Estimadas familias:
Informamos de que veñen de ser publicadas a INSTRUCIÓN 1/2020DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 8 DE XUÑO, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR NO CURSO ESCOLAR 2020-2021
Como novidade, no presente curso temos que resaltar a inclusión nas mesmas dunha cláusula adicional de salvagarda, que en resumo deixa condicionado que a prestación do servizo poida ser modificado a través dos oportunos protocolos que sexa preciso elaborar. Entedemos que isto repercutirá principalmente nos usuarios non lexítmos do transporte, é dicir, nos solicitantes de uso excepcional do transporte escolar.
Seguindo as instrucións, e coa fin de organizar as rutas para o curso vindeiro e a asignación de autorizacións de uso excepcional, achegamos adxunto o modelo de solicitude de uso excepcional, lembrando que, estas autorizacións poderán ser rebogadas en calqueira momento se fose necesario asignar algunha praza a algún novo alumno coa condición de usuario lexítimo. A resolución de solicitudes atenderase ás instruccións de dita orde e que veñen resumidas na solicitude, determinándose os beneficiarios das prazas vacantes en cada ruta no seo do Consello Escolar.
Clica para descargar a solicitude aquí
Coa fin de resolver o antes posible as solicitudes, fíxase como prazo límite o 10 de xullo de 2020 para entregar as solicitudes no centro.