Skip to Content

Proceso de admisión de alumnado curso 2020-2021

Informamos que a partires do día 1 de marzo e ata o día 23 do mesmo mes, estará aberto o prazo de admisión para novo alumnado nos centros públicos galegos.

Teñen máis información neste link á aplicación para a realización de dito proceso online (con acreditación dixital), ou ven poden descargar o formulario e entregalo no centro neste outro link: FORMULARIO SOLICITUDE DE ADMISIÓN  2020-2021.

Queremos salientar a importancia deste procedemento, pois a oferta para algúns dos niveis é pouca e de superaren a demanda, como no caso de 4º de Educación Infantil, estaríase en prazo de solicitar unha terceira unidade. Clik para consultar as vacantes.

A dirección

Novidades Abalar Móbil

Dispoñibles novas funcionalidades de comunicación en abalarMóbil

 

Desde o pasado mes de novembro, a aplicación abalarMóbil, que está dispoñible para os pais, nais e titores/as legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, dispón novas canles de comunicación a través da mensaxería  nas súas tres opcións: privada, difusión para grupos e salas
 
A través deste novo servizo o profesorado poderá enviar unha mensaxe ás persoas responsables do alumnado, tanto de xeito individual como dun grupo completo e, opcionalmente, poderá permitir que as persoas responsables respondan á mensaxe iniciando así unha conversa con elas.
 
Desta forma, coas mensaxes privadas ou de difusión para grupos enviadas polo profesorado, as persoas responsables van poder comunicarse mantendo a privacidade. A única diferenza é que o profesorado vai poder personalizar os contidos, no caso da mensaxe privada, ou notificacións de interese para todo o grupo, no caso da difusión.
 
Pola súa parte, as mensaxes tipo sala, permiten crear novas comunicacións dirixidas ás persoas responsables do alumnado. Neste caso a selección faise por grupos completos e as respostas que se envían son visualizadas por cada integrante da sala que teña aceptado participar no chat.
 
Unha vez enviada a mensaxe, as persoas responsables que estean subscritas ás notificacións recibirán avisos push nos seus dispositivos móbiles.
 
Con estas novas funcionalidades preténdense abrir novas canles de comunicación entre o profesorado e as persoas responsables do alumnado.
 
Este novo servizo está dispoñible a partir da versión 1.3.3 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS
 
Os usuarios que descarguen a aplicación van poder seguir consultando desde o seu dispositivo móbil as cualificacións, os horarios e materias, os avisos e incidencias, as faltas de conduta, así como a solicitude de citas de titoría ou a  xustificación das faltas de asistencia se o profesorado activa estas dúas funcionalidades.

O ESPAZO ABALAR

ESPAZO ABALAR, é unha ferramenta web que permite acceder a datos relativos á escolarización dos fillos e fillas ás familias. Diferénciase do ABALAR MÓBIL en que é máis amplo e permite máis funcións, pero precisamos dalgún método de identificación para acceder: DNIe ou certificado FNMT

Pódese descargar un manual neste link

Entroido 2020

Xa está chegando o Entroido.

Comezamos a semana cos mandados. Lembrade que son acumulativos.

Como este anos somos Carnosáns...

 

Día da Paz

RECEITAS PARA A PAZ

Día Internacional da discapacidade

25 de novembro: Non é Non

Lecturas 25N

Con motivo do 25N, dende a Biblioteca animámosvos a participar. Tedes AQUÍ a información.

Samaín e magosto 2019

Un día de xogos castañas e... un tempo de medo

 

Obxectos perdidos!!!

As prendas de roupa que aparecen nas imaxes non foron recoñecidas polo alumnado. A ver si dende as familias somos capaces de que volvan ao fogar.

 
 
     

REVISTA CURSO ESCOLAR 2018-2019

Hoxe puxemos fin a un curso escolar cheo de emocións.  Traballamos, aprendemos e pasámolo moi ben! Para que vos fagades unha idea, na nosa revista escolar deste curso recollemos algúns dos momentos vividos ao longo destes meses. Só tedes que pinchar na imaxe para acceder a ela!

Matrícula ordinaria 2019-2020

O vindeiro xoves día 20 comeza o prazo ordinario para a matrícula nos centros de Educación Infantil e Primaria. O prazo remata o día 1 de xullo por seren non lectivo o día 30 de xuño. Pregamos non o deixen para o último momento.

Deberase formalizar este trámite para todos os nenos e nenas que teñen reserva de praza (procedentes da EEI de O Viso e EEI de Portocubelo), solicitantes de admisión no noso centro (para 4º de EI, ou novos alumnos procedentes doutros centros distintos da EEI de O Viso e EEI de Portocubelo), ou aqueles que sen ter feito os trámites anteriores desexen realizar a matrícula no CEIP de Carnota.

Será necesario presentar no centro o anexo III-1 debidamente cumprimentado e achegar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do libro de familia (non é preciso si xa se achegou cando a solicitude de admisión).
  • De ser o caso DNI do neno ou nena (non é preciso si xa se achegou cando a solicitude de admisión).
  • De ser o caso, copia da sentenza de separación ou divorcio.
  • Fotocopia do libro de vacinas.
  • Certificado ou informe médico conforme o alumno ou alumna non ten impedimento para á matrícula (pola pediatra, non ten que ser documento oficial).
  • En caso de non autorizar a toma de imaxes, dúas fotos tipo carné.
  • De ser o caso, informes sobre minusvalía do alumno ou alumna.

Lembren cumprimentar todos os apartados, en especial a opción entre Relixión Católica ou Valores, e se solicitan o servizo de Transporte Escolar.O centro xa non oferta o servizo de comedor escolar.

As solicitudes deberán vir asinadas, sendo obrigatorio a sinatura dos dous proxenitores en caso de separación ou divorcio.

Aprendemos sobre a RCP

O venres 31 de maio o alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria sobre a Reanimación Cardio Pulmonar (RCP).

Vimos un video sobre unha canción que todos deberiamos coñecer:

 

Tamén nos explicaron como actuar dende o principio (comprobar se responde, se respira) como colocalo, buscar axuda e ao final como realizar a RCP con dous bonecos.

Ademais falamos dos atragantamentos e como axudar.

Pero tamén temos que dicir que nos dixeron o que non se debe facer.

Unha boa experiencia que dende o centro intentaremos que sexa parte das actividades nos cursos vindeiros.

O noso agradecemento a persoa que impartiu o taller de RCP, membro da ANPA e colaboradora habitual no centro.

 

KAMISHIBAI 2018-2019

Outro ano máis volvimos a pasar un "Mes de Fábula". Aquí deixamos unha mostra dos Kamishibai de 4º, 5º, e 6º de Primaria.

KAMISHIBAI 4º A KAMISHIBAI 5º KAMISHIBAI 6º
Distribuir contido


by Dr. Radut