Aquelas

Semana europea da prevención de residuos - 2018

Facémonos eco da proposta de SOGAMA sobre a Semana Europea da Prevención de Residuos para esta semana.

Podedes acceder á información clicando neste link.

Parécenos moi interesante para tratar na familia o anexo que trata sobre o consumo: Manual Reducir e Sumar (clica para descargar)

Tamén aporta un recetario de cociña para aproveitar as sobras, nun ficheiro en pdf máis pesado que podedes descargar desde a páxina de Sogama.

Quieto parado

As normas e a seguridade, normas de seguridade

 

Normas...?

Que sería de nós sen normas?, imaxina que non existise o código de circulación que son as normas que regulan a circulación de vehículos polas estradas...

...moitas normas?

Poida que teñamos normas de máis, normas para conducir, normas no colexio, normas para cando vás á praia, normas cando viaxas en tren ou avión, normas e máis normas...

 

E onde vai a nosa liberdade?

 

e, para que as normas?...

Imaxina que queres facer o que che peta. Estaria guai.

Sería moi divertido...

Non as necesitamos

Pero si o que está ao teu lado decide facer tamén o que lle peta e iso consiste en quitarche as túas cousas, iso estaría guai?, non?, e logo?.

A claro, así facer o que che peta so mola si o fas ti, pero que cho fagan a ti non mola.

Pois para iso hai normas.

...ou si?

Somos moitos e para que poidamos vivir xuntos necesitamos normas para como comportarnos, para circular polas rúas ou polas estradas en coche, para ir ver unha peli ao cinema. Normas, e aínda por riba, alguén vai ter que facer de garda para que os demais e tamén nós cumplamos as normas.

 

Vaia lío. Pero temos que recoñecer, que habendo normas nos sentimos máis seguros.

Cumpramos as normas...

Respectando as normas respectámonos entre nós.
Respectaranche os teus dereitos, a ti, aos que ti queres e tamén ao que é teu.
Si todos cumprimos as normas estaremos mellor e máis seguros.

 Unha norma que vale para case todo...

Non lle fagas aos demais o que non che gustaría que che fixeran a ti.

Empezamos a traballar as normas?...

Seguridade en Internet na Familia

No presente curso centrámonos na SEGURIDADE,  como proxecto do centro. Engadimos aquí algúns videos con titoriais sobre distintos riscos de Internet e recomendacións da Axencia Española de Protección de Datos que cremos poden sernos de axuda.

Título e Link ao video Descripción da temática
HABLEMOS DE LAS NUEVAS TECNOLOGÍAS Unha introdución ao mundo das novas tecnoloxías
LA PRIVACIDAD EN INTERNET Qué entendemos por privacidade en Internet
CONSTRUYENDO CONTRASEÑAS SEGURAS Como constuir contrasinais seguras

¿QUÉ HACEN NUESTROS MENORES EN INTERNET?

Que é a amizade en Internet.
ORFANDAD DIGITAL Non os deixemos sós
FUENTES DEL PELIGRO Y CONTROL PARENTAL Perigos e control parental
ACOSO ESCOLAR Y SU TIPOLOGÍA Ciberacoso
DEPREDADORES EN INTERNET Modus operandi do ciberacosador
PROTEGE A TUS HIJOS EN INTERNET Como protexer
OUTROS RECURSOS (LINKS DE INTERESE)
INSTITUNO NACIONAL DE CIBERSEGURIDAD Recursos para pais e máis
   
   
   

Patios dinámicos

 

 

Os martes no patio do Ceip Carnota hai zumba!

 

Non fai falta nin apuntarse achégate ao patio de arriba e ponte a bailar.

 

 

O MUSEO DO PRADO

                                          O MUSEO DO PRADO

O Museo do Prado (oficialmente Museo Nacional del Prado) situado en Madrid é unha das pinotecas máis importantes do mundo,singularmente rica en cadros de mestres dos séculos XVI ao XIX.

Desde que foi inaugurado en 1819 e ao largo da súa historia centenaria,cumpliu coa alta misión de conservar,éxpoñer e enriquecer o conxunto das coleccións e obras de arte que, estreitamente vinculadas á historia de España,constituen unha das máis elevadas manifestacións de expresión artística de recoñecemento valor universal.

O seu principal atractivo radica na ampla presenza de obras de Velázquez,Goya,Tiziano e Rubens,dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial,ao que hai que sumar as colección de autores como El Greco,Murillo,José de Ribera,Zurbarán,Rafael,Veronese, Tintoretto,Van Dyck ou Hieronymus Bosch entre outros.

O Prado ten máis de mil obras depositadas en diversos museos,entre elas Galicia.

O Museo de Belas Artes da Coruña posúe 75 cadros,como A Apoteose de Hercules de Jean Baptiste Borkens.No Museo de Pontevedra hai outras 74 obras, entre elas un cadro atribuído a Antonio Puga,nado en Ourense.

Outras 30 están depositadas no Museo Provincial de Lugo.

En xeral, as obras presentes en Galicia teñen algunha relación cos museos nos que están, como o Santiago peregrino de Juan Flandes.Ou Ría de Mera.Costas galegas, de Francisco Llorens.

 

 

                                                                                                          Autor: Sofía Tajes Caamaño

                                                                                                                         Grupo:A voz dos carnotáns

 

 

                                                                                                 

ENTREVISTA A BANDA

ENTREVISTA

QUE PROBLEMAS HAI NA BANDA?

-Lúa: hai varios problemas porqué a banda se leve por unha alumna e non por un mestre. O ano pasado Luis prometeu a todos os da banda un punto máis en música, e eu non podo facelo, pero teño pensado darlles un pequeno agasallo a todos os que participan este ano na banda. Borráronse case todos os instrumentos fundamenteais como a gaita,o bombo e o tamboril. Moitos nenos non se acordan ou non poden traer os instrumentos. 

QUE CHE PARECE QUE LEVE A BANDA UNHA ALUMNA EN VEZ DUN MESTRE?

-Olga:paréceme moi ben porque así complementámonos.

ONDE SE ENSAIA?

-Lúa: normalmente no salón de actos pero se chove ensaiamos na aula de música.

POR QUE DECIDICHES DEIXAR A BANDA?

-Lois: deixei a banda porque en realidade eran clases de pandeireta.

E QUE FARÍA FALTA PARA QUE VOLVESES?

-Lois:que deixasen de ser clases e fora unha banda de verdade.

POR QUE DECIDICHEDES ENTRAR NA BANDA?
-Carme

-Sara :para aprender a tocar a pandeireta. 

-Alba

POR QUE SEGUES NA BANDA CANDO MOITOS NENOS A DEIXARON?

-María:porque me gusta tocar o acordeón e para aprender máis.

A banda ensallando

Saray Domínguez Canosa

Carnota Times

festa dos remedios novos de lira 2016

 

FESTA DOS REMEDIOS NOVOS DE LIRA 2016

 

Os Remedios Novos suspendidos polo vento.

 

O martes 29 de marzo de 2016 a festa dos Remedios Novos de Lira empezou cunha banda de música que pasaba polas rúas de Lira para animar á xente a que fora á festa. Todos os anos a misa celébrase fóra no adro da capilla do Remedios, pero este ano ao estar chovendo, a misa tivo que ser dentro da capilla e a procesión suspendeuse. Soamente sacaron á virxe fora da capilla para que a xente a vira. Despois da misa había sesión vermú e houbo un concerto da banda de música de Negreira e máis tocou a orquestra Miramar. A xente bailaba e escoitaba a música. Pola noite a orquestra Miramar tocou para os mozos e mozas que foron a festa.