Skip to Content

Reserva, admisión e matrícula

O calendario do procedemento de reserva, admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no enderezo web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html.

Os puntos relevantes son:

O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro. Isto supón que o alumnado que xa está matriculado no centro non ten que realizar o proceso de reserva e admisión, é só o alumnado que finaliza Educación Infantil e promociona a Educación Primaria deberá formalizar a matrícula no prazo fixado na Orde citada. Si afecta ai alumnado de 6º de Educación Primaria.

Proceso de solicitude de reserva: (a través do anexo I do 1 ao 15 de febreiro)

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano. (Cliclar para acceder ao anexo I - Reserva de praza) Nesta situación está o alumnado de 6º de Educación Primaria que pretenda cursar a ESO no IES Lamas de Castelo.

Cando os postos escolares dispoñibles no centro de adscrición sexan suficientes para satisfacer a demanda existente, publicarase no taboleiro de anuncios deste centro e comunicaráselle ao centro ou centros de orixe.

Neste caso, a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá a consideración prevista no artigo 34.1.b) desta orde para os efectos de perda da prioridade.

Este alumnado deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

 

Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Do 1 ao 20 de marzo.

O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo II desta orde. Refírese por tanto ao alumnado procedente doutro centro, alumnado que se matricula por primeira vez no centro sen estar escolarizado previamente (4º de educación infantil, tamén chamado a veces 3 anos) ou no caso de que o centro no proceso de reserva tivese máis demanda que prazas ofertadas. 

Poderá tramitarse por vía telemática (require chave 365 ou certificado/DNI dixital) a través do aplicativo: Admisión Alumnado

Presencialmente, entregando o formulario Anexo II, versión en galego, ou versión en castelán (clique na versión que desexe).

Unha vez entregado o Anexo II no centro, rexistraranse as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación. É moi importante que os apartados do formulario estean debidamente cumprimentados, que os datos sexan veraces e completos (prégase que se achegue copia do libro de familia ou do DNI do alumno ou alumna a matricular), e deberá vir asinada polos dous proxenitores.

FINALIZADO O PROCESO DE ADMISIÓN, COMUNÍCASE A ADMISIÓN DE TÓDALAS SOLICITUDES, TANTO EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL E EN 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Formalización da matrícula

O alumnado admitido mediante calquera dos procedementos regulados nos artigos anteriores desta orde, formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente. Empregarase o formulario Anexo III para centros de Educación Primaria ou Anexo III-2 para Educación Secundaria. Deberá tramitala o alumnado que presentou solicitude de reserva nun centro ou solicitude de admisión nos prazos establecidos.

 Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes:

a) Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria.

b) Do 25 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Matrícula extraordinaria

Fora dos prazos establecidos e con caracter extraordinario pódese solicitar praza no centro en calquera momento, aínda que o centro deberá solicitar expresamente autorización ao Servizo de Inspección Educativa. 



page | by Dr. Radut