Localización

Benvida

Está vostede na páxina web do CEIP de Carnota 

Praza San Gregorio nº 20 

15293 Carnota

Teléfonos:

Secretaría: 881866796- Fax: 881866797

Dirección: 881866795- Orientación: 881866798

e-mail:ceip.carnota@edu.xunta.es                

Actualizado o Sistema de Avisos por Abalar ao curso actual.

En espera da publicación no DOG, comunicamos que o noso centro entrará no presente curso a formar parte da Rede de Centros Plurilingües de Galicia, na materia de Plástica (dentro de Educación Artística)

 

 

     

 

 Horario do Equipo Directivo 2019/20

 DOCUMENTOS E FORMULARIOS DO CENTRO

(xa dispoñible o novo PEC)

 

 

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

 

 

Guía de apoio ao estudio

 

EDUCACIÓN FÍSICA E ASMA

 

 

ABALAR MÓBIL

NOVIDADES

 

 

 

Día da Discapacidade

 

 

Guía de

lectura

 

 Obradoiros Infancia e Adolescencia

 

 

 

 

Validación CELGA

(CONSULTE AQUÍ COMO FACELO)

 

Libros de texto para o curso 2019/2020

Mantéñense os vellos, agás en EI xa que non autorizan cambios dende a Consellería

O CEIP de Carnota

Imaxe do centro

O noso centro está na capital do concello de Carnota, na Praza de San Gregorio, a carón do Centro de Saúde e un pouco por riba da Casa do Concello.

Mapa Carnota
 Vista aérea do centro

 

O noso concello está situado na Costa da Morte, entre os concellos de Muros e Dumbría de cara a costa, bañado no oeste polo Océano Atlántico. É o noso un concello pequeno e de poucos habitantes, que tende ademais á despoboación, con pouca natalidade e cunha permanente baixada de poboación, sobre todo dos novos, que van na procura de oportunidades nas vilas grandes.

 

Contactar

Dirección Postal:

Praza de San Gregorio, nº 20

15293 CARNOTA

(A Coruña)

Teléfonos:

Secretaría: 881866796

Dirección: 881866795

Fax: 881866797

 

E-mail: ceip.carnota@edu.xunta.es

O Noso Centro

fachada
Na praza de San Gregorio, tras pasar o edificio do concello e o do Centro de Saúde, está o noso centro.
Un edificio cuns 35 anos que ven de recibir un "retoque" xa que recentemente foi pintado nas paredes do exterior.

Benvida

Benvidos ao espacio do Colexio de Carnota.

Carnota é un concello de Galicia que se encontra no extremo sur da chamada Costa da Morte, a metade de camiño entre o Cabo Fisterra e a ría de Muros. O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Carnota é o colexio público de maiores dimensións do Concello de Carnota. Na actualidade cursan estudos no centro 130 alumnos e alumnas entre os 3 e os 12 anos de idade. Hai 35 anos, no curso 1972/73 inaugurouse o centro agrupando nenos e nenas que anteriormente estudaban en escolas parroquiais e municipais de Carnota. Durante os trinta e cinco anos de historia do centro leváronse adiante variadas iniciativas culturais e educativas, como foron a elaboración de revistas escolares como "A Nosa Revista"(hoxe xa desaparecida) participación en competicións deportivas escolares (a través dunha Agrupación Deportiva xa desaparecida) posta en funcionamento dunha Aula de Teatro (grupo de teatro estable formado por alumnos do centro) creación dunha Aula de Medio Ambiente (equipo de mestres co obxectivo de deseñar actividades de educación medioambiental) creación da Asociación Cultural "Proxecto Carnota" e coordenación da revista de medio ambiente escolar "O Moucho", en colaboración con sete colexios públicos da zona. Nestes sete últimos cursos organizamos en colaboración cos colexios Emilio Navasqües do Cruceiro de Roo, Ricardo Tobío de Esteiro (Muros) e o CEIP de Louro as Xornadas de Xogos Populares e Tradicionais.

Portada da Revista escolar As Liñeiras

Actualmente temos creada unha nova revista escolar chamada "As Liñeiras", con catro números xa editados. As actividades parten agora das iniciativas dos equipos de ciclo, o equipo de actividades extraescolares e complementarias e a ANPA Se tes algunha cousa que nos dicir ou contar, ou consulta que facer, non duvides en pórte en contacto a través do noso correo ceip.carnota@edu.xunta.es

Fachada oeste do CEIP de Carnota D

Powered by Drupal - Design by artinet