Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado

2 ABRIL DIA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O DIA 2 DE ABRIL CONMEMOROUSE A NIVEL MUNDIAL O DIA DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

No CEIP Carnota este luns 3 de abril fixemos algunhas cousiñas tamén para coñecer máis sobre as persoas con autismo.

 

Documentos do centro

Nesta nova sección iremos pondo a disposición da Comunidade Educativa a información e documentos de caracter público do Centro.

Un saúdo.

Algúns deles están sendo revisados, polo que  non son definitivos.

Diferenciamos entre os Documentos do Centro e os Formularios de uso cotiá no centro, coa finalidade de que sexa máis sinxelo atopar o que se precise.

DOCUMENTOS DO CENTRO

Normas de Organización, funcionamento e convivencia

NOFC

Plan de Convivencia

Proxecto Educativo de Centro

PEC (Renovado no curso 2018-2019)

Programa de Prevención do Acoso Escolar
   
   
   

 

Formularios

 

 Solicitude atención equipo directivo Anexo I - Reserva de praza
 Notificación de falta de asistencia  Anexo II - Solicitude de Admisión
 Xustificación de falta de asistencia  Anexo III a- Solicitude de Matrícula EI-EPrimaria
 Autorización recollida alumnos 5º e 6º e irmáns menores  Anexo III b- Solicitude de Matrícula ESO
  Solicitude de admisión extraordinaria (fora do prazo establecido)
Modelo autorización imaxe menores TVG  

Relación de vacantes para o curso 2018-2019 tras o proceso de reserva

 

RELACIÓN DE VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2018/2019

 

Vistas as solicitudes de reserva e o alumnado xa matriculado no centro que promociona, a relación de prazas queda como segue:

 

 

 

CURSO

Prazas

Promoción

Reservas

 

 

Alumnado NEAE reserva/promociona

Praza oferta alumnado

NEAE

Total vacantes

4º EI

25

0

 

 

3

22+ 3 NEAE

5º EI (*)

10

5

     

5

6º EI (*)

10

2

 

 

 

8

1º EP

25

12

5 0

3

5+ 3 NEAE

2º EP

25

10

 

 

 

15

3º EP

25

10

 

 

 

25

4º EP

25

25

 

 

 

0

5º EP

25

15

 

 

 

10

6º EP

25

10

 

 

 

15

 

 

 

(*) Actualmente no centro somentes se ofertan dúas unidades de Educación Infantil, unha delas mixtas.

 

(**) Actualmente o centro ten autorizado un desdobre que debería manterse en cursos vindeiros(escolariza dous alumnos con NEAE), pero que non temos garantías de que siga o desdobre en cuarto.

 

 

 

Relación cos datos do alumnado matriculado no presente curso e coa información aportada dos centros adscritos: Escolas Unitarias de O Viso e Portocubelo, para o vindeiro curso.

A dirección

 

 

 

 

 

HORARIO DO EQUIPO DIRECTIVO

ORARIO DO EQUIPO DIRECTIVO

HORA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

9:45

10:40

  SECRETARIA

 DIRECCIÓN

  DIRECCIÓN

 SECRETARÍA

 DIRECCIÓN

SECRETARIA

DIRECCIÓN

  SECRETARÍA

XEFATURA

10:40

11:35

 DIRECCIÓN

 

XEFATURA

 SECRETARÍA

XEFATURA

DIRECCIÓN

 

  DIRECCIÓN

11:35

12:25

       

 

 

12:25

12:55

         

12:55

13:50

   

 

 XEFATURA  

13:50

14:45

 DIRECCIÓN    XEFATURA  

 

 

 

No presente curso, coa fin de de facilitar a atención, establécese no horario de Secretaría, Xefatura de Estudios e Dirección unhas horas de atención preferente ás familias (no horario as sombreadas en azul) Lembramos que ditos cargos teñen máis atribucións que as meramente administrativas, con carga horaria lectiva e de gardas de substitución. Pregamos que na medida do posible concerten cita e fagan uso desas hora de atención preferente.

Coa fin de axilizar os trámites, facilitarase unha ficha sobre o trámite que se desexa facer.Clicar aquí para descargar en PDF

 

 

TRANSPORTE ESCOLAR

 

INSTRUCCIÓN 3/2016 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSTARIA, DO 30 DE MAIO, SOBRE XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR NO CURSO ESCOLAR 2016-2017

 

- USUARIO LEXÍTIMO: será usuario lexítimo do transporte escolar gratuito o alumnado cuxo domicilio se encontre fora do núcleo urbano no que radique o centro escolar, e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km. Calculada utilizando o itinerario máis directo.

- Para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso.

- USO DO SERVIZO POR PERSOAS DISTINTAS DOS SEUS USUARIOS LEXÍTIMOS

- O alumando de ensino obrigatorio e segundo ciclo de E. Infantil, cuxo domicilio esta situado a unha distancia calculada utilizando o itinerario máis directo, do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.

- Autorización excepcional:

 

  • Existencia de prazas vacantes

  • Non signifique modificación de rutas, creación de novas paradas, non incremente a duración do traxecto.

 

Serán expedidas pola Xefatura Territorial.

 

Circunstancias a ter en conta:

 

  • Discapacidades.

  • Curta idade dos alumnos

  • Distancia que exista entre o domicilio do solicitante e o centro escolar.

  • Condicións das estradas

  • Situación económica

 

Deberán renovarse cada curso e concédense en precario, podendo revagar se cambian as circunstancias que se xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado con dereito preferente.

PÓDESE DESCARGAR AQUÍ O DOCUMENTO COMPLETO DAS INSTRUCCIÓNS

Procedemento de matrícula

O prazo de matrícula ordinario é do 20 de xuño ao 30 de xuño, ambos inclusive.

Deberá presentarse debidamente cumprimentado e asinado o anexo III- (Clica aquí para acceder ao anexo), xunto coa seguinte documentación (agás a que se presentase no proceso de admisión):

  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI do alumno en caso de telo.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • Certificado do pediatra para a escolarización.
  • 2 fotos tamaño carné.

Non esquezan sinalar si solicita uso do transporte escolar.

Reserva, Admisión e matrícula do alumnado curso 2019-20

Segundo a orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para ensinanzas do 2º ciclo de Educación Infantil, Eduación Primaria, ESO e Bachelerato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, informamos do calendario previsto para a reserva de praza, solicitude de admisión e matrícula do alumnado para o curso 2019/2020.

 

Do 1 ao 15 de febreiro

Reserva de praza : para o alumnado procente dos centros adscritos (alumnado procedente das escolas unitarias para cursar 1º - entregarase nas escolas de O Viso e Portocubelo, e alumnado de 6º  para cursar 1º da ESO farao no CEIP de Carnota). A reserva pode facerse polas familias na aplicación <<admisionalumnado>>, ou cubrindo o anexo I (clicar aquí para anexo en galego) (clicar aquí para anexo en castelán) imprimilo e presentalo no centro ou cubrindo o anexo que se lle facilita e entregandoo no centro.

En caso de non autorizar a consulta de datos deberá achegar os documentos relativos á identidade, domicilio fiscal, renda anual per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa, diascapacidade do proxenitor, irmáns ou alumno/a.

Documentación a achegar co anexoI: Documento acreditativo da idade do alumno (DNI ou fotocopia do libro de familia onde aparezan os proxenitores e onde apareza o alumno),

 

21 de febreiro

Sorteo público desempate, en caso de superar a demanda á oferta.

25 de febreiro

Publicación dos postos escolares  vacantes (clicar para máis información)

Do 1 ao 20 de marzo (días lectivos)

Presentación solicitude admisión: para alumnado procedente de centros non adscritos (alumnado que desexa cambiar de centro) e alumnado novo (alumnado para E. Infantil de 3 anos).Teñen toda a información no documento adxunto ao pé da páxina ou clicando aquí. Poderá facerse na aplicación <<admisionalumnado>> dentro do prazo, ou a través do formulario Anexo II en galego ou Anexo II en castelán

 

Presentación documentación xustificativa(no caso de haber máis demanda que oferta)

 

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

 

Publicación das listaxes definitivas

 Do 20 ao 30 de xuño

Formalización dematrícula en EI e EP: todos os que teñan feita a reserva e a solicitude de admisión. Anexo III-1

 Do 25 de xuño ao 10 de xullo

Formalización de matrícula en ESO e BA. Anexo III-2

 

 

O alumnado xa matriculado no centro non necesita realizar de novo o proceso de admisión nin reservar praza.  (artigo 9.1).

A reserva de praza adquire carácter vinculante e é incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (artigo 11.2), salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar.

A lexislación citada está a disposición dos interesados na web da consellería. Para consultar premer aquí

Poden descargar clicando aquí un resumo da lexislación coa información máis relevante

Orde do 12 de marzo de 2013 sobre o proceso de reserva, admisión e matrícula en centros docentes (versión completa)

Validación do CELGA

 

As validacións das materias de língua galega de Educación Xeral Básica (EXB) veñen reguladas pola Orde de 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a  Orde de 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (CELGA) e a corrección de erros da orde do 16 de xullo de 2007 - DOG do 13 de setembro de 2007.Ademais

As validacións de CELGA 2 serán expedidas nos centros onde se cursaron as ensinanzas de EXB, ou nos centros onde se cursou FP, bachelerato ou ESO, sempre que o título se obteña no centro e non en probas libres.

Validación do CELGA 2 no CEIP de Carnota: Para a súa validación o/a interesado/a, ex-alumno/a deste centro, deberá ter acadado o título de Graduado Escolar neste centro, e ter cursada de maneira oficial a materia de lingua galega en tódolos cursos da EXB en centros de ensino de Galicia. Para axilitar o trámite prégase que para a solicitude se aporte o libro de escolaridade.

Neste centro non se validarán CELGAs 2 cando o/a interesado non reuna os requisitos anteriores, como pode ser non ter acadado o título de Graduado Escolar, non ter cursada a materia de lingua galega en todos os cursos da EXB ou que  o Graduado Escolar o obtivese por libre, xa que de ser así deberá solicitar a validación no Servizo de Inspección Educativa de Santiago.

Como novidade a nova orde establece a validación do CELGA 1 para aquelas persoas que cursasen e superasen en Galicia de maneira oficial a materia de Lingua Galega en todos os cursos de Educación Primaria ou en seis cursos de EXB

Lembramos que os/as interesados/as que teñan estudos de Bachelerato ou FP deberán facer a solicitude no centro onde os cursaron.

Pódese ampliar información na páxina de Política Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Pode solicitar información a través do noso email: ceip.carnota@edu.xunta.es. Se considera que reune os requisitos tamén pode enviarnos a solicitude por e-mail (aportando entre outros datos, nome completo, dni, celga que solicita e número de teléfono de contacto) e porémonos en contacto dende o centro.

Fondo Solidario de Libros, Axuda adqusición de Libros e Material Escolar 2018-2019

LISTAXES DEFINITIVAS FONDOLIBROS E REPARTO FONDOLIBROS+BANCO LIBROS ANPA 2018-2019

DISPOÑIBLES AS LISTAXES DEFINITIVAS DE LIBROS SOLICITADOS A TRAVÉS DE FONDOLIBROS - CLICA PARA DESCARGAR

DISPOÑIBLES A LISTAXE DO REPARTO COMBINADO DO FONDOLIBROS E BANCO DE LIBROS DA ANPA  - CLICA PARA DESCARGAR

ENTREGA DE VALES DE LIBROS (1º E 2º) E VALES DE MATERIAL (1º A 6º) DO LUNS 9 AO VENRES 13 DE XULLO, DE 10 A 14 HORAS. TAMÉN DENDE O 1 DE SETEMBRO

 

 

 

Listaxes provisionais de admitidos e excluidos:

Publicamos somentes os admitidos, pois xa nos comunicamos persoalmente coas familias das solicitudes excluídas. Nos admitidos comprobade que a asignación sexa a esperada en función da renda. Aquí hai alumnado sen asignación xa que segundo Facenda supera o límite. Esta información estará no taboleiro do centro.

CLICA para descargar o ficheiro

 Tamén facemos pública a listaxe provisional de vales. Mañá colocarémola no taboleiro do centro ou porta principal. O prazo para reclamacións será de dous días, a contar dende mañá. Revisade por si considerades que pode haber erros. Despois pasará a definitiva e non se poderá reclamar.

Ver listaxe de vales provisionais (material Primaria e libros 1º e 2º)

 A DATA PREVISTA PARA A PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA SERÁ O LUNS 9 DE XULLO.

DATA PREVISTA PARA A ENTREGA DE VALES: LUNS 9 DE XULLO

(RECOMENDAMOS ESPERAR A SABER QUE MATERIAL SE VAI SOLICITAR PARA GASTALO)

 

Publicada a ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Pódese acceder ao formulario clicando aquí 

A información completa pode consultarse na web da xunta: https://sede.xunta.es/

Ademais de descargar o formulario poderase solicitar copia para cumprimentar na conserxería do centro. O formulario é único para os tres tipos de axudas (Fondo solidario, Axuda para adqusición de libros (1º e 2º) e adqusición de material). A solicitude será única para todos os fillos admitidos neste centro.

AXUDAS LIBROS: Só poderán solicitar axuda para alumnos que vaian cursar 1º e 2º de Educación Primaria.O alumno para o que se solicita axuda terá que ter devoltos como moi tarde o 22 de xuño os libros mercados co vale do curso 2017-2018, de ser o caso. O alumnado de 3º,4º, 5º e 6º de primaria deberá solicitar libros a través do Banco de Libros Solidario que tamén se fará a través do mesmo modelo de solicitude (anexo I) ao centro do 22 de maio ao 22 de xuño, ambos inclusives.

Lembramos que o alumnado que adquiriu libros co vale da axuda de libros no curso 2017/2018 e os beneficiarios do fondo solidario de libros , asinou ao facer a solicitude o compromiso de entregalos en bo estado ao remate de curso (data límite 23 de xuño). Non se entregarán os de 1º e 2º de EP, por consideralos como material non reutilizable.

O alumnado que no curso 2018/2019 vaia cursar 1º da ESO deberá entregar a solicitude de participación no fondo solidario de libros no Instituto onde fosen admitidos no mesmo prazo que en primaria , e previamente deberá ter entregado, de ser o caso, os libros prestados do fondo solidario e do banco de libros no CEIP de Carnota o máis tardar o 22 de xuño, para proceder a cargar a entrega dos mesmos na aplicación do Fondo Solidario de Libros, requisito para solicitar a axuda no curso 2018/2019.

Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

O prazo para a presentación das solicitudes vai do 22 de maio ao 22 de xuño inclusives. Coa fin de tramitar o antes posible o vale, rógase que a solicitude e documentación necesaria se entregue no centro no horario de atención de secretaría ou dirección antes do 15 de xuño. Pódese obter máis información neste link

 

Instruccións e documentación:

 

Requisitos:

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2018/2019, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros para a solicitude de axudas.  Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria. No caso do Banco de Libros, o reparto farase atendendo as solicitudes en orde inversa á renda per cápita, podendo ser beneficiarios aqueles alumnos con renda per cápita superior si houbese existencia suficiente de libros no cento.

Lugar de presentación.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles  na aplicación  informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común (por exemplo o portelo único no Concello de Carnota).

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As solicitudes, segundo o anexo I á orde de convocatoria,  tamén poderán entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado ou admitido o alumnado. No caso de non estaren admitido en ningún centro a solicitude presentarase no centro onde estea matriculado no presente curso para que quede rexistrada a entrega da mesma en prazo.

Presentarase unha solicitude única por todos os fillos matriculados no mesmo centro, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria nun mesmo centro, deberá presentar unha única solicitude.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda, con independencia de que puidera estar escolarizado en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2018/2019.

 

Prazo de presentación.

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:

 Para o alumnado de educación primaria e educación especial e 1º da E.S.O.: do 22 de maio ao 22 de xuño, ambos inclusive.

Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia,  o prazo será de un mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2019.

Solicitudes e documentación

1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e tamén se poderán descargar en formato pdf.

Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.

 

2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2016, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2016:

  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, segundo establece o Decreto 229/2011, do 7 de decembro (Diario Oficial de Galiciado 21 de decembro), unicamente deberá presentar a solicitude de axuda.
O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% só ten que presentar a certificación emitida polo órgano competente do grao de discapacidade, xunto coa solicitudeda axuda

 

3.  A documentación complementaria (que acompañe á solicitude) presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente, ou en calquera dos lugares e rexistros esta blecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo comúnA documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

4.  O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas: DNI ou NIE, Declaración do imposto sobre a reda das persoas físicas ou na falta desta, certificado tributario de imputacións no exercicio 2016, grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grade invalidez, clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente (equivalente a unha discapacidade inferior ou igual ao 33%). IMPORTANTE: os datos que figuren na solicitude deberán coincidir cos DNI das persoas que se relacionen, pois o sistema de comprobación rexeitará as solicitudes.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos

Contía das axudas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2016:

Educación primaria:

Axudas adquisición libros 1º e 2º:

    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

     

  • Fondo solidario: Orde inversa á renda per cápita. Renda inferior a 5400 € asignarase 6 libros. Renda superior a 5400 e inferior a 9000€ asignaranse 4 libros. De non ser suficientes serán adquiridos polo centro para garantir eses libros. O alumnado con renda superior a 9000€ poderá recibir libros si no fondo do centro quedan libros tras atender as solicitudes de alumnado coa renda inferior a 9000€ pero non se adquirirán libros para eles.
  • Axudas adquisicón de material escolar Renda inferior a 5400€.

 

Para calcular quen ten dereito ás bolsas, agregaranse as rendas de cada un dos membros da familia que obteñan ingresos, tendo en conta o exercicio fiscal de 2016 (calcular sumando os recadros 392 e 405), dividindo a renda entre o número de membros computables da unidade familiar (pai, nai, alumno e irmáns). A estes efectos, computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Para aqueles solicitantes que non tiveron obriga de presentar a declaración da renta do exercicio 2016, deberán sumarse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2016

Os datos que deben figurar (datos familiares) son referidos ao 31 de decembro de 2016

Fondo solidario de libros

A documentación e prazo de presentación serán os mesmos que para a axuda de libros e material escolar

O centro asignará o uso dos libros de texto dispoñibles por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. Non obstante, o alumnado que estea en tutela ou garda da Xunta de Galicia e o que teña discapacidade igual ou superior ao 65 % terá preferencia para a adxudicación dos libros de texto.

 

Rematado o prazo farese pública a comezos do mes de xullo, antes do 4 de xullo, no taboleiro de anuncios e/ou na páxina web do centro a relación provisional de solicitudes admitidas, e relación provisional de solicitudes excluídas por algunha das seguintes causas: presentada fóra de prazo, falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación, falta da devolución dos libros de texto adquiridos coa axuda do curso 2016/17. A data fixa farase pública nesta mesma páxina e no taboleiro de anuncios do centro antes do comezo do mes de xullo.

As persoas interesadas poderán formular reclamación no centro nos dóus días seguintes á publicación do listado.

 

A relación definitiva de solicitudes admitidas e, de ser o caso, a de excluídas, publica publicarase o día  no taboleiro de anuncios e/ou páxina web do centro docente, respectando os correspondentes prazos de reclamación, e antes do 18 de xullo.

Os libros asignados no fondo de libros serán entregados a comezos do mes de setembro. No momento de recollelos o solicitante asinará un compromiso de coidado e devolución da relación dos libros que recibe do fondo solidario.

 

Para calquera dúbida que poda presentárselles, chamen ao centro.

 

Un saúdo, A Dirección

 

 

 

O CEIP de Carnota

Imaxe do centro

O noso centro está na capital do concello de Carnota, na Praza de San Gregorio, a carón do Centro de Saúde e un pouco por riba da Casa do Concello.

Mapa Carnota
 Vista aérea do centro

 

O noso concello está situado na Costa da Morte, entre os concellos de Muros e Dumbría de cara a costa, bañado no oeste polo Océano Atlántico. É o noso un concello pequeno e de poucos habitantes, que tende ademais á despoboación, con pouca natalidade e cunha permanente baixada de poboación, sobre todo dos novos, que van na procura de oportunidades nas vilas grandes.

 

Contactar

Dirección Postal:

Praza de San Gregorio, nº 20

15293 CARNOTA

(A Coruña)

Teléfonos:

Secretaría: 881866796

Dirección: 881866795

Fax: 881866797

 

E-mail: ceip.carnota@edu.xunta.es

O Noso Centro

fachada
Na praza de San Gregorio, tras pasar o edificio do concello e o do Centro de Saúde, está o noso centro.
Un edificio cuns 35 anos que ven de recibir un "retoque" xa que recentemente foi pintado nas paredes do exterior.

Benvida

Benvidos ao espacio do Colexio de Carnota.

Carnota é un concello de Galicia que se encontra no extremo sur da chamada Costa da Morte, a metade de camiño entre o Cabo Fisterra e a ría de Muros. O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Carnota é o colexio público de maiores dimensións do Concello de Carnota. Na actualidade cursan estudos no centro 130 alumnos e alumnas entre os 3 e os 12 anos de idade. Hai 35 anos, no curso 1972/73 inaugurouse o centro agrupando nenos e nenas que anteriormente estudaban en escolas parroquiais e municipais de Carnota. Durante os trinta e cinco anos de historia do centro leváronse adiante variadas iniciativas culturais e educativas, como foron a elaboración de revistas escolares como "A Nosa Revista"(hoxe xa desaparecida) participación en competicións deportivas escolares (a través dunha Agrupación Deportiva xa desaparecida) posta en funcionamento dunha Aula de Teatro (grupo de teatro estable formado por alumnos do centro) creación dunha Aula de Medio Ambiente (equipo de mestres co obxectivo de deseñar actividades de educación medioambiental) creación da Asociación Cultural "Proxecto Carnota" e coordenación da revista de medio ambiente escolar "O Moucho", en colaboración con sete colexios públicos da zona. Nestes sete últimos cursos organizamos en colaboración cos colexios Emilio Navasqües do Cruceiro de Roo, Ricardo Tobío de Esteiro (Muros) e o CEIP de Louro as Xornadas de Xogos Populares e Tradicionais.

Portada da Revista escolar As Liñeiras

Actualmente temos creada unha nova revista escolar chamada "As Liñeiras", con catro números xa editados. As actividades parten agora das iniciativas dos equipos de ciclo, o equipo de actividades extraescolares e complementarias e a ANPA Se tes algunha cousa que nos dicir ou contar, ou consulta que facer, non duvides en pórte en contacto a través do noso correo ceip.carnota@edu.xunta.es

Fachada oeste do CEIP de Carnota D

Powered by Drupal - Design by artinet