Listado Provisional Fondo Libros 2019-2020

Segundo as normas do procedemento de solicitude de libros do Fondolibros, procédese por obriga a facer pública a relación provisional de asignación de libros do programa Fondolibros para o curso 2019-2020.

A listaxe somentes fai unha relación do alumnado por curso e da cantidade de libros que lle asigna o programa. Lembramos que o baremo que aplica vai en función da renda per cápita. Nos casos que asigna 6 ou 7 libros, trátase de que haxa existencias ou non dos libros (normalmente non asigna o de relixión) para ese curso.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que solicitou axuda e non aparece foi admitido na totalidade aínda que a cantidade de libros que lle asigna vai de 0 a 7.

Si alguén estima que pode ser errónea a cantidade de libros asignada pode porse en contacto co centro de 10 a 13 horas de luns 1 ao venres 5 de xullo, coa fin de facilitar a elaboración da lista definitiva que xa fará constar cales son os libros asignados.

Lembramos que no centro hai libros da ANPA que complementarán aos asignados no fondolibros en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O reparto farase unha vez elaborada a listaxe definitiva de Fondolibros e comunicarase por abalar ou teléfono aos beneficiarios.

Aquelas familias que non presentaron solicitude e estean interesadas en recibir libros do Banco de Libros da ANPA deben tamén notificalo ao centro.

 

CLICA PARA DESCARGAR A LISTAXE

AdxuntoTamaño
ListadoProvisional Fondolibros -2019-2020.pdf152.49 KB

Powered by Drupal - Design by artinet