Solicitude de documentación fora do horario lectivo

Aos membros da Comunidade Educativa do CEIP de Carnota, comunicamos que a partires do 12 de xullo ás 13 horas o centro permanecerá pechado, estando localizable e  dispoñible durante o resto do mes de xullo algún dos membros do Equipo Directivo.

Destacamos que actualmente o centro non conta con conserxe.

Recomendamos empregar como vía de contacto o correo electrónico, na dirección ceip.carnota@edu.xunta.gal, indicando no asunto o tipo de documento e no corpo da mensaxe de texto, nome completo, DNI, dirección, e tfno de contacto, así como os datos que poida facilitar o trámite.

Atenderanse aqueles trámites que sexan urxentes en canto a prazo o antes posible, enviando de ser posible a documentación por email e fixando data e hora para recollela en papel.

En caso de non poder enviar e-mail, poden chamar ao 881866795, e intentaremos coller a chamada (número desviado a un membro do equipo directivo), si nese momento é posible.

No mes de agosto o centro permanecerá pechado totalmente para cuestións admisnistrativas xa que non dispón o centro de persoal administrativo.

A Dirección

Powered by Drupal - Design by artinet