O 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, autora nuclear da nosa literatura. Ao longo da semana, o Equipo de Biblioteca colaborou coas aulas na realización de diferentes actividades en torno a esta figura senlleira, promovendo a posta en valor e traballo da expresión literatura, musical e plástica. Velaquí algunha mostra das actividades desta intensa semana:
- MURAIS DE AULA:
O alumnado elaborou un mural colectivo recompilando fragmentos de diferentes poemas da autora. Cada ciclo deu vida a un petalo da flor de Rosalía, recollendo nel os poemas traballados.
Tamén se realizaron coloridas representacións da famosa silueta de Rosalía.
- LECTURA E REPRESENTACIÓN DE TEXTOS DA AUTORA:
O día 23 celebramos no patio do cole unha emotiva representación de textos da autora. A etapa de infantil representou conxuntamente o poema "O Moucho" cunha coreografía; a ala de 5 anos coreografiou tamén o poema "Este meniño". O 1º ciclo de primaria recitou "Adeus ríos, adeus fontes"; o segundo ciclo musicou "Vente rapasa", 3º a ritmo de rap e 4º a ritmo de muiñeira con acompañamento de castañuelas e pandeiretas. Pecharon o acto as aulas do 3º ciclo recreando as versións de "Negra sombra" de Luz Casal e Astarot, respectivamente.
O día 24 levamos as representacións a un acto público organizada polo concello, acompañados polo CEIP do Pindo.
- MONÓLOGO TEATRAL SOBRE A VIDA E OBRA DA AUTORA:
O actor Pedro Brandariz, tristemente falecido nesta mesma semana, arrancaba as actividades sobre Rosalía cun fresco e didáctico monólogo sobre a súa vida e obra. Esta actividade enmárcase na programación do concello en homenaxe á autora.
- EXPOSICIÓN DE OBRAS DA AUTORA:
A zona de exposición do corredor destinada á biblioteca vestiuse de gala cunha escolma de obras rosalianas.