FONDOLIBROS - Listaxe definitiva 2019-2020

Como se comunicou por Abalar Móbil, xa está a listaxe definitiva de libros do Fondolibros para o curso 2019-2020. CLICAR AQUÍ (Esta relación faise pública por que así o especifica no procedemento para participar no Fondolibros).

En 5º  de EP, os libros de Relixión foron asignados a algún dos beneficiarios, pero dado que non hai suficientes para todos e contaremos con dous grupos, os libros non se entregarán (é o 7º libro que asigna Fondolibros) e permanecerán na aula para poderen ser empregados polos alumnos de 5ººA e 5ºB. En 6º non hai libros de relixión do programa fondolibros, polo que o número máximo de libros asignados a alumnos con esta optativa é de 6. Os cinco que hai do Banco de Libros da ANPA serán os que se empregarán polo que non será preciso mercalo.

Ademais, tamén se asignaron os libros do Banco de Libros da ANPA, do que non se publican datos xa que é un procedemento interno do centro. Os beneficiarios xa recibiron notificación.

Polo exposto anteriormente, non será necesario mercar máis que o Activity Book, o que recomendamos que fagan unha vez sepamos si a mestra de Inglés o vai esixir.

Recomendamos esperar a gastar o vale de material a que as titoras/es dos distintos grupos, de Educación Infantil a Educación Primaria faga a lista.

En Educación Infantil recomendamos non mercar os libros ata que se reunan coas titoras/es a comezo de setembro.

Bo Verán

A dirección

AdxuntoTamaño
Listaxe definitiva Fondolibros CEIP de Carnota.pdf158.45 KB

Powered by Drupal - Design by artinet