoñan ao disposto nela. Xa que logo, na comunidade autónoma galega, a normativa que regula a elaboración do proxecto educativo dos nosos centros é a seguinte:

        Decreto 374/1996, de 17 de outubro. Regulamento orgánico das escolas de Educación Infantil e colexios de Educación Primaria.

        Orde de 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de Educación Infantil, dos colexios de Educación Primaria e dos colexios de Educación Infantil e Primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 

Tamén estas disposicións normativas, xa no desenvolvemento da LOE:

        Decreto 130/2007, de 28 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

        Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o curriculo de Educación Infantil na comunidade Autónoma de Galicia.

        Orde do 28 de xuño de 2010 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de Educ. Infantil e Educ. Primaria.

        Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

1.3.   Ubicación : o entorno

San Salvador de Coiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2011 ten 6.853 habitantes distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando contaba con 5.822 habitantes.

A parroquia ocupa os vales fluviais do río Bouzos e do seu afluente, o río da Presa. As actividades agrícolas e gandeiras están en declive.

Os lugares da parroquia de Coiro son: Agualevada | A Boubeta | O Carballal | O Castrillón | A Costeira | O Cruceiro | A Devesa | O Espírito Santo | O Forte | Gondarán | As Gruncheiras | O Igrexario | Laxielas | Miranda | O Outeiro | A Parada | A Pedreira | Reboredo | A Retirosa | Romarigo | Rozada | A Rúa | Trigás | Verín | O Xistro

 

1.4.   As familias e zonas de escolarización

Según oficio remitido pola Inspección educativa as zonas de escolarización que lle corresponden ao CEIP Castrillón son as que seguen:

·        Avda. de Lugo dende o cruce con Reboredo ata a rúa do Atranco (edificacións da esquerda en dirección á Avda. de Marín)

·        Rúa Atrtanco (edificios da esquerda ata o cruce con Aldea de Arriba) e toda a zona norte dende aquí.

·        Avda. de Lugo, toda dende o cruce co Campo do Morrazo ata o camiño que vai paralelo a carretera na zona de Verín .

·        Resto da parroquia ata o camiño de Gruncheiras.

 

1.5.                Características do alumnado

O Centro de Educación Infantil e Primaria Castrillón atópase situado na localidade de Coiro, en Cangas.

Sitúase ó nordeste do casco urbano da vila de Cangas, ao oeste de Moaña e ao leste de Bueu, no medio da península do Morrazo e entre as cidades de Vigo e Pontevedra.

Na estrutura familiar existe unha relación de tres a catro membros por familia. Hai que ter en conta que en moitas das familias traballan os dous e outras son monoparentais, feito que é importante ter en conta á hora do coidado dos menores.

Hai algúns alumnas/os marroquinos. Non presentan problemas de integración pero si dificultades para acadar os obxectivos debido, ás veces, ao descoñecemento da lingua e a escasa implicación das familias na vida escolar.

Os menores realizan no seu tempo libre fundamentalmente actividades non regradas, sen organización nin dirección, aínda que nestes últimos anos aumentou a participación en actividades extraescolares e deportivas nos clubes e asociacións da zona.

A lingua predominante no ambiente familiar dos alumnos é o castelán. A presenza  do idioma galego é superior cando se trata dos avós e descende nos pais dos alumnos/as, aínda que segue a ser moi maioritario o uso do castelán.

Constátase unha progresiva desgaleguización nos cambios xeracionais, descendendo progresivamente de avós a netos, tendencia propia de moitas zonas do noso país, que denota prexuízos lingüísticos moi arraigados.

Moitos pais e avós, aínda que empregan o galego para comunicarse entre eles,  modifican o seu comportamento lingüístico para relacionarse cos fillos dándolle preferencia á lingua castelá. Estamos ante unha situación diglósica que nos permite concluír que optan polo castelán como primeira lingua porque esta lles ofrece máis posibilidades de éxito. Reprodúcense, pois, esquemas e prexuízos lingüísticos moi propios da poboación que estamos a estudar.

Un dato significativo é que son as xeracións máis novas de pais as que menos usan o galego cos fillos, incrementándose progresivamente nos diferentes ciclos.

 

1.6.                Situación Lingüística

O Decreto 124/2007, de 28 de xuño (DOG 125,  de 29 de xuño de 2007) no que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo, desenvolve a Lei de Normalización Lingüística para a súa aplicación en todos os Centro Públicos.

Este Decreto establece, no seu artigo 14, a necesidade de que cada Centro Educativo elabore o seu Proxecto Lingüístico de Centro (PLC) que garanta a competencia do alumnado nas dúas linguas oficiais de Galicia.

O 7 de outubro de 2008 o Consello escolar aproba a redacción do proxecto.

O noso centro ten un contorno con similiar presenza das dúas linguas con predominio do galego según as enquisas que realizamos entre as familias, alumnado e profesorado, as valoracións que fixemos sobre a nosa realidade escolar e a evolución que temos observado nas competencias lingüísticas do noso alumnado nos últimos anos e o Mapa Sociolingüístico de Galicia elaborado pola Real Academia Galega.

         En canto ós catro índices relevantes para coñecer a nosa realidade lingüística, acadamos os seguintes valores (no intervalo 1 – 5):

-         O valor do índice calculado polo que se detemina o contexto sociolingüístico deste centro é de 3,9 que nos indica que temos na nosa comunidade un lixeiro predominio do galego. Este índice ten en conta a lingua empregada habitualmente nas familias nas que se dá un claro predominio do castelán sobre todo na relación cos fill@s, as linguas empregadas nas interaccións comunitarias, as do concello e as entidades asociativas do contorno.

-         O índice calculado sobre a situación lingüística do profesorado é de 3,71 (dispoñibilidade entre moderada e boa ) e tivemos en conta para o seu cálculo unha enquisa na que o profesorado contestou sobre a súa lingua habitual, o nivel de capacitación para empregar o galego no labor docente e as actidudes cara a súa normalización social.

-         O índice que detemina a situación lingüística do alumnado é de 2,5 (dispoñibilidade entre desfavorable e indiferente). Tivemos en conta un cuestionario que foi cuberto polos alumnos do 3º ciclo e polas familias en educación infantil e 1º e 2º ciclos, e polas observacións do profesorado nos datos referidos ó ambito escolar. Este dato claramente negativo deberemos telo en conta  na nosa programación de medidas a adoptar.

-         O índice que valora a ambientalidade lingüística do centro é de 3,63 (entre aceptable e ampla). O uso do galego é total na documentación administrativa, rotulado do centro, nas notas informativas e comunicacións coas familias, pero non é así plenamente nas actividades extraescolares, no uso das novas tecnoloxías da información ou nos fondos das bibliotecas de aula e de centro (revistas, películas en DVD, documentais, . . . ).

         O indicador global  segundo estes datos, aquí e agora,  é de 3,4 polo que nos situamos nun contorno galego falante con similar presenza das dúas linguas con pequena tendencia ó galego como máis usado (non entre o alumnado que maioritariamente ten como lingua  de iniciación e habitual o castelán con boa comprensión do galego).

Cos datos anteriores atopámonos nun contorno con similar presenza das dúas linguas cun lixeiro predominio do galego. Nembargantes a lingua predominante empregada polo alumnado é a Lingua Castelá.

 Sendo coñecedores de que a  adquisición de varias linguas nunca representará un problema, senón todo o contrario, é unha riqueza que, posteriormente influirá de xeito favorable na adquisición doutras linguas.

 

 

 

1.7.                Ambiente socio-económico e cultural

Coiro é, fundamentalmente, unha parroquia de interior, e o seu principal atractivo son lugares como a “Carballeira de Coiro”, un dos Espacios Naturais Protexidos cos que conta o noso Concello. Estamos a falar dunha fraga tipicamente atlántica onde se mesturan especies coma carballos, castiñeiros, salgueiros, ou bidueiros entre outras. O río Bouzós, que atravesa o lugar esconde numerosos muíños. Un deles, o de “Fausto”, foi restaurado e anualmente celébrase no primeiro domingo de maio a  FESTA DO MUIÑO.
           Coiro é tamén terra de pazos, pertencentes a importantes liñaxes fidalgas, paga a pena deterse a contemplar os de A Retirosa e O Xistro. Tamén son abondosos os edificios brasonados, como o do Cruceiro, que aínda ostenta o escudo da Inquisición.

Tamén a Casa Rectoral amosa dúas boas labras heráldicas, representando unha delas á poderosa familia dos Mondragón, marqueses de Santa Cruz de Rivadulla. Pero o máis impresionante é a Igrexa de San Salvador, obra que os irmáns Novas realizaron no 1784, onde destaca a torre cunha rica ornamentación barroca.

1.8.                Infraestructuras de servizos culturais e sociais

Na parroquia están ubicados:

·        Centro cultural de Coiro

·        Auditorio Municipal

·        Casa Museo da Mangallona

·        Centro da Retirosa (Dinamización cultural)

 

1.9.                Sectores de traballo, nivel de emprego e paro laboral

Historicamente en Cangas a pesca e os derivados da mesma foron a principal fonte de actividade económica e de creación de riqueza. Nos últimos anos produciuse un declive notable, cunha diminución grande do emprego que se traladou ao sector terciario, no que o turismo ten unha presenza crecente. Non obstante, as explotacións mexilloneiras manteñen a súa puxanza económica. A agricultura e a gandeiría danse a pequena escala e orientadas ao autoconsumo. Unha boa parte da poboación de Cangas, e polo tanto dos pais e nais que forman parte da comunidade educativa deste colexio, mantén a súa actividade en Vigo, sobre todo no sector industrial: naval, construcción e metalurxia.

A crise económica está a afectar de forma directa a este concello, en concreto nos niveis de emprego derivados da diminución da actividade económica en Vigo. Os datos oficiais de finais de 2011 marcan unha cifra de desemprego de máis de 3000 persoas en Cangas, para unha poboación total de 25000 habitantes. Estas cifras están por riba da media do desemprego en Galicia e en España. O sector onde se concentra máis da metade do desemprego é o de servizos, seguido de industria e construcción.

 

1.10.    Fenómenos sociais específicos

Os retrocesos que se están a producir na economía da zona déixanse notar no desenvolvemento da sociedade canguesa. Así, obsérvase un incremento de fogares sen ningún tipo de ingreso, o que ocasiona situacións de pobreza, marxinación e exclusión social. Estes fenómenos teñen a súa concreción en enfermidades como as dependencias  de distinta natureza – alcohol, drogas- que noutras décadas alcanzaran aquí unhas cifras elevadas, coas conseguintes consecuencias en canto a falta de coidado e desatencións á infancia.

Os esforzos dos servizos sociais nestes tempos non son suficientes para contrarrestar este tipo de casuísticas.

En canto ao fluxo de persoas, ata o ano 2008 se producira unha chegada de poboación estranxeira, sobre todo marroquina e sudamericana, ligada ao sector da pesca e aos servicios. A partir desa data estabilizouse ou mesmo diminuiu esta poboación. Comeza a detectarse unha  progresiva marcha de persoas xoves en busca de emprego noutras comunidades ou países.

2.      O centro: recursos persoais, materiais, económicos e de espazo

2.1.         Datos identificativos do centro

Zona educativa: 360168

Cangas-Castrillón

         Colexio: C.E.I.P. do CASTRILLÓN-COIRO

         Código: 36000934

         Domicilio: Castrillón-Coiro, s/n

         Localidade: Cangas

         C. Postal: 36947

         Teléfonos:

           986-301273

           986-303594 (Dpto. de Orientación e Secretaría)

         Fax: 986-301273

 

         E.mail: ceip.castrillon.coiro@edu.xunta.es

         Páxina web: http//centros.edu.xunta.es/ceipcastrillon

         Blog biblioteca: http//moradabuli.blogspot.com

 

2.2.      As orixes

O CEIP Castrillón-Coiro é un centro educativo de titularidade pública de Educación Infantil e Primaria dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ubicado na parroquia de Coiro no Concello de Cangas (Pontevedra).

O centro está adscrito ó Instituto de Educación Secundaria de Rodeira xunto co CEIP A Rúa, tamén da parroquia de Coiro.

            O actual C.E.I.P. CASTRILLÓN é un centro de nova reposición rematado e posto en marcha no inicio do curso 2009-2010.

            O  Grupo Escolar de Castrillón entrou en funcionamento no curso 1.970-71 (7 de febreiro de 1971) resultado da agrupación de 4 escolas unitarias (Unitaria de nenos nº2 de Carballal, Unitaria de nenos nº1 de A Retirosa, Unitaria de nenas nº1 do Centro Cultural e a Escola Marítimo Pesquera de O Forte). O grupo construiuse dacordo co Plan Nacional de Construccións Escolares 1.968-69. O peche definitivo do recinto e a construcción do pavillón deportivo é de mediados dos oitenta.

             A escolarización do alumnado de  Educación Infantil  impartíase nunha extensión no barrio da Retirosa (construcción do ano 1958 do Concello de Cangas en colaboración coa Deputación Provincial-Xunta de Axuda Municipal) que recuperou a actividade educativa a mediados dos anos 80 despois de que as instalacións fosen ocupadas durante anos por varias institucións culturais e parroquiais

            Na actualidade  o alumnado de educación infantil e primaria escolarízase no mesmo edificio.

            O proxecto básico e de execución é de maio de 2007 dos arquitectos Victor M. Hermoso Sánchez, Juan R. Iglesias Babio e Iván lópez Veiga. A resolución do 1 de outubro de 2007  (DOG 194 de 5 de outubro de 2007) anuncia e licita a contratación das obras de reposición  do novo centro educativo e dende esa data ata o verán do 2009, cando se inicia o derrume do vello colexio, desenvolvéronse as obras.

            O proxecto final que recolle a urbanización e humanización está pendiente de rematar:

- Zonas axardinadas

- Xardín de infancia

- Pistas multifunción

 

2.3.                        Espazos e dependencias

 

DESCRIPCIÓN DETALLADA DE AULAS E ESPAZOS

 

 

PLANTA SOTO - PS

CÓDIGO

DENOMINACIÓN

M2

PS-01

Aula Informática

45

PS-02

Biblioteca

65

PS-03

Salón comedor

238

PS-04

Cociña

56

PS-05

Neveras/conxeladores

10

PS-06

Despensa 1

10

PS-07

Despensa 2

10

PS-08

Corredor de acceso a servizos

8,5

PS-09

Cuarto de lixo e almacén

3

PS-10

Cuarto almacén de limpeza de cociña

3

PS-11

Aseo/vestiarios

5,5

PS-12

Salón comedor/interior:persoal colaborador

20

PS-13

Depósito caldeiras (exterior)

30

PS-14

Cuarto de xeneradores (exterior)

5

PS-15

Sala de bombas

16,5

PS-16

Aseo nenos

25

PS-17

Aseo nenas

22

PS-18

Vestiario/almacén: persoal de limpeza e servizos

10

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                               

 

 

TOTAL ……………………………………………………………            582,5 m2 

 

 

 

 

 

PLANTA BAIXA- PB

CÓDIGO

DENOMINACIÓN

M2

PB-01

Acceso alumnado Educ. Infantil

150

PB-02

Sala de xogos Educ. Infantil

58

PB-03

Conserxería

10

PB-04

Secretaría

20

PB-05

Audición e linguaxe

10

PB-06

Departamento de Orientación

24

PB-07

Xefatura Estudos/Encargado de Comedor

25

PB-08

Pedagoxía Terapeútica

10

PB-09

Dirección

20

PB-10

Vestiario: persoal de limpeza e servizos

6

PB-11

Aseos: profesoras

17

PB-12

Aseos: profesores

12

PB-13

Porche cuberto (exterior)

150

PB-14

Aula de usos multiples

41

PB-15

Local ANPA

15

PB-16

Sala do profesorado

45

PB-17

Vestiario nenas

32

PB-18

Vestiario nenos

32

PB-19

Gimnasio

180

PB-20

Salón de actos e exposicións

120

PB-21

Aulas Educación Infantil+aseos

60

PB-22

Aulas Educación Infantil+aseos

60

PB-23

Aulas Educación Infantil+aseos

60

PB-24

Aulas Educación Infantil+aseos

60

PB-25

Aulas Educación Infantil+aseos

60

PB-26

Aulas Educación Infantil+aseos

60

PB-27

Patio recreo Educ. Infantil (exterior)

225

 

Porche exterior

150

 

Pavillón Polideportivo

1850

 

Escaleriras

50

 

Corredor

229

                                                TOTAL………………………..                     3.841 m2

 

PLANTA ALTA- PA

CÓDIGO

DENOMINACIÓN

M2

PA-01

Aula de Educ. Artística e musical

40

PA-02

Aseos

24

PA-03

Aseos

24

PA-04

Aulas  Primaria

45

PA-05

Aulas  Primaria

45

PA-06

Aulas  Primaria

45

PA-07

Aulas  Primaria

45

PA-08

Aula Educ. Relixiosa

27

PA-09

Vestiario: persoal de limpeza e servizos

7,8

PA-10

Aseo

13,5

PA-11

Aseo

15

PA-12

Aseo profesorado

5

PA-13

Aulas  Primaria

45

PA-14

Aulas  Primaria

45

PA-15

Aulas  Primaria

45

PA-16

Aulas  Primaria

45

PA-17

Aulas  Primaria

45

PA-18

Aulas  Primaria

45

PA-19

Aulas  Primaria

45

PA-20

Aulas  Primaria

46,6

PA-21

Aula de Idioma extranxeiro

40

 

Escaleiras

18

 

Corredor

283

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

              TOTAL m2 ……………………………………………….            1.038,90 

 

 

 

 

 

 

 

 

2.4.                        Niveis educativos e nº de unidades

 Seguindo a Orde  do 12 de agosto de 2010/ DOG nº 161 do 23/08/2010

 

Nº DE UNIDADES

UNIDADES EDUC. INFANTIL

UNIDADES EDUC. PRIMARIA

TOTAL DE UNIDADES

6

12

18

E. Inf.

E. Prim.

(xeneral.)

Inglés

Franc.

Educ.

Music

Educ.

Física

Dto.

Orient.

Pedag.

Terap.

Apoio

Integrac

Audic.

Linguax.

Educ.

Relix.

Novas

Tecnol.

Total

8

11

2

1

1

2

1

1

-

1

-

-

28

 

2.5.                        Catálogo e postos de traballo (docentes e non docentes)

 

Catálogo 

POSTOS DE TRABALLO

(DOCENTES) 

EI

EP

FI

FF

EM

EF

PT

DO

AD

AL

*

Total

8

11

2

1

1

2

1

1

0

1

0

28

Funcionamento

8

11  

2

1

1

2  

1 ½

1

 

1

1 ½

30

POSTOS DE TRABALLO

(NON DOCENTES) 

Catálogo

Denominación

Organismo do que dependen

1

Conserxe

Concello

1

Auxiliar Coidadora

Consellería Educación

1

2º oficial cociña

Consellería Educación

3

Auxiliares de cociña

Consellería Educación

2 ½

Persoal Limpeza

Concello

10

Colaboradores comedor

Centro Educativo
















(*)      Apoio extranxeiros

        -   Educación relixiosa

        -   Novas Tecnoloxías

2.6.                        Servizos: transporte e comedor

SERVIZO DE TRASPORTE ESCOLAR

·  Terán dereito ao uso do trasnporte escolar todo o alumnado do centro que teña os seus domicilios fóra do núcleo urbano no que está situado o centro escolar e en calquera caso a unha distancia do mesmo superior a 2 Km.

·  Por causas excepcionales de incomodidade ou dificultade a Consellería de Educación poderá autoriza-la prestación do transporte aínda que non se cumpran os requisitos esixidos no apartado anterior.

·  O trransporte escolar está organizado por rutas e itinerarios fixos.

·  Non se poderán modificar itinerarios nin paradas sen a debida autorización.

·  O acceso e abandono do autobus deberá realizarse de xeito ordenado.

·  O alumnado no traxecto estará baixo a supervisión e control dun coidador/a

·  Os usuarios:

-   Usarán unha praza de asento por persoa .

-   Respectarán os elementos do autobús.

-   Cumpriran as normas establecidas.

-   Manterán sempre unha conducta respetuosa.

·  O equipo directivo do Centro poderá sancionar, de non cumprirse as normas anteriores, coa perda parcial ou total do uso do servizo. 

O servizo de transporte asignado a este centro é de 4 liñas, das cales 1 está adicada ao trasnporte de alumnado de Educ. Infantil. A distribución do transporte ao longo do día é como segue:

 

 

 

SERVIZO CURSO 2010/2011

 


MAÑÁN

(9´15 H)

4

Avda. Marín


Estación


Serra


Igrexario


MEDIODÍA

(14´15 H.)

(Antes do servizo de comedor)

1

Todo o percorrido



MEDIODÍA

(15´30 H)

(Despois do servizo de comedor)

3

Todo o percorrido


TARDE

(17,00 H.)

1

Todo o percorrido


 

SERVIZO DE COMEDOR E COIDADO DO ALUMNADO

O comedor escolar é un servizo complementario de carácter educativo que, ademais de servir á Administración educativa como factor importante para a escolarización, tamén desenvolve unha destacada función social e educativa. Así, os comedores escolares, ademais de cumprir unha función básica de alimentación e nutrición, están integrados na vida e organización dos centros educativos de tal maneira que a súa programación, desenvolvemento e avaliación forma parte da programación xeral anual do centro educativo.

 

  NORMAS XERAIS:

O funcionamento do comedor, clasificado do tipo C,  ven regulado pola normativa recollida nos Decretos 10/2007 (DOG 6-2-2007) e 374/2009 (DOG 14-8-2009) e na Orde do 21 de febreiro de 2007, modificada pola  do 13 de xuño de 2008 (DOG 19-6-2008)

O comedor funcionará, agás imprevistos, as xornadas escolares comprendidas entre os meses de setembro a xuño, seguindo as instruccións que dicta a Consellería de Educación no calendario escolar. Os alumnos/as estarán debidamente atendidos desde as 14’15 ata as 15’45 horas, atendendo ó seguinte horario:

* Hora de comer:

         - De 14:00 a 15:00 h (Educ. Infantil)

         - De 14:15 a 15:15 h.(Edu. Primaria)

* Tempo de Lecer:

         - De 15:00 a 15:30/16:00 h.(Educ. Infantil)

         - De 15:15 a 15:45 h.(Educ. Primaria)

-  USUARIOS: ata un máximo de 350 comensais

·  ALUMNADO ESCOLARIZADO NO CENTRO NOS NIVEIS DE ENSINO OBRIGATORIO E SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL. (95 prazas Educ. Infantil / 170 prazas de Educ. Primaria)

·  PERSOAL LABORAL DE COCIÑA (4 prazas)

·  PERSOAL DE ATENCIÓN, APOIO E VIXIANCIA DOS USUARIOS DO SERVIZO (10 prazas)

·  PROFESORADO COLABORADOR/DO CENTRO

·  ENCARGADO DE COMEDOR

·  DIRECTOR

-  COMPETENCIAS/FUNCIÓNS DO:

·  ALUMNADO

-   Respectar as instalacións e a menaxe.

-   Manter as normas de convivencia básicas e de respeto para cos demaís.

·  PERSOAL LABORAL DE COCIÑA

-   Elaboración de menús

-   Velar pola calidade e conservación dos alimentos

-   Servizo de atención ás mesas dos usuarios

-   Limpeza de instalacións e equipamentos

-   Informar ó encargado do comedor daquelas outras cuestións que afecten ó funcionamento do servizo.

-   Colaborar no seguimento dos protocolos de seguridade e hixiene e de riscos laborais.

-   Asistir ás actividades específicas dentro do Plan de Formación continuada.

·  PERSOAL DE ATENCIÓN, APOIO E VIXIANCIA DOS USUARIOS DO SERVIZO/PROFESORADO COLABORADOR

-   Cumprir co labor de coidado, atención educativa ao alumnado e apoio ás actividades establecidas de acordo co programa anual do servizo de comedor escolar.

-   Coordinar tarefas relativas á educación para a saúde, adquisición de hábitos sociais e unha correcta utilización e conservación da menaxe do comedor.

-   Axudar ao alumnado que, por idade ou necesidades asociadas a condicións persoais específicas de discapacidade, necesiten a colaboración e soporte dun adulto nas actividades de alimentación e aseo.

-   Informar ao equipo directivo do centro de calquera incidencia relacionada co desenvolvemento do servizo do comedor, para que aquel o poña  en coñecemento das familias.

-   Atención ao alumnado nos periodos de antes e despois do xantar.

·  ENCARGADO DE COMEDOR

-   Coordinar un plan relacionado co hábito de saber comer e de relación social no contorno do servizo de comedor escolar.

-   Executar as tarefas propias de coordinación e supervisión necesarios para o bó funcionamento do servizo.

-   Organizar o funcionamento do servizo de comida de mediodía.

-   Elaborar a actualización periódica do inventario do equipamento do servizo de comedor e a súa reposición.

-   Elevar á dirección do Centro propostas sobre control e melloras de menús.

·  DIRECTOR

-   Elaborar co equipo directivo o protocolo de funcionamento do servizo doe comedor.

-   Dirixir e coordinar o servizo.

-   Designar o persoal docente que voluntariamente participe nas tarefas de atención ao alumnado.

-   Supervissar o correcto funcionamento do servizo.

-   Estudar e elaborar o proxecto de orzamento.

-   Autorizar os gastos e ordenar os pagamentos.

-   Verificar o cobramento das cantidades correspondentes do servizo.

-   Facer as contratacións de subministracións,de acordo coa lexislación vixente.

-   Coordinar as tarefas do persoal.

-   Velar polo cumprimento das normas sobre sanidade e hixiene.

-   Calquera outra función necesario para o correcto funcionamento do servizo.

·  CONSELLO ESCOLAR

-   Aprobar o proxecto de orzamento de ingresos e gastos.

-   Aprobar a xustificación de gastos.

-   Decidir sobre a admisión do alumnado usuario de acordo cos criterios de prioridade establecidos.

-   NORMATIVA DE USO INTERNO

·  PARA O ALUMNADO:

-    Baixa ó comedor  sempre acompañado dun profesor/a.

-    Non esquezas lavar as mans a miúdo.

-    Se eres un alumno/a de 2º ou 3º ciclo  vai ó baño antes de entrar no comedor, logo (salvo urxencia) non poderás ir.

-    Sen a debida autorización non podes saír do RECINTO ESCOLAR.

-    Recorda que falar moi alto ou berrar non significa que te escoiten   máis, se falas baixiño todos nos entenderemos  mellor.

-    Tenta comer todo e de todo.

-    Se queres deixar algo de comida, pregúntalle primeiro a un profesor. ¡Non tires nin xogues nunca coa comida!

-    Levanta a man para pedir o que necesites (pan, auga, culler, garfo,...)

-    Se andas polo medio non colaboras ¡Estorbas!

-    Cando remates de comer deixa a mesa ordenada e recollida. ¡ Sairás antes ó patio do recreo a xogar !

-    Á hora de marchar sube ordenadamente á túa clase e recolle as túas cousas logo xa non poderás ir (quedes ou non ás actividades).  ¡Cóidaas, ti serás o responsable delas!

-    Sube ó autobús aseado e vestido. ¡Non deixes roupa atrás!

·  PARA OS PAIS/NAIS:

-    Non está permitido que os pais e nais usen as instalacións do comedor.

-    Respectar o horario de comida e de patio

-    Non interferir na marcha do servizo

-    Informar de todas aquelas alerxias ou incidencias que afecten á saúde do neno/a

-    Comunicar ó Centro os días de ausencia ao comedor.

-    Solicitar autorización para saír do recinto escolar.

·  PARA O PROFESORADO:

-    Cando remate a actividade lectiva (5ª sesión) deixar saír   ordenadamente ao alumnado que coma na casa. Acompaña aos que coman no comedor ata a entrada do mesmo.

·  PARA OS COLABORADORES:

-    Colabora activamente co servizo. ¡Non chegues tarde!

-    Cando un grupo remate de comer e teña a mesa ordenada e recollida, se o consideras conveniente, poderás deixalos saír ó patio ( nunca antes das 15 h.)

-    Controla a túa zona de patio.

-    Se vixías dentro, á hora de marchar, deberás subir  ó corredor da túa zona e controlar que se fai de forma ordenada. Non deixes a ningún neno/a nas aulas.

-    O profesorado colaborador que vixía no patio controla as entradas nas portas de acceso, procurando que o fagan de forma ordenada e silenciosa.

-    Recorda que todos deben recoller as súas cousas, logo non poderán subir.

-    A túa presenza preto dos autobuses é moi importante (colaboradores dentro e fóra).

-   MEDIDAS CORRECTORAS

·  É falta moi grave o abandono do Colexio ou do patio nas horas do comedor.

·  Tamén é falta moi grave todo o deterioro ou rotura do material no patio ou no comedor, que ademais será aboada polo/s causante/s.

·  Pequenas faltas reiterativas de comportamento supoñen  unha falta grave.

·  As faltas moi graves sancionaranse  coa expulsión temporal ou definitiva do comedor.

·  A xunta de Goberno do Comedor (integrada polo Director e Encargado do Comedor) proporá ó Consello Escolar, logo de oídas as partes, as sancións que crea pertinentes.

 

 

 

 

2.7.                        Programas educativos nos que está inmerso.

Os programas educativos nos que está inmerso o centro son:

·        Proxecto abalar: dende o curso 2010/2011 o centro forma parte do proxecto, subvencionado pola Consellería de Educación, coa inclusión no mesmo do alumnado de 3º ciclo de educación primaria.

·        Plambe de bibliotecas escolares: dende o curso escolar 2006/2007 formamos parte da rede de bibliotecas escolares.

·        Absentismo escolar: en colaboración co concello de Cangas (Servizos Sociais) levase un seguimento do alumnado coa finalidade de prever o absentismo escolar. (ANEXO III)

·        Alerta escolar (061)

 

 

3.  O Centro: proceso organizativo e de funcionamento

3.1.         Fins no proceso de ensinanzo-aprendizaxe

Fins vinculados ao desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe e pensamento

  Coñecemento de si mesmo, crítica construtiva respecto dos seus intereses, actitudes, capacidades e valores e desenvolvemento de actitudes e hábitos de responsabilidade, esforzo persoal, mérito e desexo de superación.

  Construción de coñecementos lingüísticos, científicos, técnicos, humanísticos, históricos e artísticos.

  Configuración de estratexias de aprendizaxe autónoma que supoñan a autorregulación dos procesos de evolución persoal e a confianza nas súas aptitudes e coñecementos

  Respecto e recoñecemento da pluralidade lingüística e cultural de Galicia e de España e da interculturalidade como un elemento enriquecedor das persoas e os grupos.

  Comunicación en castelán, en galego e nunha ou máis linguas estranxeiras.

Fins para o desenvolvemento da convivencia

  Respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e da igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.

  Exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia, así como da prevención de conflitos e a resolución pacífica destes.

  A formación para a paz, o respecto dos dereitos humanos, da vida en común, da cohesión social, da cooperación e solidariedade entre os pobos.

  A adquisición de valores que propicien o respecto cara aos seres vivos e o medio ambiente e o desenvolvemento sustentable.

  Participación activa na construción de formas de vida máis xustas tanto nos ámbitos interpersoais como nos colectivos.

Fins vinculados á preparación para a toma de decisións responsables

  Desenvolvemento de hábitos intelectuais, sociais, físicos e psicolóxicos saudables.

  Análise crítica dos aspectos inxustos da realidade cotiá e das formas sociais vixentes.

  Preparación para o exercicio da cidadanía e para a participación activa na vida económica, social e cultural.

  Elaboración autónoma e racional de principios xerais de valor que axuden a axuizar criticamente a realidade.

  Preparación para o exercicio de actividades profesionais a través da captación do que supón a vocación profesional como síntese integradora dos intereses e vida persoais, familiares, sociais e laborais.

  Desenvolvemento dunha actitude crítica e responsable e con capacidade de adaptación ás situacións cambiantes da sociedade do coñecemento.

  Análise crítica dos discursos orientadores da opinión e da conduta e reguladores da vida social, e valoración da importancia do achegamento a estes discursos para o coñecemento da realidade.

3.2.      Principios no proceso de ensino-aprendizaxe

Principios de natureza sistémica

  Busca persoal e colectiva e comportamentos coherentes en sentido de comunidade educativa de acordo cos principios e normas que inspiran o noso traballo e as nosas relacións.

  Desenvolvemento de principios de calidade (desenvolvemento de capacidades e competencias como punto de mira, planificación, seguimento continuo, avaliación de procesos e de resultados, integración de esforzos) da educación para todo o alumnado, independentemente das súas condicións e circunstancias.

  A equidade que garanta a igualdade de oportunidades, a inclusión educativa e a non discriminación, e actúe como elemento compensador das desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais, con especial atención ás que deriven de discapacidade.

  O desenvolvemento da igualdade de dereitos e oportunidades para todos os membros da comunidade educativa e o fomento da igualdade efectiva entre homes e mulleres.

  A concepción da educación como unha aprendizaxe permanente, que se desenvolve ao longo de toda a vida.

Principios de natureza interpersoal

  A transmisión e posta en práctica dos valores que nos inspiran: a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza, que axuden a superar calquera tipo de discriminación.

  O esforzo compartido por alumnado, familias, profesores, o centro, administracións, institucións e o conxunto da sociedade.

  A participación da comunidade educativa na organización, goberno e funcionamento dos centros docentes.

  A educación para a prevención de conflitos e para a resolución pacífica destes, así como a non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

  A cooperación e colaboración activa con institucións orientadas ao desenvolvemento de principios e valores compartidos.

Principios de natureza instrumental

  A flexibilidade para adecuar o noso proxecto educativo no seu conxunto e os distintos plans que o conforman á diversidade de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado, así como aos cambios que experimentan o alumnado e a sociedade.

  A orientación académica, persoal, profesional e vocacional dos alumnos, como medio necesario para o logro dunha formación personalizada, que propicie unha educación integral en capacidades, competencias, coñecementos, habilidades, destrezas e valores.

  O esforzo individual e a motivación do alumnado a través da súa participación e implicación activa no conxunto de actividades que se desenvolvan no centro.

  A autonomía para establecer e adecuar as nosas actuacións organizativas e curriculares no marco normativo de acordo co contexto e os sinais de identidade do noso centro.

  A consideración da función docente como factor esencial da calidade da educación, o recoñecemento social do profesorado e o apoio á súa tarefa.

  A corresponsabilidade da familia no desenvolvemento da nosa proposta educativa considerando a súa repercusión na modelaxe de principios, valores e actitudes nos alumnos.

  O fomento e a promoción da investigación, a experimentación e a innovación educativa a través de actuacións precisas que integren a participación da comunidade educativa.

  A avaliación do funcionamento do noso centro desde unha concepción sistémica, tanto nos seus condicionantes, os seus plans e as súas propostas de organización como no seu desenvolvemento e materialización, nos resultados e nos procesos.

 

3.3.      Linea metodolóxica e sinais de identidade

O CEIP Castrillón Coiro defínese como un Centro aberto e pluralista que tenta educar ó alumnado na liberdade, igualdade, tolerancia e respecto ás diferencias e particularidades individuais.

O Colexio defenderá e promocionará a participación activa e real de tódolos membros da Comunidade Educativa na xestión do Centro.

No Centro fomentarase o uso do galego como vehículo de comunicación no proceso de aprendizaxe e no referente a linguas extranxeiras a oferta lingüística  é a Lingua Inglesa.

Ideoloxicamente o centro declárase pluralista e aconfesional.

Potenciamos unha metodoloxía activa que contribúa a desenvolve-lo espírito crítico, a capacidade de discusión, reflexión e decisión, e a vontade colectiva de transformación da sociedade.

Fomentamo-lo traballo autónomo-individual e grupal

Pensamos que un ensino «básico» ten que estar máis centrado no «saber facer» que no «saber», pretendendo que toda a aprendizaxe sexa significativa, polo que perseguimo-la adopción de sistemas activo - creativos que :

Impliquen a participación do alumnado

– Respecten o seu ritmo de aprendizaxe, facendo un proceso instructivo individual e persoal.

– Presten especial atención á diversidade con respecto, tanto ás súas capacidades físicas e intelectuais, como ás diferencias en relación á súa cultura.

   Asumímo-la avaliación como unha continua recollida de información sobre o proceso de ensinanzo-aprendizaxe, que nos permita reflexionar criticamente sobre a propia acción, para reconducila e mellorala. A avaliación servirá para adapta-las programacións e proporcionar apoios educativos.

Consideramos a educación como unha formación da persoa, rexida polos principios de :

-    Coeducación

-    Igualdade

-    Tolerencia

-    Liberdade

-    Responsabilidade

-    Integración

-    Participación

-    Flexibilidade

-    Creatividade

-    Imnovación

-    Orde

-    Limpeza

-    Educación para a saúde

-    Hábitos xerais

-    etc

 

3.4.      Organización e funcionamento

A estructura organizativa dos diferentes órganos colexiados e equipos docentes (composición, competentencias,…) así como o seu funcionamento veñen regulados polo Regulamento Orgánico de Centros e aparecen recollidos no R.R.I. (ANEXO I), aprobado polo consello Escolar do Centro en xuño de 2010.

3.5.      Adscripción do profesorado

A implantación do proxecto Abalar aconsellan a modificación da normativa de elección de horarios nos centros educativos coa finalidade de garantir que os grupos de alumnos e alumnas nos que se apliquen estes proxectos sexan impartidos polo persoal docente coa preparación específica necesaria.

O capítulo V, punto 1 da Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das esco­las de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e pri­maria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, queda redactado do seguinte xeito:

1. Adscrición funcional do profesorado no centro.

1.1.A dirección do centro, por proposta motivada da xefatura de estudos, se é o caso, no primeiro claustro do curso e unha vez oído este, asignaralle ciclo, curso e grupo de alumnado a cada un do persoal docente do centro.

1.2.A proposta da xefatura de estudos construirase sobre as premisas seguintes:

1)      Correcto funcionamento do proxecto Abalar e das áreas que se impartan en lingua estranxeira e outros proxectos establecidos ou que se establezan.

2)      Prestarlle a mellor atención posible ás necesi­dades do alumnado do centro.

3)      Rendibilizar ao máximo o capital humano dispoñible, actualizando o potencial creativo do grupo de persoal docente do colexio.

4)      Consensualizar a proposta facilitando o contras­te de pareceres e a concorrencia de capacidades e esforzos.

1.3. Os grupos nos que se estea a desenvolver o proxecto Abalar serán asignados ao persoal docente do cor­po de mestres que fose formado especificamente pola Administración educativa ou estea en posesión de titulación, experiencia ou formación adecuada. A prioridade na elección limítase aos grupos mencio­nados neste parágrafo e cando existan varias persoas que reúnan os requisitos seguirase a orde de prioridade establecida nos puntos e epígrafes seguintes.

1.4. Nos restantes grupos, no caso de non acadar o consenso do profesorado, a xefatura de estudos fará a proposta sobre os seguintes criterios:

1.  Respectar, en todo caso, o posto e traballo e/ou a especialidade que cada persoal docente do corpo de mestres teña asignado pola súa adscrición ao centro.

2.  Respectar o dereito de cada grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante todo o ciclo, incluíndo, o 2° ciclo da educación infantil.

3.  Cumpridos os criterios anteriores, no suposto de que nun centro haxa varios mestres ou mestras aspiran­tes ao mesmo ciclo ou curso, a proposta de adscrición farase de acordo coa seguinte orde de prioridades:

a)      Maior antigüidade ininterrompida, con destino definitivo, no centro.

b)      Maior número de anos de servizos efectivos como persoal docente de carreira do corpo de mestres.

c)  Promoción de ingreso máis antiga.

d)  Maior puntuación obtida no procedemento
selectivo de ingreso ao corpo.

1.5.  Excepcionalmente, cando a xuízo do equipo directivo existisen razóns pedagóxicas suficientes para obviar o criterio de permanencia co mesmo grupo de alumnos no ciclo, ademais das previstas no punto 1.3, a dirección disporá a asignación do persoal docente afectado a outro ciclo, curso, área ou actividade docente, oído o persoal interesado e o claustro, e coa conformidade da inspección educativa.

1.6. A aprobación provisional dos horarios do persoal docente corresponde á dirección do centro e a aprobación definitiva á Inspección Educativa.

 

 

 

 

 

 

 

3.6.      Criterios de agrupamento de alumnado

Segundo recolle o regulamento orgánico de centros no capítulo IV que fai referencia ao alumnado especifícase que:

·        O agrupamento do alumnado será mixto e flexible e favorecerá a coeducación e a aprendizaxe cooperativa, evitando calquera tipo de discriminación por razón de raza, sexo, relixión, rendemento escolar,….

·        Na formación do grupo de alumnos evitarase calquera clasificación deles polos seus coñecementos, nivel intelectual ou rendemento, así como os grupos estables de recuperación, de repetidores ou de alumnos avantaxados.

·        Sempre que a dispoñibilidade horaria o permita, os grupos poderanse desdobrar para a realización de determinadas actividades.

·        O alumnado procedente do extranxeiro incorporarase ao sistema educativo no curso que lle corresponda pola súa idade, sen prexuizo das homologacións e validacións de estudios no extranxeiro recollidos na lexislación vixente. Sen prexuizo do anterior e previos informes do Dto. De Orientación e da conformidade e visto e prace da Inspección Educativa poderase escolarizar noutros cursos acordes co seu nivel educativo.

Partindo da normativa anterior o agrupamento do alumnado neste centro educativo rexirase polas seguintes directrices:

·        O alumnado de nova incorporación ao sistema educativo agruparase por rigurosa orde alfabética, salvo instrucción que dictaminen o contrario.

·        Os irmáns xemelgos, previo informe ás familias, escolarizaranse sempre e cando sexa posible en grupos de nivel diferentes.

·        A incorporación ao centro de alumnado procedente doutros centros educativos realizarase no nivel que lle correspoda e no grupo que seguindo a ratio de alumnado por aula se determine previo informe e visto bó do Dto. De Orientación e a autorización da Inspección educativa.

 

3.7.      Plan de evacuación do centro en situacións de emerxencia.

As medidas e mecanismos activadas polo centro son as que seguen:

·        Localización e equipamento de caixas de emerxencia e primeiros auxilios.

·        Localización, equipamento e mantenemento de sistemas de:

-          dispositivo de alarmas

-          extintores

-          indicadores luminosos

-          etc

·        Control das persoas que acceden ao centro. Non se pode acceder aos espazos didácticos-pedagóxicos, incluído corredores, durante as horas de clase sen a debida autorización.

·        Protección do alumnado que só poderá abandona-lo centro en horario escolar co permiso do director, ou persoa en que delegue, e sempre que se fagan cargo del os pais ou persoa debidamente autorizada.

·        Localización de saídas de emerxencia.

·        Plan de evacuación do centro: o protocolo provisional polo que nos rexiríamos nunha saída de emerxencia serían:

-          Saír ao patio e enfilar cara o campo de arriba

-          O punto de encontro de todos será no campo .

-          Queda fóra de uso o ascensor.

-          O conserxe activaría as sinais acústicas de evacuación do centro e abriría as portas da saída principal do edificio (Infantil e primaria) asi como o portalón corredeiro grande

-          O director coordinaria as saídas e abriría as portas de saída do porche. Controlará que chegue todo o mundo ao punto de encontro.

-          O profesorado sen alumnado ao seu cargo e de garda colaborará e controlará que non quede ninguén nas aulas nen nos aseos e pechará se fose necesario as portas. Informa ao director da situación.

-          Os titores ou profesorado a cargo de alumnado utilizará as portas de saídas do seguinte xeito:

-    Educ. Infantil usaría as portas individuais das aulas e a porta de acceso ás aulas de infantil

-    Alumnado no ximnasio, usos múltiples, aula de inglés e pavillón acudirán cruzando o patio ao punto de encontro.

-    Aulas de primaria (de PA-1 a PA-7 e PA-18,19,20 e 21) portas de acceso principais

-    Aulas de primaria (de PA-13 a PA-17  e de PA-8 a PA-12 ) portas de acceso ao proche

-    Aulas do sotano (Informática e Biblioteca) e comedor, empregarían as portas da saída de emerxencia e pola carretera accederían ao punto de encontro.

-    Persoal de cociña: pechará o gas e activarán o grupo antiincendio e polas portas de saída de emerxencia accederán ao punto de encontro.

-          O alumnado con discapacidade física correrá a cargo da coidadora que en colaboración co Dto de Orientación e empregando as saídas indicadas anteriormente accederán ao punto de encontro.

-          Toda a evacuación do centro realizarase sempre seguindo as seguintes prácticas:

  Fai caso ó profesor/a.

  Cumpre as túas   funcións.

  Deíxao todo e ponte en fila.

  Móvete con axilidade.

  Non te deteñas nas portas, segue cara o lugar de encontro.

  Axuda aos demáis (se podes).

  Non te volvas nunca.

  No punto de encontro non te separes do teu grupo.

  Non corras.

  Non empurres.

   Non berres. 

  Aínda así, agardamos a elaboración dun plan de evacuación  elaborado por especialistas en evacuación e supervisado polos servizos e técnicos en protección civil do Concello.

3.8.      Relacións coas familias e outras institucións

Potenciarase a relación coas institución e as familias a través dos seguintes obxectivos:

·        Garantir unha relación fluida coas institución educacivas.

·        Fomentar a participación e as relacións co Concello a través das participación deste nos diferentes órganos colexiados e nas reunións periódicas que se convoquen.

·        Participar e colaborar coas diferentes Institucións culturais, asociacións,… nas diferentes actividades de tipo educativo que o profesorado considere convenientes.

·        Fomentar a participación dos pais e das nais na vida do centro.

·        Manter unha relación positiva e fluída coa ANPA.

·        Fomentar a relación co Centro de Estimulación Precoz.

·        Manter a colaboración co Centro de Benestar Social

·        Establecer relacións con outros centros educativos en especial co CEIP A RÚA e o IES RODEIRA.

·        Manter cauces de relación co Centro de Formación e recursos.

 

3.9.      Anpa

A asociación de nais e pais “FORNOBEDO” do Colexio ríxese polos estatutos aprobados na asemblea de constitución  e polas competencias e funcións recollidas no R.R.I. do centro aprobado en xuño de 2010.

Anualmente elabora un programa de actividades destinadas a:

·        Alumnado

·        Pais e nais

recollidas e aprobadas na PXA do centro e que se desenvolven en horario de tarde de 16 h. a 17 h. e unha memoria que se incorpora a memoria de final de curso do centro.

       Como actividades complementarias organiza, promove e colabora en:

·        Xornadas de convivencia (remate do curso)

·        Cross Popular de Coiro

·        Deporte escolar

·        Equipos e instituciones da comarca

 

 

 

4.      Normas de organización e funcionamento do centro.
Plan de convivencia

          As directrices están recollidas no R.R.I. do Centro  (ANEXO I) renovado polo Consello Escolar de xuño de 2010 e pola LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da Comunidade Educativa (DOG 136 de 15 de xullo de 2011).

5.      Plan de orientación , e plan de acción titorial
e atención á diversidade.

1.- Xustificación baseada no contexto

 

O Plan de atención á diversidade haberá de confeccionarse tendo en conta as necesidades do conxunto do alumnado do centro educativo, en concordancia cos establecido no proxeto educativo do centro. Haberá que ter en conta o contexto xeral do centro, un colexio que escolariza a perto de trescentos cincuenta alumnos, cunha tendencia nos últimos anos a incrementar a súa matrícula. A reposición das instalacións do centro conlevaron un aumento nos servizos que se brindan no mesmo, cunha melloría cualitativa e cuantitativa.

Nos últimos anos apréciase un empeoramento xeral das condicións económicas e sociais das familias, condicionadas de forma directa por unha crise económica particularmente agresiva en canto a persoas afectadas no ámbito da comarca de Vigo.

Un elemento a ter en conta na composición do alumnado é a presenza de nenos procedentes doutros países, maioritariamente do Magreb e dos países sudamericanos. O número destes alumnos está estabilizado cunha tendencia á baixa nos últimos cursos.  

Finalmente dentro dos datos de contexto haberá que indicar un número elevado de alumnos que precisan algún tipo de atención educativa diferenciada, persoas que de forma transitoria ou permanente entran no ámbito das medidas ordinarias ou extraordinarias establecidas anualmente.

 

 

2.- Identificación e valoración das necesidades

 

Haberá que partir das necesidades de atención específica do alumnado, reflectidas nas aplicacións específicas da Consellería de Educación. Deste xeito habería que considerar unha gran amplitude de situacións diversas do alumnado -necesidades educativas especiais, incorporación tardía ao sistema educativo, dificultades específicas de aprendizaxe e trastorno de conduta- cun elevado número de suxeitos dentro dalgún dos bloques sinalados. Deste xeito cómpre establecer un sistema xeral de atención á diversidade que aproveite ao máximo os recursos dispoñibles, ofreza axuda ao profesorado titor e axilice as respostas que se precisan en cada momento.

 

Postos a identificar ao alumnado necesitado de atención específica, apúntase de seguido:

 

         4 alumnos que presentan necesidades educativas especiais, un aqueixado de discapacidade física e tres de trastornos xeneralizados do desenvolvemento

         1 alumna con descoñecemento das linguas oficiais e con desfase curricular sen nacionalidade española

         12 alumnos con dificultades específicas de aprendizaxe

          7 alumnos con dificultades na fala

         6 alumnos diagnosticados con déficit de atención con ou sen hiperactividade.

 

Cabe engadir unha tendencia crecente neste último capítulo, coa identificación de novos alumnos que presentan dificultades específicas de aprendizaxe.

O alumnado apuntado previamente encóntrase nas dúas etapas educativas que imparte o centro, educación infantil e educación primaria. Así mesmo faise constar a presenza dun elevado número de alumnos de atención específica nun curso concreto de primaria, o que leva a concentrar no mesmo un abano amplo de modalidades de intervención sobre o grupo.

 

3 - Determinación dos obxectivos

 

Estes obxectivos están explicitados na programación xeral anual, que se fan propios dentro deste plan de Atención á Diversidade:

 

  Contribuir á personalización da educación, favorecendo o desenvolvemento de tódolos aspectos da persoa e contribuíndo a unha educación individualizada referida a persoas concretas, coas súas aptitudes e intereses diferenciados.

  Axustar a resposta educativa ás necesidades particulares do alumnado, mediante as oportunas adaptacións curriculares e metodolóxicas

  Previr as dificultades de aprendizaxe e non só asistir as que xa se teñan producido, evitando na medida do posible o fracaso e a inadaptación escolar.

  Favorecer os procesos de madurez persoal, de desenvolvemento da propia identidade e do sistema de valores

  Contribuir á adecuada relación e interacción dos distintos integrantes da comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias, así como co contorno social do centro.

Os obxectivos xerais concrétanse en función das instancias e colectivos que conforman a comunidade educativa do centro.

          - En relación co centro: coordinar as relacións do centro con outros servicios como os servizos sociais municipais, centro de formación e recursos, equipo de orientación específico, gabinetes clínicos e outros servizos públicos.

          - En relación co alumnado:

   Prever, detectar e intervir nas dificultades educativas do alumnado.

   Programar e facer un seguemento das medidas de atención á diversidade cos datos aportados polas titorías, o profesor de P.T., a profesora de A.L., a familia e a avaliación psicopedagóxica.

   Avaliar e axudar aos alumnos nos momentos de maior risco ou dificultade, como son o ingreso no centro, o paso á secundaria obrigatoria, o cambio de ciclo, as dificultades de aprendizaxe e de integración persoal ou social, alumnado de familias de alto risco.

   Colaborar co departamento do orientación do I.E.S. de Rodeira nas actividades relativas á orientación académico-profesional dos alumnos da E.S.O., así como co departamento de orientación do CEIP A Rúa nas iniciativas que se leven a cabo de forma conxunta

 

          - En relación co profesorado:

         Coordinar o traballo de titorías a asesoralas no desenvolvemento da función titorial, facilitándolles a utilización de técnicas relativas a hábitos de traballo, técnicas de estudio, programas de ensinar a pensar, dinámica e xestión de grupos, entrevista, sociogramas, convivencia, delegados de aula, etc.

         Asesorar ás titorías en cuestións de organización e agrupamento de alumnos, actividades de reforzo, temas tranversais, técnicas de estudo

- En relación coas familias:

   Orientar ás familias do alumnado de forma individual ou colectiva para que asuman de forma responsable a educación dos seus fillos

 

4.- Descrición das actuacións, medidas ou programas para a atención á diversidade

 

         Avaliación das capacidades xerais do alumnado, para axudar aos titores a ter unha idea xeral do seu grupo de alumnos non só nos aspectos estrictamente académicos. No segundo trimestre levaranse a cabo as probas xerais de capacidades en Educación Infantil 5 anos, 2º, 4º e 6º de Primaria.

         Organización da aula de apoio e da integración do alumnado inmigrante.

         Establecer o procedemento de avaliación inicial do alumnado

         Elaborar, revisar e avaliar as adaptacións curriculares.

         Establecer o seguemento do novo alumnado, do alumnado repetidor e con dificultades.

         Continuar co programa de adaptación ao centro do alumnado que se incorporará ao primeiro curso de Educación Infantil, que se levaría a cabo no terceiro trimestre.

         Colaborar cos Servizos Sociais do concello prestándo especial atención ao seguemento do alumnado que acude ao servizo municipal de estimulación e ao alumnado de familias en situación de risco social.

         Organizar accións formativas específicas do profesorado en materias tales como a atención á diversidade, comezando cunha sobre TDAH.

         Darlle continuidade do programa de coordinación entre os centros de primaria de Castrillón e A Rúa co IES Rodeira.

         Colaborar coa Comisión de Avaliación Diagnóstica na preparación do alumnado para a realización das mesmas.

         Colaboración coas titorías na organización, desenvolvemento e avaliación do reforzo educativo.

         Avanzar na confección dun programa de acción titorial, partindo do modelo que se confeccionou o ano pasado

         Continuar co programa de transición e adaptación do alumnado de primaria á secundaria obrigatoria.

         Posta en marcha do programa de transición do alumnado de Educación Infantil á Educación Primaria, con actuacións específicas co alumnado, o profesorado e as familias.

         Colaborar coa ANPA nas actividades formativas específicas, intentando que a  Escola de Nais e Pais desenvolva as súas actividades no noso centro.

         Promover algunha acción formativa específica coas nais e pais de alumnos, en colaboración coa ANPA, para abordar cuestións de actualidade educativa e de atención á infancia.

 

5.- Determinación dos criterios para a organización e distribución dos recursos e a aplicación das medidas propostas

 

Tendo en conta as necesidades reseñadas,os obxectivos e as actividades previstas, a xefatura de estudos conxuntamente co departamento de orientación e a comisión de coordinación pedagóxica establecerán dentro da programación xeral anual a os recursos e as medidas deseñadas.

A organización e a distribución dos recursos partirá en primeira instancia co persoal específico que forma parte do departamento de orientación -xefe do departamento, mestre de pedagoxía terapéutica, mestra de audición e linguaxe e, se é o caso, mestre apoio ao alumnado estranxeiro-. Así mesmo, en función do horario do profesorado establecido ao comezo do curso, reservaranse horas para a aplicación das medidas ordinarias de atención á diversidade.

Identificado o alumnado de necesidades educativas especiais, na avaliación inicial identificaranse as necesidades específicas, de tal maneira que a xefatura de estudos e o departamento de orientación distribuirán os recursos e arbitrarán a colaboración co profesorado titor na elaboración daquelas medidas ordinarias susceptibles de execución. En principio establécense as seguintes medidas ordinarias para a aplicación no centro educativo:

       Adecuación das programacións didácticas ao controno e ao alumnado

       Metodoloxías baseadas na aprendizaxe por proxetos.

       Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria

       Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas

       Programas de recuperación

       Programas de habilidades sociais

En canto ás medidas extraordinarias explicítanse as seguintes:

         Adaptacións curriculares

         Agrupamentos flexibles

         Apoio do profesorado especialista en pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e atención ao alumnado estranxeiro

 

6.- Concreción das actuacións dos distintos profesionais en relación coas medidas deseñadas para o centro

 

En canto á asignacións dos profesionais, con carácter xeral os titores desenvolverán, en colaboración co xefe do departamento de orientación, as medidas ordinarias de atención á diversidade. Os mestres de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe encargaríanse, en principio, dos programas de apoio, confeccionados polos titores e o departamento de orientación. O mestre de atención ao alumnado estranxeiro encargaríase do alumnado específicado nas súas funcións. 

Este esquema xeral de actuación será revisado trimestralmente e avaliado a final de curso, establecendo as correccións e modificacións que contribúan a un mellor desenvolvemento do plan.

 

7.- Mecanismos de coordinación e colaboración interna, así como con outras etapas educativas e cos centros adscritos ou de adscrición

 

O equipo directivo haberá de dispoñer os sistemas de coordinación e colaboración interna, en particular as funcións e relacións da comisión de coordinación pedagóxica, o departamento de orientación e os equipos de ciclo. Sobre estas instancias recaerá a execución do Plan de Atención á Diversidade, cunha periodicidade de reunións a aprobar na programación xeral anual. Así mesmo os membros do departamento de orientación reuniranse un mínimo dunha vez ao mes, ao igual que o profesorado titor co citado departamento.

En canto á coordinación cos centros da zona de adscrición, os departamentos de orientación manterán como mínimo unha reunión trimestral. Os equipos directivos arbitrarán unha periodicidade dos seus encontros para a posta en marcha de programas comúns.

 

8.- Canles de colaboración coas nais, pais ou titores legais do alumnado e cos diferentes servizos externos ao centro

 

A relación cos pais e nais do alumnado recaerá en principio no profesorado titor. O persoal do departamento de orientación e o profesorado especialista concorrerá a reunións ou citas con pais e nais sempre que a ocasión o requira. O regulamento orgánico dos centros de infantil e primaria establece as reunións prescritivas de pais e nais.

O equipo directivo manterá unha relación constante coa Asociación de Pais e Nais constituída no centro, tanto para a explicación das accións do centro como para o asesoramento e colaboración nas accións da ANPA.

O departamento de orientación manterá o contacto regular cos servizos sociais do concello de Cangas -educadoras familiares, asistentas sociais- así como co centro municipal de estimulación, onde acude regularmente alumnado do centro. Así mesmo o departamento manterá o contacto cos servizos públicos de saúde, cos servizos autonómicos de atención do menor e cos gabinetes psicopedagóxicos privados.

 

9.- Protocolos para solicitude e/ou autorización das medidas ordinarias e extraordinarias

 

O colexio posúe os seguintes protocolos para a aplicación dentro deste Plan de Atención á Diversidade: modelos de avaliación inicial, protocolo para a solicitude de intervención do departamento de orientación, protocolo para a confección de adaptacións curriculares, protocolos de flexibilización da duración do período de escolarización.

 

 

10.- Procesos de seguimento, avaliación e mellora do plan

 

Estes procesos recaerán na xefatura de estudos e na comisión de coordinación pedagóxica. O departamento de orientación colaborará nestes procesos, que se levarán a cabo trimestralmente no que se refire ao seguimento e a final de curso en canto á avaliación.

 

6.      Plan Lector

A incorporación progresiva do alumnado de Infantil e Primaria ao novo sistema educativo fai necesario  a elaboración, segundo recolle o Anexo IV do Decreto 130/2007, dun Plan Lector (ANEXO II) de Centro.

O proxecto lector do centro é un documento que integra todas as intervencións destinadas ao fomento da lectura, da escritura, da linguaxe oral e das habilidades informativas.

Supón unha oportunidade para reflexionar sobre as prácticas pedagóxicas relativas a estes apartados e constitúe un programa de accións que implica a toda a comunidade escolar.

É producto da reflexión e consenso e pretende dar resposta ás necesidades do alumnado e facilitar o traballo docente.

Procura, sobre todo, a adquisición das competencias básicas, especialmente:

·        Comunicación lingüística

·        Tratamento da información e a competencia dixital.

·        Competencia cultural e artística.

·        Competencia para aprender a aprrender.

Os obxectivos xerais do proxecto céntranse en:

·        Desenvolver a competencia lectora

·        Favorecer a competencia literaria

·        Educar no uso crítico da información

·        Fomentar o hábito dda lectura

·        Apoiar a adquisicións das competencias básicas

Para a desenvolvemento do Plan Lector elabórarase anualmente o Plan Anual de Lectura que se incluirá na P.X.A. e recollerá aspectos como:

·        Obxectivos

·        Organización

·        Actividades de aula e de Biblioteca.

·        Recursos

·        Seguimento e avaliación

·        Outros

Así mesmo e na memoria final de curso elaborarase unha memoria que recolla as actividades e proxectos realiazados.

 

 

 

 

 

7.      Curriculum Educativo: infantil e primaria

O curriculo da Educación Infantil ven regulado polo Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009).

O curriculo da Educación Primaria ven regulado Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9 de xullo de 2007)

Nestes decretos establécense aqueles elementos do currículo que teñen carácter prescritivo para todos os centros (obxectivos, contidos e criterios de avaliación das áreas), pero inclúe outros elementos de carácter orientador (orientacións metodolóxicas e contribucións ás competencias básicas). Tanto uns coma outros pretenden axudar as/os profesionais na tarefa de concreción e adaptación do currículo ao seu contexto e ao alumnado.

 

8.  Avaliación 

O desenvolvemento do proceso avaliador no noso centro e nas nosas aulas ten como marco de referencia a LOE, os decretos do currículo e as ordes de avaliación (Orde de 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación en  Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia) 

Neles determínase que a avaliación debe abarcar tanto a actividade de ensino  como a de aprendizaxe , e que debe constituír un proceso continuo, sistemático, flexible e integrador.

Os obxectivos do centro neste proceso serán: 

   Coñecer a situación de partida dos compoñentes que inciden no proceso no momento en que se propón a avaliación.

   Facilitar a formulación dun modelo de actuación adecuado ao noso contexto en función dos datos anteriores.

  Seguir a evolución do desenvolvemento e aprendizaxe dos nosos alumnos.

  Tomar as decisións necesarias para adecuar o deseño e desenvolvemento da nosa acción educadora ás necesidades e logros detectados nos alumnos nos seus procesos de aprendizaxe.

Os aspectos fundamentais a avaliar:

  A adecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación ás características dos alumnos, do centro e do arredor.

  As decisións sobre metodoloxía.

  A incorporación dos elementos comúns do currículo.

  A previsión de medidas para atender á diversidade.

  A coordinación e coherencia entre o profesorado.

  As medidas para unha adecuada titorización e orientación aos alumnos.

  A organización da aula.

  O aproveitamento dos recursos do centro.

  A relación entre profesor e alumnos.

  A relación entre profesores.

  A convivencia entre alumnos.

  A autoavaliación do profesorado.

Os principios que regulan o proceso avaliador son:

  Carácter continuo e formativo. A avaliación da aprendizaxe proponse como un instrumento ao servizo do proceso de ensino-aprendizaxe orientándoo e regulándoo cara á mellora, e para iso debe integrarse no quefacer diario da aula e do centro educativo.

  Carácter global (Educación Infantil e Primaria). A avaliación da aprendizaxe en  Primaria contempla o conxunto das capacidades establecidas na etapa e os criterios de avaliación das diferentes áreas.

  Carácter criterial. As prácticas avaliadoras lévanse a cabo atendendo aos obxectivos educativos, as competencias básicas e os criterios de avaliación das áreas/materias.

   Carácter sistemático. O proceso de avaliación necesita configurarse de acordo cun plan previamente trazado que deberá ser levado a cabo de xeito organizado.

  Carácter flexible. A valoración dun elemento de tanta complexidade como é o fenómeno educativo leva á posibilidade de utilizar no proceso avaliador diversidade de técnicas e diferentes instrumentos para rexistrar os datos obtidos.

Avaliación en Educación Infantil

         A avaliación na etapa de Educación Infantil será continua, formativa e global, é dicir, atenderá ao conxunto das áreas.

Os referentes que se terán en conta para avaliar serán os obxectivos xerais de etapa e área, e os seus criterios de avaliación; en definitiva, o desenvolvemento das capacidades dos nenos de acordo coas finalidades da etapa, nas que se atopan recollidas as de iniciación á construción de competencias básicas. A avaliación neste ciclo debe servir para identificar as aprendizaxes adquiridas e o ritmo e características da evolución de cada neno. A estes efectos tomaranse como referencia os criterios de avaliación de cada unha das áreas. O equipo docente da etapa establecerá algúns indicadores ou criterios de avaliación que permitan valorar o grao de adquisición das capacidades de cada ciclo.

A avaliación será responsabilidade de cada titor, que deberá deixar constancia das súas observacións e valoracións sobre o proceso de desenvolvemento e as aprendizaxes de cada neno. Esta valoración levaraa a cabo a partir da información obtida das entrevistas coas familias, a análise das producións dos nenos e, sobre todo, da observación directa e sistemática, que constituirá a técnica principal do proceso.

Fases do proceso avaliativor:     

        Avaliación inicial. Ao incorporarse por primeira vez un alumno ao centro, o titor realizará unha avaliación inicial, recollendo nun informe o grao de desenvolvemento das capacidades básicas, incluíndo a información achegada polas familias e, no seu caso, os informes que revistan interese para a vida escolar. As decisións relativas ao tipo de información que se precisa neste momento inicial da avaliación, así como as técnicas ou instrumentos que se van utilizar para recoller e consignar a devandita información, deberán tomarse polo equipo educativo do ciclo e reflectirse na proposta pedagóxica do centro.

        Avaliación procesual. Ao longo do  ciclo e de forma continua, utilizaranse as distintas situacións diarias para analizar os progresos e dificultades dos nenos e para observar tanto o seu proceso de desenvolvemento como as aprendizaxes adquiridas, co fin de adecuar a intervención educativa ás súas necesidades. Estableceranse polo menos tres sesións de avaliación ao longo do curso, sen prexuízo doutras que se establezan na proposta pedagóxica.

Ao finalizar cada curso, os titores elaborarán un informe individualizado de avaliación a partir dos datos da avaliación continua. Os aspectos que deben recollerse no informe serán decididos polo equipo educativo do ciclo no marco da proposta pedagóxica do centro, e no seu caso recollerá as medidas de reforzo e adaptación que se tomaron.  

        Avaliación final. Ao termo de cada ciclo procederase á avaliación final do alumnado, a partir dos datos obtidos en obxectivos e dos criterios de avaliación definidos na proposta pedagóxica.

          O titor, ao finalizar o ciclo e co fin de garantir unha atención individualizada e continuada, recollerá os datos relevantes do informe individualizado de cada curso e elaborará un informe individualizado de final de ciclo sobre os logros no seu proceso de desenvolvemento e na adquisición das aprendizaxes en relación cos obxectivos establecidos. Así mesmo, faranse constar os aspectos que máis condicionen o seu progreso educativo e, no seu caso, as medidas de reforzo e adaptación que se tomaron. Os aspectos que deben recollerse no informe, así como o seu formato, serán decididos polo equipo educativo do ciclo no marco da proposta pedagóxica.

         O titor informará regularmente ás familias sobre os progresos e dificultades detectados no proceso educativo dos seus fillos. Estes informes servirán para a reflexión conxunta e a necesaria colaboración das familias co centro. A información recollida da avaliación continua compartirase e trasladarase ás familias no informe escrito trimestral e de forma persoal as veces que sexan necesarias. Os informes reflectirán os progresos efectuados polos nenos con referencia aos criterios de avaliación establecidos no marco da proposta pedagóxica.

 

Avaliación en Educación Primaria

A avaliación na etapa de Educación Primaria será continua, formativa, global, e terá en conta o progreso do alumno no conxunto das áreas. 

Os referentes que se terán en conta para avaliar serán os diferentes elementos do currículo: obxectivos de etapa, de área, competencias básicas e criterios de avaliación, adecuados ás características propias do noso alumnado e ao contexto sociocultural do noso centro. Os criterios de avaliación das áreas serán o referente fundamental para valorar o grao de adquisición das competencias básicas.

          Os responsables da avaliación dos alumnos variarán en función das distintas situacións de avaliación:   

       Avaliación interna. As decisións que se haxa de tomar en relación coa avaliación e a promoción serán adoptadas por consenso do equipo docente do alumno, tomándose especialmente en consideración a información e o criterio do mestre titor.

        Avaliación externa. Avaliación de diagnóstico. Ao finalizar o segundo ciclo da Educación Primaria, realizarase unha avaliación de diagnóstico das competencias básicas alcanzadas polos nosos alumnos. Esta avaliación, competencia da Administración educativa, terá carácter formativo e orientador para o centro e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa.

 

Fases do proceso avaliativo:

        Avaliación inicial. Ao comezo de cada ciclo (a finais do mes de setembro), o centro levará a cabo unha avaliación inicial dos alumnos mediante a aplicación dunha proba específica correspondente a cada curso da etapa. Esta avaliación incidirá na obtención de información sobre o grao de desenvolvemento das competencias básicas e poderá recoller, ademais, os resultados obtidos mediante a aplicación doutros instrumentos de avaliación que se consideraron adecuados para tal fin, así como información obtida das familias. Esta sesión de avaliación non comportará necesariamente cualificacións, e dos seus resultados darase conta ás familias.

(Para os alumnos que se incorporen tardiamente ao sistema educativo español realizarase a proba inicial no momento da súa incorporación ao centro. )

        Avaliación procesual. Periodicamente celebraranse sesións de avaliación do equipo docente dun grupo de alumnos coordinado polo mestre titor. Este levantará acta do desenvolvemento das sesións, nas que se fará constar os acordos e as decisións adoptados, e cumprimentará e custodiará a documentación derivada destas. Nas sesións de avaliación acordarase tamén a información que se comunicará a cada alumno e aos seus pais ou titores legais sobre o resultado do proceso de aprendizaxe seguida e as actividades realizadas, incluíndo as cualificacións obtidas en cada área. En cada curso da etapa celebraranse, para cada grupo, polo menos tres sesións de avaliación dentro do período lectivo.  

        Avaliación final. Ao final de cada ciclo, a última sesión de avaliación, que terá carácter de avaliación final, valorará os resultados da avaliación continua do alumno ao longo do ciclo. Como consecuencia desta sesión de avaliación consignaranse nos documentos de avaliación dos alumnos as cualificacións, tanto positivas como negativas, obtidas por eles, así como as medidas de apoio adoptadas.

         Cada alumno disporá ao finalizar a etapa dun informe sobre a súa aprendizaxe, os obxectivos alcanzados e as competencias básicas adquiridas 

Decisión  da avaliación:

        Decisións de cualificación. Os resultados da avaliación en Educación Primaria expresaranse nos seguintes termos: insuficiente (IN), suficiente (SU), ben (BE), notable (NT), sobresaliente (SB), considerándose cualificación negativa o insuficiente e positivas todas as demais.  

        Decisións de promoción. O alumno accederá ao ciclo educativo ou etapa seguinte sempre que se considere que alcanzou as competencias básicas correspondentes e o adecuado grao de madurez. 

 

Situacións posibles na toma de decisións na avaliación:

        Alumnado que alcanzou as competencias básicas correspondentes e o adecuado grao de madurez: pasa ao ciclo seguinte.

        Alumnado que non alcanzou as competencias básicas correspondentes ou o adecuado grao de madurez ou ambas, pero considérase que esa circunstancia non lle impedirá seguir con aproveitamento o novo curso: poderá pasar ao ciclo ou etapa seguinte. Neste caso recibirá os apoios necesarios para recuperar os devanditos obxectivos. As programacións didácticas incluirán un plan de actuación destinado á adquisición das devanditas aprendizaxes con indicación do profesorado responsable.  

Alumnado que non alcanzou as competencias básicas correspondentes ou o adecuado grao de madurez ou ambas e considérase que esa circunstancia impediralle seguir con aproveitamento o novo curso: permanecerá un curso máis no mesmo ciclo. Esta medida poderá adoptarse unha soa vez ao longo da Educación Primaria e cun plan específico de reforzo ou recuperación ao redor das competencias básicas e a aquelas áreas que faciliten a superación das dificultades de aprendizaxe. O centro, no marco da súa autonomía pedagóxica e con carácter excepcional, poderá adoptar a decisión de permanencia dun ano máis no primeiro curso do ciclo sempre que poida favorecer o desenvolvemento persoal e social do alumnado. Esta decisión comunicarase ás familias coa maior antelación posible e, en todos os casos, deberá contar co visto e prace do Servizo da Inspección Educativa. 

9.        Difusión e revisión do PEC 

 

10.   Anexos 

· ANEXO I (R.R.I.)

· ANEXO II (PLAN LECTOR)

· ANEXO III (PROGRAMA DE PREVENCION DE CONTROL DE ABSENTISMO)

· ANEXO IV (LEI DE CONVIVENCIA)

Distribuir contido