Skip to Content

Axudas para Libros, Material e Fondolibros 2020/21

Con respecto da convocatoria de axudas para adquisición de libros (1º e 2º), axudas para material (1º a 6º) e participación no programa Fondolibros (3º a 6º) para o curso 2020/21, comunicamos que a partir do luns estarán dispoñibles no centro os vales para adqusición de libros e material.

Para recoller os vales non será preciso avisar previamente, somentes pregamos que si ao chegar ao centro hai dúas persoas dentro esperen fora do edificio mantendo as oportuna normas de seguridade (mascarilla e distancia de seguridade). Prazo límite o día 15 de xullo (horario  a partir do 13 de xullo, de 10:00 a 13:30). Os vales que non se recollan, poderanse recoller no mes de setembro.

Publicado o listado definitivo, e enviada notificación por ABALAR. Pregamos esperar a setembro para adquirir o libro de Relixión por si non fose necesario.

O reparto de libros farase unha vez se inicie a actividade lectiva.

 

O listado estará dispoñible no taboleiro informativo do corredor do centro, e poden consultar a partires do luns por teléfono, si non recibiron notificación por ABALAR. Segundo a convocatoria o prazo de reclamacións é de dous días. Daremos de marxe para a consulta e reclamacións ata o mércores. As solicitudes presentadas telemáticamente se poden consultar online.

A dirección



page | by Dr. Radut