Skip to Content

TAREFAS LUNS 21 de SETEMBRO

Aquí deixo as tarefas de hoxe para aquel@s que non pudestedes asistir! Agardo que vos poñades ben prontiño!Risa

 

LINGUA GALEGA

1º- Le a lectura das páxinas 10 e 11 dúas veces, asegurándote de que comprendestes de que vai a lectura.

2º- Le e contesta mentalmente (ou de xeito oral con alguen da casa) ás preguntas 1,2, 3 e 4 da páxina 12.

3º- Contesta no caderno ás preguntas dos exercicios 5, 6, 7 e 8 da páxina 12.

       *Recorda: escribe o nº da pregunta con vermello, o enunciado con azul e a resposta con lapis.

CIENCIAS SOCIAIS

Fai a tua propia liña do tempo!

COMO?:

Podedes imprimir a ficha que adxunta pinchando aquí ou facer algo similar no caderno de Ciencias Sociais (así será mais vosa aínda Guiño). Logo...

1º- Escolle 4 feitos importantes da túa vida e pensa en que data ocorreron (ano OU mes e ano)

2º - Recolle no cadro de debaixo da liña cada feito e as datas na que ocorreron (exemplo: Feito - Nace o meu irmán / Data - 2016)

3º - Sitúa na liña os catro feitos importantes que escollestes facendo unha marca e escribindo o nº de feito que sexa (1, 2, 3 ou 4).

4º - Pinta a túa liña do tempo: Pinta no cadro cada feito dunha cor e a marca da liña da mesma cor.

 

Isto é todo por hoxe, raparig@s!

Esperamos que vos recuperedes prontiño! Xa temos ganas de vervos!

AdxuntoTamaño
LIÑA DO TEMPO luns 21.pdf10.99 KB


page | by Dr. Radut