Taboleiro

OS NEN@S DE 2º GAÑAN NO CONCURSO DA BIBLIOTECA DE LUGO

 

Tres nenos de 2º gañaron sendos premios no certame de debuxo e narración convocado pola biblioteca de Lugo co gallo das Letras Galegas.

A nosa enhoraboa a:

ALEJANDRO MARTÍNEZ CASTRO polo seu 2º premio de debuxo.

PABLO DÍAZ e AARÓN PRADO polo seu 2º e 3º de narrativa. A primeira era unha historia de romanos na cidade de Lugo e a outra máis ecolóxica en procura dun mundo ou unha cidade máis limpa.

Nos xornais dos dias 25 e 26 de Maio podemos leer que o dia 25 entregáronse os premios e o 26 o diario O Progreso publica unha gran foto dos participantes gañadores.

Seguide participando todos como fixéchedes este curso , a nosa enhoraboa a tod@s.

Distribuir contido