CURSO 2012-2013

Día da árbore

Oxe 22 de marzo celebramos o día da árbore e para elo prantamos unha no noso colexio e despois recitamos unhas poesías.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Teatro en inglés

Os nen@s do primeiro ciclo de primaria fomos ver unha obra de teatro ao Auditorio Gustavo Freire.

Contacontos

Onte os nen@s infantil poidemos disfrutar dun contacontos.

Xubilación dunha mestra

O equipo docente do CEIP CASÁS de Lugo rendiu unha homenaxe a súa compañeira Dª Elvira Casal Salgado que deixa o cargo no centro con motivo da súa xubilación. O acto tivo lugar o día 09 de novembro nunha cea celebrada no Restaurante Mencía da capital lucense, tamén estivo acompañada polo seu marido D. Emilio Fole.

Os compañeiros entregaron á homenaxeada un reloxo para que “ lembre o cariño que lle tiña a Comunidade Educativa”. Elvira desempeñaba a súa labor no centro dende hai 10 anos e caracterizase por ser unha excelente traballadora e moi querida polo alumnado.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Mañá 8 de  marzo celébrase o Día Internacional da  Muller e dende o noso  colexio queremos facerlle unha pequena homenaxe a tres grandes mulleres da nosa historia pero tamén queremos homenaxear a moitas outras mulleres que están  ao noso lado todos  os días.

Aquí vos deixamos algunhas das  actiividades que  realizamos

 

PRIMEIRO CICLO

SEGUNDO  CICLO

TERCEIRO CICLO

Xornada do baloncesto

Hoxe tivemos a sorte de ter no centro ó equipo de baloncesto que nos estuvo dando unha charla e despois algúns consellos prácticos sobre o baloncesto para todo o alumnado do 2º e 3º ciclo.

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro domingo 24 de febreiro conmemórase o 176 aniversario do seu nacemento. Por este motivo no noso colexio fixémoslle unha pequena homenaxe.

Ambientamos un pequeno espacio co seu escritorio

 

Fixemos un pequeno mural

 

E dous alumnos de sexto de primaria fixeron a seguinte lectura

- Mois bos días a todas e todos.

- Uns minutos da vosa atención para contarvos algo con certa emoción.

- Este domingo vai ser 24 de febreiro.

- E esa data ten de especial que corresponde ao día no que naceu Rosalía de Castro.

- Velaí van unhas pinceladas da súa vida.

- Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro do ano 1837. Nos seus primeiros anos tivo unha infancia feliz vivindo en vilas rurais. Marchou logo a Madrid e casou con Manuel Murguía, tamén escritor, co que tivo varios fillos e fillas. Nunca disfrutou de boa saúde, polo que lle tocou pelexar coas enfermidades ata que morreu aos 48 anos na súa casa de Padrón, preto de Santiago, casa convertida hoxe en día nun museo sobre ela.

- Conta, conta algunha desas curiosidades sobre ela que ti sabes.

- Pois mira, sabemos que xa na escola mostrou o seu talento como versificadora, é decir, como creadora de versos, e que lle gustaban a música, o debuxo e a recitación.

- E que nos podes contar do que escribiu?

- Pois que os seus primeiros versos xa os compuxo aos 12 anos e qeu xa escribira o seu primeiro libor con 17; que no seu libro "Cantares Gallegos" puxo voz á alma do pobo galego e qeu no último qeu publicou, titulado "Follas Novas", expresa a súa maneira de ver a vida, un tanto tristeira...

- Non me estraña tendo en conta as adversidades que lle tocou afrontar.

- O caso é qeu era unha muller volcada na familia, qeu nunca aspirou a fama ningunha. Foi o seu home, Manuel Murguía, quen a convenceu para que publicara as súas obras.

- Quizáis se están a preguntar os nosos oíntes por que Rosalía ten tanta sona como escritora.

- Pois porque o seu grande libro, titulado "Cantares Gallegos", foi a primeira obra escrita en galego nunha época na que a lingua galega desaparecera na escrita.

- Claro, claro. Iso explica por que está considerada como unha figura clave no Rexurdimento galego, é dicir, na recuperación do galego como lingua escrita.

- Esperamos qeu se agora ledes ou escoitades algún dos seus versiños sintades algo do sentimento con que ela os escribiu.

- E de sentimentos sabía Rosalía un montón, ela que tivo paixón pola súa terra, Galicia, e qeu sempre a botou de menos cando lle tocou vivir lonxe dela.

- Grazas, Rosalía polo teu legado.

 

Ademáis de todo esto fíxose tamén unha presentación resumo da súa obra que adxuntamos.

sentímolo, flash non está dispoñible.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

 

Para este curso o colexio ten previsto levar a cabo as seguintes conmemoracións e festivais.

  • Magosto, 9 de novembro.
  • Día internacional contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro.
  • Conmemoración da Constitución e Estatuto de Autonomía de Galicia entre o 1 e o 11 de decembro.
  • Día da Declaración Universal dos Dereitos Humáns, 10 de decembro.
  • Festival de Nadal, 21 de decembro.
  • Día Mundial da Paz, 30 de xaneiro.
  • Entroido, 8 de febreiro.
  • Día Internacional da Muller Traballadora, 8 de marzo.
  • Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, 15 de marzo.
  • Semana da Prensa na escola entre o 11 e o 15 de marzo. Un día desta semá traballarase na aula con xornais.
  • Día Mundial da Saúde, 7 de abril.
  • Día do libro entre o 12 e o 30 de abril.
  • Día de Europa, 9 de maio.
  • Semana das Letras Galegas entre o 9 e o 17 de maio.
  • Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño.

Outras actividades a realizar ao longo do curso son:

- EDUCACIÓN INFANTIL:

  • A Caixa de Música(Viravolta títeres), 2 de maio, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Organiza NovaCaixaGalicia e participa 5º de E.I.
  • Certame de Nadal do CEIP CASÁS: “Marcadores de Páxinas.
  • Saída á “Granxa Garabullos” ( Sistallo- Cospeito (Lugo)) ou á “Casa do Queixo” (Grixalba- Sobrado dos Monxes- A Coruña). Participa 5º de E.I.A
  • Programa de Consumo Responsable. Organizado polo Instituto Galego de consumo. Organizado polo Instituto Galego de Consumo. Temporalización 1º trimestre.
  • Certames concursos e saídas organizados por distintos organismos sexa concello, deputación, caixagalicia….
  • Saídas ao entorno.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

  • Happy ever after ( Blue Mango Theatre). Data 13 de marzo de 2013. Lugar Auditorio Gustavo Freire. Organiza Nova Caixa Galicia. Participan 1ª ciclo.
  • Teatro El camino del Lobo. Zarándula producciones. Data 17 de abril de 2013. Lugar Auditorio Gustavo Freire. Participa 3º ciclo.
  • Actividades do PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO “López Mella” ( Pit). Organizado polo Concello de Lugo
  • Saída á Marcelle Natureza- 1º ciclo
  • Visita a Sogama- 1º ciclo
  • Visita a Endesa- 1º ciclo
  • Saída Mariñeiros por un día ( visita oa porto de Celeiro)- 3º ciclo
  • Actividades para os colexios do mel de Galicia ( todos os ciclos)
  • Recoatlancico recuperación de consumibles ( actividade de reciclado de cartuchos de impresoras)- Todos os ciclos.
  • Concurso de Felicitación “ El obradoiro y la navidad”- Todos os ciclos
  • Saída ao Museo Provincial de Lugo- Participa 1º ciclo. A data sería o 12 de marzo de 2013.
  • Saída ao Museo Interactivo ( MHIL). Participa 3º ciclo.
  • Concurso ¿ Qué es un Rey para ti? . Participa 3º ciclo
  • Certame de Nadal do CEIP CASÁS: “Marcadores de páxinas”. Todos os ciclos.
  • Programa de Consumo Responsable. Organizado polo Instituto Galego de consumo. Organizado polo Instituto Galego de Consumo. Temporalización 1º trimestre. Participan todos os ciclos.
  • Campaña de Recollida Selectiva e Reciclaxe. Organizada pola Consellería de Medio Ambiente. Participa 3º ciclo. A data sería o día 30 de novembro.
  • XIX Certame de debuxo Educar para previr, 2012.  Lema: “Qué é par ti un avó e/ou unha avóa?. Organiza Concello de Lugo, servicio municipal de Prevención de drogodependencias. Participa todo Primaria.
  • Proxecto “Piloto” que se levará a cabo entre o Servicio Municipal de prevención de Drogodependencia do Concello de Lugo e o IES Leiras Pulpeiro e o CEIP CASÁS. Organiza á Consellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude. Participan 3º ciclo.
  • Participación no Programa “de Cooperación Territorial Escolas Viaxeiras”. Organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes. Resolución do 05 de novembro de 2012, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para participación no Programa de Cooperación Territorial “Escuelas viaxeiras” durante a primaveira do 2013. Publicado no BOE Nº 280 do mércores 21 de  novembro de 2012. Participa 6º de E.P
  • Certames concursos e saídas organizados por distintos organismos sexa concello, deputación, caixagalicia…
  • Saídas ao entorno

Xubilación dunha mestra

 

O equipo docente do CEIP CASÁS de  Lugo rendiu unha homenaxe a súa compañeira Dª Mª Carmen López Bonigno que deixa o cargo no centro con motivo da súa xubilación. O acto tivo lugar o 15 de febreiro nunha cea celebrada na Taberna do España da capital lucense.

Os compañeiros entregaron á homenaxeada unha pulseira para que “lembre o cariño que lle tiña a Comunidade Educativa”. Mª Carmen desempeañaba a súa labor no centro dende hai uns 12 anos e caracterízase por ser unha excelente traballadora e moi querida polo alumnado.

 

Día Internacional Cancro Infantil

Oxe é o día Internacional do Cancro Infantil. No noso colexio queremos colaborar coa loita contra esta enfermidade, se ves o vídeo de Macaco, estás donando 5 cts. para a loita contra él. 

Aquí vos deixamos o vídeo para que o vexades.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido