APA

Espazo da ANPA

 

Logo ANPA

Espazo da ANPA "San Gregorio" do CEIP de Carnota

 

Benvida da ANPA do CEIP de Carnota

A xunta directiva da A.N.P.A., “San Gregorio”, dallela benvida a todos e todas, e co obxecto de resaltar a importancia de pertencer a esta asociación, ofrecémosvos algunhas das razóns, polas que debedes colaborar coa mesma.

1.- Porque educar os nosos fillos e fillas, é a nosa responsabilidade.

2.- Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar o ensino público.

3.- Porque un movemento de pais e nais agrupados, fai que as súas iniciativas e peticións sexan vistos con maior respecto, polas administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.

4.- Porque si as nais e os pais non somos capaces de motivarnos para traballar pola educación dos nosos fillos e fillas…¿Por quen o faremos? ¿Quen o o vai facer por nos?

5.- Porque si os pais e nais non somos activos e participativos, como lle imos explicar ós nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunca sociedade, onde poden e deben expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro.

6.- Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida dos nosos fillos e fillas. Participar é un dereito pero tamén é un deber social.

Por estas seis razóns, solicitamos que participedes asociándovos, e asistindo ás reunións que convoquemos o longo do curso.

UN SAUDO DA DIRECTIVA

A asociación de pais e nais , do Colexo de Carnota, agradece ó centro, a súa axuda.

Powered by Drupal - Design by artinet