DÍA DAS BIBLIOTECAS

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 DE OUTUBRO

DÍA  DAS BIBLIOTECAS

Por  fin  chegou  o gran día  en  que  a casa  de  Botalerias  abre  de   novo  as  súas  portas para  recibir  aos nenos  e  nenas  que  están  ansiosos por  ler  moitos  libros.

Despois  de  dous  anos, volven  os  emprésitos  no  recreo  para  o  alumnado  de  Primaria  e  ademais  Botalerias  conta  cuns  axudantes  de  luxo  que  axudan  ao  profesorado  durante a  garda de  recreo  (alumnado  de  sexto  de  Primaria).

Durante  esta  semana  do  24  ao  28  de  outubro  o  alumnado  do  centro  acudiu  a  formación  de  usuarios. Onde  se  lle  explicaron  as  normas  para  poder  gozar  do  biblioteca  e  tamén  como está  organizada a catalogación  dos libros.

O  alumnado  foi  agasallado  cunha  chapa  da  mascota  da  Biblioteca e o marcapáxinas  gañador  do  seu  curso.