30 DE XANEIRO

BRINDEMOS POLA PAZ
 
PHOTOCALL POLA PAZ
 

PA(Z)CIONARIO

AQUÍ ESTÁ O DICIONARIO SOBRE A PAZ CREADO POLO NOSO ALUMNADO

 

 

 

Relación de vacantes para o curso 2018-2019 tras o proceso de reserva

 

RELACIÓN DE VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2018/2019

 

Vistas as solicitudes de reserva e o alumnado xa matriculado no centro que promociona, a relación de prazas queda como segue:

 

 

 

CURSO

Prazas

Promoción

Reservas

 

 

Alumnado NEAE reserva/promociona

Praza oferta alumnado

NEAE

Total vacantes

4º EI

25

0

 

 

3

22+ 3 NEAE

5º EI (*)

10

5

     

5

6º EI (*)

10

2

 

 

 

8

1º EP

25

12

5 0

3

5+ 3 NEAE

2º EP

25

10

 

 

 

15

3º EP

25

10

 

 

 

25

4º EP

25

25

 

 

 

0

5º EP

25

15

 

 

 

10

6º EP

25

10

 

 

 

15

 

 

 

(*) Actualmente no centro somentes se ofertan dúas unidades de Educación Infantil, unha delas mixtas.

 

(**) Actualmente o centro ten autorizado un desdobre que debería manterse en cursos vindeiros(escolariza dous alumnos con NEAE), pero que non temos garantías de que siga o desdobre en cuarto.

 

 

 

Relación cos datos do alumnado matriculado no presente curso e coa información aportada dos centros adscritos: Escolas Unitarias de O Viso e Portocubelo, para o vindeiro curso.

A dirección

 

 

 

 

 

Concurso de postais no Concello de Carnota

E aquí están as gañadoras do concurso

de postais que convocou o concello.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NORABOA!

NADAL CIENTÍFICO

Os científicos e as científicas do CEIP Carnota xa puxeron

a árbore científica. Só queda desexarvos:BO NADAL!

Sorriso

 

3/12 Día internacional das persoas con DIVERSIDADE FUNCIONAL

Aínda que a ONU proclamou o día 3 de decembro baixo o título "día internacional das persoas con discapacidade"; dende o noso cole decidimos enfocalo cara o punto de vista da diversidade funcional.

Boa mostra disto pode dala o noso alumno Lois Agulleiro que ningunha "discapacidade" pode impedir demostrar a súa "gran capacidade" para o arte. Así pois aproveitamos a data para que Lois exercera como profe e mostrara ao alumnado do CEIP de Carnota os seus trucos como pintor.

 

25N, Día internacional da NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

RESPETO, QUERER, AGARIMO, BICO, SORRISO... foron algunhas das palabras que o noso alumnado escolleu para loitar contra esta lacra social.

 

Dende a educación seguimos a explotar a arma máis poderosa: educar en igualdade axuda a erradicar a violencia.

Leocadia pon a circular as mochilas viaxeiras.

A PARTIR DO 11 DE NOVEMBRO AS MOCHILAS E ESTOXOS CIRCULARÁN POLAS CASAS DOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS

Día 2 de novembro: imos de excursión!

O MÉRCORES 2 DE NOVEMBRO FOMOS DE EXCURSIÓN!

POR UNHA BANDA OS MÁIS PEQUECHOS FORON A SANTIAGO AO CONCERTO DE "PITUSA SEMIFUSA" E INCLUSO HOUBO ALGÚN/HA VOLUNTARIO/A QUE SE ANIMOU A SUBIR AO ESCENARIO Sorriso

 

POR OUTRA BANDA OS DE PRIMARIA FORON A CORUÑA A INDAGAR NO TEMA DA CIENCIA.

POLA MAÑÁ EXPLORANDO NA DOMUS E POLA TARDE NO MUNCYT CON ACTIVIDADES TODAS ELAS RELACIONADAS COA CIENCIA. FOI UN DÍA PROPICIO PARA PROMOVER A CURIOSIDADE CIENTÍFICA NO NOSO ALUMNADO.Sorprendido

 

 

 

24 de outubro: Día da Biblioteca.

Conmemoramos o día das bibliotecas escolares con dúas actividades:

  • Charla informativa sobre saúde e ciencia. A enfermeira María Formoso visitounos cunha chea de actividades para experimentar coa nosa saúde e co noso corpo.

  • CONTACONTOS: María e Noa ofrecéronse para contar un conto moi popular ao alumnado de infantil e 1º ciclo.                                                                                                            Qué artistas están feitas!

 

Poñemos en marcha a biblioteca experimentando

O XOVES 13 DE OUTUBRO FOI O DIA ESCOLLIDO POR LEOCADIA PARA A INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO CEIP CARNOTA.

 

A PRIMEIRA HORA A COORDINADORA DA BIBLIOTECA LOLA QUINTELA, CORTOU A CINTA QUEDANDO ASÍ ABERTO O ACCESO A BIBLIOTECA.

 

PERO NON QUEDOU AÍ A COUSA...

AO LONGO DA MAÑÁ FOMOS A FACER EXPERIMENTOS A RECEN INAUGURADA BIBLIOTECA!

 

 

 

Prevención e tratamento dos piollos (pediculose)

Con máis frecuencia da que a todos nos gustaría, aparecen nos colexios casos de piollos. Cando isto sucede, e unha vez que no centro temos coñecemento facemos unha nota de aviso.

Nestes casos é importante seguir as seguintes recomendacións da Consellería de Sanidade:

 

 

Medidas a adoptar nos fogares:

Cando se sabe que un neno ten piollos hai que iniciar o tratamento rapidamente, e se o neno acude á escola avisarase desta situación o máis axiña posible. Tamén é preciso revisar a cabeza de todas as persoas que viven no fogar.

Ademais tomaranse as medidas seguintes:

Lavar a roupa interior, toallas, roupa de cama en uso e outras roupas e obxectos do neno infestado usados dende dous días antes. Na máquina cun programa de temperatura mínima de 55ºC. Aquela que non se pode lavar (peluches monecos, cintas para o cabelo...) pecharanse nunha bolsa durante dúas semanas ou ben lavarase en seco. En calquera caso, débense afastar do contacto corporal polo menos 72 horas.

Fregar cepillos e peites con alcohol ou ben con auga, quente a 55ºC, ou con xabón polo menos durante unha hora. Hai que educar aos nenos para que non compartan peites e outros obxectos persoais.

Aspirar alfombras e mobles tapizados.

Non compartir roupa deportiva, bufandas, cintas para o cabelo...

 

Tratamento da pediculose: As locións pediculicidas (para os piollos) constitúen o tratamento de elección da pediculose. O tratamento consta de dúas aplicacións, unha no día do diagnostico, e outra unha semana despois, dado que a aplicación inicial non mata a todos os ovos e pode quedar algún ovo vivo. Deberase de tratar cando se diagnostique infección activa (ver apartado diagnóstico)

O tratamento máis recomendado polo seu poder ovicida, alta acción residual e escasos efectos adversos é a Permetrina ao 1%. , que pertence ao grupo das piretrinas, cuxa acción sobre o piollo é neurotóxica.

Aplicarase segundo as indicacións feitas polo fabricante do produto. En xeral, recoméndase:

Aplicar a loción co cabelo seco, con maior atención na caluga e detrás das orellas. Cubrir a cabeza cun gorro de ducha, e deixar actuar o produto durante toda a noite.

Pola mañá, lavar a cabeza con xampú e aclaralo ben con auga. É convinte realizar o penúltimo aclarado con vinagre branco diluído en auga (unha parte de vinagre e dúas de auga), xa que axuda a disolver a unión da lendia co cabelo.

Peitear o cabelo cun peite metálico para lendias, para quitar as lendias e os piollos mortos. Deixar secar o cabelo ao aire. Non usar secador, xa que pode degradar a acción do pediculicida.

 

Como complemento ao tratamento, recoméndase, realizar cada 2-3 días, durante 15 días dende a primeira aplicación do tratamento, a revisión e peitado do cabelo húmido co peite específico para lendias. Revisar sobre todo a caluga e detrás das orellas.

No caso de nenos menores de dous anos, é mellor consultar sempre co pediatra.

Algo moi importante é que os tratamentos pediculicidas non deben empregarse como tratamento preventivo.

Un consello xeral: revise a cabeza do seu neno, de vez en cando, co pelo húmido e

cun peite específico para lendias.

 

Exclusión da escola: Non é necesaria.

Para calquera dúbida consulte co seu médico ou farmacéutico

Pódese descargar o folleto informativo orixinal da Consellería de Sanidade aquí

Fondo Solidario de Libros, Axuda adqusición de Libros e Material Escolar 2018-2019

LISTAXES DEFINITIVAS FONDOLIBROS E REPARTO FONDOLIBROS+BANCO LIBROS ANPA 2018-2019

DISPOÑIBLES AS LISTAXES DEFINITIVAS DE LIBROS SOLICITADOS A TRAVÉS DE FONDOLIBROS - CLICA PARA DESCARGAR

DISPOÑIBLES A LISTAXE DO REPARTO COMBINADO DO FONDOLIBROS E BANCO DE LIBROS DA ANPA  - CLICA PARA DESCARGAR

ENTREGA DE VALES DE LIBROS (1º E 2º) E VALES DE MATERIAL (1º A 6º) DO LUNS 9 AO VENRES 13 DE XULLO, DE 10 A 14 HORAS. TAMÉN DENDE O 1 DE SETEMBRO

 

 

 

Listaxes provisionais de admitidos e excluidos:

Publicamos somentes os admitidos, pois xa nos comunicamos persoalmente coas familias das solicitudes excluídas. Nos admitidos comprobade que a asignación sexa a esperada en función da renda. Aquí hai alumnado sen asignación xa que segundo Facenda supera o límite. Esta información estará no taboleiro do centro.

CLICA para descargar o ficheiro

 Tamén facemos pública a listaxe provisional de vales. Mañá colocarémola no taboleiro do centro ou porta principal. O prazo para reclamacións será de dous días, a contar dende mañá. Revisade por si considerades que pode haber erros. Despois pasará a definitiva e non se poderá reclamar.

Ver listaxe de vales provisionais (material Primaria e libros 1º e 2º)

 A DATA PREVISTA PARA A PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA SERÁ O LUNS 9 DE XULLO.

DATA PREVISTA PARA A ENTREGA DE VALES: LUNS 9 DE XULLO

(RECOMENDAMOS ESPERAR A SABER QUE MATERIAL SE VAI SOLICITAR PARA GASTALO)

 

Publicada a ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Pódese acceder ao formulario clicando aquí 

A información completa pode consultarse na web da xunta: https://sede.xunta.es/

Ademais de descargar o formulario poderase solicitar copia para cumprimentar na conserxería do centro. O formulario é único para os tres tipos de axudas (Fondo solidario, Axuda para adqusición de libros (1º e 2º) e adqusición de material). A solicitude será única para todos os fillos admitidos neste centro.

AXUDAS LIBROS: Só poderán solicitar axuda para alumnos que vaian cursar 1º e 2º de Educación Primaria.O alumno para o que se solicita axuda terá que ter devoltos como moi tarde o 22 de xuño os libros mercados co vale do curso 2017-2018, de ser o caso. O alumnado de 3º,4º, 5º e 6º de primaria deberá solicitar libros a través do Banco de Libros Solidario que tamén se fará a través do mesmo modelo de solicitude (anexo I) ao centro do 22 de maio ao 22 de xuño, ambos inclusives.

Lembramos que o alumnado que adquiriu libros co vale da axuda de libros no curso 2017/2018 e os beneficiarios do fondo solidario de libros , asinou ao facer a solicitude o compromiso de entregalos en bo estado ao remate de curso (data límite 23 de xuño). Non se entregarán os de 1º e 2º de EP, por consideralos como material non reutilizable.

O alumnado que no curso 2018/2019 vaia cursar 1º da ESO deberá entregar a solicitude de participación no fondo solidario de libros no Instituto onde fosen admitidos no mesmo prazo que en primaria , e previamente deberá ter entregado, de ser o caso, os libros prestados do fondo solidario e do banco de libros no CEIP de Carnota o máis tardar o 22 de xuño, para proceder a cargar a entrega dos mesmos na aplicación do Fondo Solidario de Libros, requisito para solicitar a axuda no curso 2018/2019.

Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

O prazo para a presentación das solicitudes vai do 22 de maio ao 22 de xuño inclusives. Coa fin de tramitar o antes posible o vale, rógase que a solicitude e documentación necesaria se entregue no centro no horario de atención de secretaría ou dirección antes do 15 de xuño. Pódese obter máis información neste link

 

Instruccións e documentación:

 

Requisitos:

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2018/2019, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros para a solicitude de axudas.  Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria. No caso do Banco de Libros, o reparto farase atendendo as solicitudes en orde inversa á renda per cápita, podendo ser beneficiarios aqueles alumnos con renda per cápita superior si houbese existencia suficiente de libros no cento.

Lugar de presentación.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles  na aplicación  informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común (por exemplo o portelo único no Concello de Carnota).

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As solicitudes, segundo o anexo I á orde de convocatoria,  tamén poderán entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado ou admitido o alumnado. No caso de non estaren admitido en ningún centro a solicitude presentarase no centro onde estea matriculado no presente curso para que quede rexistrada a entrega da mesma en prazo.

Presentarase unha solicitude única por todos os fillos matriculados no mesmo centro, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria nun mesmo centro, deberá presentar unha única solicitude.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda, con independencia de que puidera estar escolarizado en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2018/2019.

 

Prazo de presentación.

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:

 Para o alumnado de educación primaria e educación especial e 1º da E.S.O.: do 22 de maio ao 22 de xuño, ambos inclusive.

Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia,  o prazo será de un mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2019.

Solicitudes e documentación

1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e tamén se poderán descargar en formato pdf.

Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.

 

2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2016, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2016:

  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, segundo establece o Decreto 229/2011, do 7 de decembro (Diario Oficial de Galiciado 21 de decembro), unicamente deberá presentar a solicitude de axuda.
O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% só ten que presentar a certificación emitida polo órgano competente do grao de discapacidade, xunto coa solicitudeda axuda

 

3.  A documentación complementaria (que acompañe á solicitude) presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente, ou en calquera dos lugares e rexistros esta blecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo comúnA documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

4.  O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas: DNI ou NIE, Declaración do imposto sobre a reda das persoas físicas ou na falta desta, certificado tributario de imputacións no exercicio 2016, grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grade invalidez, clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente (equivalente a unha discapacidade inferior ou igual ao 33%). IMPORTANTE: os datos que figuren na solicitude deberán coincidir cos DNI das persoas que se relacionen, pois o sistema de comprobación rexeitará as solicitudes.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos

Contía das axudas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2016:

Educación primaria:

Axudas adquisición libros 1º e 2º:

    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

     

  • Fondo solidario: Orde inversa á renda per cápita. Renda inferior a 5400 € asignarase 6 libros. Renda superior a 5400 e inferior a 9000€ asignaranse 4 libros. De non ser suficientes serán adquiridos polo centro para garantir eses libros. O alumnado con renda superior a 9000€ poderá recibir libros si no fondo do centro quedan libros tras atender as solicitudes de alumnado coa renda inferior a 9000€ pero non se adquirirán libros para eles.
  • Axudas adquisicón de material escolar Renda inferior a 5400€.

 

Para calcular quen ten dereito ás bolsas, agregaranse as rendas de cada un dos membros da familia que obteñan ingresos, tendo en conta o exercicio fiscal de 2016 (calcular sumando os recadros 392 e 405), dividindo a renda entre o número de membros computables da unidade familiar (pai, nai, alumno e irmáns). A estes efectos, computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Para aqueles solicitantes que non tiveron obriga de presentar a declaración da renta do exercicio 2016, deberán sumarse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2016

Os datos que deben figurar (datos familiares) son referidos ao 31 de decembro de 2016

Fondo solidario de libros

A documentación e prazo de presentación serán os mesmos que para a axuda de libros e material escolar

O centro asignará o uso dos libros de texto dispoñibles por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. Non obstante, o alumnado que estea en tutela ou garda da Xunta de Galicia e o que teña discapacidade igual ou superior ao 65 % terá preferencia para a adxudicación dos libros de texto.

 

Rematado o prazo farese pública a comezos do mes de xullo, antes do 4 de xullo, no taboleiro de anuncios e/ou na páxina web do centro a relación provisional de solicitudes admitidas, e relación provisional de solicitudes excluídas por algunha das seguintes causas: presentada fóra de prazo, falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación, falta da devolución dos libros de texto adquiridos coa axuda do curso 2016/17. A data fixa farase pública nesta mesma páxina e no taboleiro de anuncios do centro antes do comezo do mes de xullo.

As persoas interesadas poderán formular reclamación no centro nos dóus días seguintes á publicación do listado.

 

A relación definitiva de solicitudes admitidas e, de ser o caso, a de excluídas, publica publicarase o día  no taboleiro de anuncios e/ou páxina web do centro docente, respectando os correspondentes prazos de reclamación, e antes do 18 de xullo.

Os libros asignados no fondo de libros serán entregados a comezos do mes de setembro. No momento de recollelos o solicitante asinará un compromiso de coidado e devolución da relación dos libros que recibe do fondo solidario.

 

Para calquera dúbida que poda presentárselles, chamen ao centro.

 

Un saúdo, A Dirección

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet