Dependencias

Croquis do centro

O edificio actual semella demasiado grande para as cifras de alumnado actual. Compre salientar que en tempos chegou a escolarizar preto dos 800 alumnos e alumnas.

Dependencias do centro

O CEIP Plurlingüe de Carnota atópase na Praza San Gregorio, despois do edificio do Concello de Carnota e na mesma beirarrúa que o Centro de Saúde de Carnota.

Consta de dous edificios, o principal onde se atopan as dependencias administativas e a maioría das aulas, a Biblioteca, o Salón de Actos, almacéns, sala de botiquín, sala COVID,  aseos, patios interiores e un corredor que une a entrada principal coa saída ao patio e coa saída ao edificio anexo. O edificio anexo ten na planta inferior o ximnasio e na superior tres aulas, e a media altura no acceso polas escaleiras atópanse dous aseos.

Actualmente temos operativas 10 aulas, unha por grupo, aula de Inglés, aula de Música, aula de AL, aula de PT, aula de Informática, así como Biblioteca, ludoteca e Salón de actos.

Polo acceso pola porta principal atopamos a conserxería e o acceso aos despachos (Secretaría-Xefatura e Dirección).

No tocante a espazos abertos, o centro conta cunha pista asfaltada con porterías ocupando unha parte central. Ademáis conta con espazos cubertos, a distinta altura, un deles con canastras. Contamos ademais cun patio con columpios e un pequeno areeiro. Nesta parte exterior, valada na súa totalidade, tamén temos a antigua vivenda do Conserxe, hoxe empregado en parte como almacén, e un antigo taller e dous aseos que tamén fan de almacéns.

Do outro lado, anexo ao edificio anexo está a sala de caldeira e un almacén.

Entre os dous edificios hai un corredor aberto con árbores ornamentais, estando o acceso entre o edficio principal e o edificio anexo cuberto.

Recentemente asfaltouse o patio das porterías, aínda que o estado do resto, tanto patios como paredes e teito do patio cuberto demandan xa actuacións tanto en pintura como en traballos de reparación.

 

Powered by Drupal - Design by artinet