CURSO 2013-2014

Día da Árbore

O pasado xoves celebramos no noso centro o día da Árbore. Os nenos de infantil plantaron unha árbore e os de primaria outra. Aquí vos deixamos unhas imaxes.

 

 

 

ALMORZOS SAUDABLES

O pasado   tiveron lugar no noso colexio os Almorzos Saudables, actividade na que os de 1º ciclo de E.P. poideron disfrutar dun almorzo consistente en leite, froita, pan, zume...

 

 

Visita Mago Rafa

O pasado 11 de febreiro tivemos no colexio a visita do Mago Rafa que fixo uns cantos trucos de maxia para todo o alumnado.

 

Día da Paz

Os diferentes cursos do colexio, tanto de infantil como de primaria, reunímonos no pabellón para cantar todos xuntos unha canción pola paz. Tiña como melodía a canción da paz de Coca-cola, pero a letra foi cantada en galego e levaba por título: “Unha mensaxe de paz”.

 

Os compañeiros de segundo de primaria, realizaron outra actividade no gimnasio para o resto dos compañeiros que consisitía na interpretación dun conto “Asopa da amizade” na que cada un deles traía un alimento da súa casa e o metía nunha pota na que se facía a sopa que logo comerían todos.

 

Conservatorio de música

O mércores 29 recibimos a visita do Conservatorio de Música de Lugo para os alumnos de 2º de primaria, no que lles deron un pequeño recital e lles  amosaron diferentes instrumentos musicais e tiveron a posibilidade de probalos. Pasaron un rato moi agradable.

Time Travellers

O pasado 23 de xaneiro o alumnado do 3º ciclo do CEIP Casás de Lugo, asistiu ao Auditorio Gustavo Freire á representación da obra “Time Travellers” da compañía de teatro Blue Mango Theatre.

A obra, que foi interpretada en inglés, está reflectida como unha actividade dentro do programa de aulas bilingües.

 

Na representación o alumnado regresou ó pasado durante a función da que sairon moi ledos e con ganas de repetir.

FESTIVAL DE NADAL

Aquí vos deixamos unha mostra do que fixeron os nen@s no Festival de Nadal.

Os nenos de 5º en Onda Cero

Aquí vos deixamos o programa de Lugo en la Onda, onde os nen@s de 5º de Primaria fixeron de locutores. Está no minuto 35.

 

 

http://podcast.ondacero.es/mp_series1/audios/ondacero.es/2013/12/03/00164.mp3

Distribuir contido