C.E.I.P. de Casás

 

 

Colexio de Educación Infantil- Primaria "CASÁS"

 Código do centro: 27013673

Enderezo Postal: Rúa Orquídea nº 63

Código Postal: 27004

Teléfono: 982 870 483

Fax: 982 870 488

Correo Electrónico: ceip.casas@edu.xunta.es

Páxina Web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipcasas

Horario: 9:30-14:30

 

 

BENVIDA


 

 

DIRECTORA: Mª ISabel Ferreiro Rodríguez

HORARIO DE DIRECCIÓN: 

Luns a Venres 9:30-10:25 e 13:35-14:30 

O meu nome é ISABEL, son a DIRECTORA deste centro educativo e douvos a benvida á páxina web deste excelente colexio público ubicado no extrarradio da cidade de Lugo pero que oferta unha EDUCACIÓN DE CALIDADE para todo o alumnado, independientemente das súas condicións e circunstancias, co fin de favorecer a maduración integral do nen@.

A miña función de DIRECTORA conleva cultivar diversos factores que son clave para que o colexio sexa eficaz, pero o bó funcionamento do colexio non se debe só a miña persoa, senón que é o resultado da coordinación, o esforzo e horas de traballo dun excelente Claustro de Mestres, unha ANPA que colabora activamente co centro, persoal non docente, alumnado e como non gracias a dotación de recursos das Administracións tanto Consellería de Educación (Xunta de Galicia) como Concello de Lugo, que colaboran activamente co noso centro.

En canto aos recursos cos que conta o colexio podédelos visualizar no TRÍPTICO INFORMATIVO que aparece na marxe esquerda desta páxina web.

Se queredes obter máis información podedes pasar polo centro, estaremos encantados coa vosa presencia.

Un cordial saúdo.

A DIRECTORA.