Skip to Content

Aprendemos máis sobre o COVID19

Nesta páxina incorporaremos recursos que que poden ser útiles en forma de material infográfico e videos ou xogos que poden utilizarse tanto para os/as alumnos/as como para o persoal e profesorado da comunidade educativa 

1. Erros máis frecuentes no uso da máscara.

Vídeo realizado pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras onde, dunha forma lúdica explica cales son os erros máis comúns no uso da máscara e a forma adecuada de utilizala. Para novos e maiores. 

 

2. Como realizar unha correcta hixiene de mans. 

Este video creado pola Consellería de Sanidade, explica como debe facerse unha correcta hixiene de mans con agua e xabón e está dirixido especialmente aos máis pequenos. Está adaptado á linguaxe de signos. 

 

 

3. Xogo “escapa do virus”

Trátase dun xogo de preguntas e respostas en versión Comecocos (Pac-Man) e que contén tres niveis de dificultade:

a) de 8 a 10 anos,

b) de 11 a 16 anos e

c) de máis de 16 anos.

Axuda a reforzar os coñecementos sobre o SARS-CoV-2 dunha forma lúdica.

 

 

 

4. Canto sabes do coronavirus?

Trátase dun xogo de preguntas e respostas en bloques de distintos niveis de dificultade.

Permite que na clase se poida reforzar o coñecemento sobre a Covid-19.

 



blog | by Dr. Radut