Convocatoria Fondo Libros, axudas de material e libros 2019/2020

Fondo libros, axuda de libros para 1º e 2º, axudas para material curso 2019/2020

 

Saíu publicada a orde da convocatoria de axudas para material, libros  e soliciotar libros do Fondo Libros.

As solicitudes, como no curso pasado, poderán tramitarse online, descargar o formulario e cubrilo no ordenador e posteriormente presentalo no centro ou pasar a recoller unha copia do formulario polo centro.

O prazo comeza hoxe e remata o 21 de xuño. Pregamos que non se deixe para o último momento pois o centro dispón de pouca marxe para introducir os datos.

A solicitude será única para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

 

A información completa está neste link

Enlace á convocatoria con acceso ao formulario e tramitación online (necesario ter sistema de sinatura dixital) ou para cubrir a solicitude e presentación presencialmente no centro (sen sinatura dixital)

Pódese acceder ao formulario neste link (para cubrir, imprimir, asinar e presentar no centro)

 

 

 

IMPORTANTE: os datos que figuren na solicitude deberán coincidir cos DNI das persoas que se relacionen, pois o sistema de comprobación rexeitará as solicitudes (por exemplo, cando o nome da solicitude está incompleto e non coincide co do DNI)

 

Lembramos que o alumnado que adquiriu libros co vale da axuda de libros no curso 2018/2019 e os beneficiarios do fondo solidario de libros , asinou ao facer a solicitude o compromiso de entregalos en bo estado ao remate de curso (data límite 21 de xuño). Non se entregarán os de 1º e 2º de EP, por consideralos como material non reutilizable.

O alumnado que no curso 2019/2020 vaia cursar 1º da ESO deberá entregar a solicitude de participación no fondo solidario de libros no Instituto onde fosen admitidos no mesmo prazo que en primaria , e previamente deberá ter entregado, de ser o caso, os libros prestados do fondo solidario e do banco de libros no CEIP de Carnota o máis tardar o 21 de xuño, para proceder a cargar a entrega dos mesmos na aplicación do Fondo Solidario de Libros, requisito para solicitar a axuda no curso 2019/2020.

 

 

De seguido vai un resumo de cada unha das modalidades da convocatoria.

 

 

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018/2019

 

 

 

ORDE do 3 de maio de 2019 publicado no DOG Nº 94, do luns 20 de maio de 2019 (pax. 24042 ata 24079).

 

 

 

DESTINATARIOS:

 

  • Alumnado que no curso 2019/2020 este matriculado en Educación Primaria.

 

 

 

REQUISITOS:

 

  • Ser pai/nai/titor/a legal dun alumno/a matriculado nun centro sostido con fondos públicos.

  • Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros. O cálculo da renda per cápita realizarase da seguinte forma:

    • Datos do exercicio fiscal 2.017.

    • Sumaranse os recadros 392 e o 405 de cada un dos membros da familia que teñan ingresos.

    • Dividirase o resultado da suma anterior polo número de membros da unidade familiar a 31/12/2017.

    • No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de acordó cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

 

SOLICITUDES:

 

  • As instancias poderán obterse nos centros, nas xefaturas territoriais da Consellería, no portal da xunta https://sede.xunta.gal ou http://www.edu.xunta.gal

      • Presentaranse segundo o Anexo I e o Anexo II desta orde nos centros educativos en que estea matriculado o/a alumno/a.

      • A solicitude será única para todos os fillos e para todas as axudas, unha única solicitude por familia

      • As solicitudes serán asinadas polo pai/nai/titor legal así como por todos os membros da unidade familiar, en caso de menores deberá ser asinado por un dos proxenitores, titor/a ou representante legal.

      • Prazo de presentación de solicitudes do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

      • Unha vez feita a solicitude teñen que vir os pais recoller os vales nas datas que se publicarán ao respecto a primeiros de xullo.

      • O centro nunca expedirá un novo vale no caso de que este sexa extraviado polo solicitante ou pola libraría.

 

 

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

 

  • Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31/12/2017, deberán presentar un dos seguintes documentos:

    • Sentenza xudicial de separación ou divordio e/ou convenio regulador

    • Certificado de convivencia (empadroamento)

    • Informe dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberán achegar o certificado acreditativo do grao da discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación

 

  • No caso de situación de violencia de xénero documentación acreditativa.

 

 

 

CONTÍA DAS AXUDAS E ADQUISICIÓN DO MATERIAL:

 

A contía da axuda é de 50 € por alumno que reúna os requisitos previstos na orde. Os vales non poderán ser fraccionados, é dicir, o importe total de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento.

 

 

 

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS:

 

  • Destinar o importe do vale da axuda a adquirir o material escolar que necesite

  • Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO DE 1º E 2º PRIMARIA PARA O CURSO 2018/2019

 

 

ORDE do3 de maio de 2019 publicado no DOG Nº 94, do luns 20 de maio de 2019 (pax. 24042 ata 24079).

 

DESTINATARIOS:

 

  • Alumnado que no curso 2019/2020 este matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

 

REQUISITOS:

 

  • Ser pai/nai/titor/a legal dun alumno/a matriculado nun centro sostido con fondos públicos.

  • Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 euros. O cálculo da renda per cápita realizarase da seguinte forma:

    • Datos do exercicio fiscal 2.017.

    • Sumaranse os recadros 415 e o 435 de cada un dos membros da familia que teñan ingresos.

    • Dividirase o resultado da suma anterior polo número de membros da unidade familiar a 31/12/2017.

    • No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de acordó cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

 

SOLICITUDES:

 

 

      • Presentaranse segundo o Anexo I e o Anexo II desta orde nos centros educativos en que estea matriculado o/a alumno/a.

      • A solicitude será única para todos os fillos e para todas as axudas, unha única solicitude por familia.

      • As solicitudes serán asinadas polo pai/nai/titor legal así como por todos os membros da unidade familiar, en caso de menores deberá ser asinado por un dos proxenitores, titor/a ou representante legal.

      • Prazo de presentación de solicitudes do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

      • Unha vez feita a solicitude teñen que vir os pais recoller nas datas que se publicarán ao respecto a primeiros de xullo.

      • O centro nunca expedirá un novo vale no caso de que este sexa extraviado polo solicitante ou pola libraría.

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

 

  • Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31/12/2017, deberán presentar un dos seguintes documentos:

    • Sentenza xudicial de separación ou divordio e/ou convenio regulador

    • Certificado de convivencia (empadroamento)

    • Informe dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberán achegar o certificado acreditativo do grao da discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación

  • No caso de situación de violencia de xénero, documentación acreditativa.

 

CONTÍA DAS AXUDAS:

 

  • Renda per cápita ata 5.400 euros 170 €

  • Renda per cápita dende 5.400,01 ata 9.000 euros 90 €

  • O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, a contía das axudas será de 250 € con independencia da renta per cápita da unidade familiar.

 

ADQUISICIÓN DOS LIBROS:

 

1.- Unha vez que a persoa solicitante estea en posesión do vale só poderá adquirir unicamente libros de texto do curso no que estea matriculado

 

A persoa beneficiaria nunca deberá asinar o vale antes de recibir a totalidade dos libros de texto. A sinatura do vale e a súa entrega implica a súa conformidade cos libros de texto recibidos e, de ser o caso, co importe indicado polo establecemento no recadro establecido para tal efecto.

 

2.- Os vales non poderán ser fraccionados, é dicir, o importe total de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento.

 

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS:

 

  • Destinar o importe do vale para libros a adquirir o libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado

  • Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

 

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DE 3º E 4º DE PRIMARIA PARA O CURSO 2019/2020

 

 

ORDE do 3 de maio de 2019 publicado no DOG Nº 94, do luns 20 de maio de 2019 (pax. 24042 ata 24079).

 

DESTINATARIOS:

 

  • Alumnado que no curso 2019/2020 este matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

REQUISITOS:

 

  • Ser pai/nai/titor/a legal dun alumno/a matriculado nun centro sostido con fondos públicos.

  • A asignación de libros de texto que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase ao alumnado que participe por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Unha vez esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

 

    • Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis libros de texto.

    • Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: catro libros de texto.

 

SOLICITUDES:

 

  • As instancias poderán obterse nos centros, nas xefaturas territoriais da Consellería, no portal da xunta https://sede.xunta.gal ou http://www.xunta.gal

      • Presentaranse segundo o Anexo I e o Anexo II desta orde nos centros educativos en que estea matriculado o/a alumno/a.

      • A solicitude será única para todos os fillos e para todas as axudas, unha única solicitude por familia.

      • As solicitudes serán asinadas polo pai/nai/titor legal así como por todos os membros da unidade familiar, en caso de menores deberá ser asinado por un dos proxenitores, titor/a ou representante legal.

      • Prazo de presentación de solicitudes do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

      • A comezos do mes de  xullo colgarase no tablón do colexio e na páxina web do colexio a lista provisional de admitidos e excluidos. Transcurrido o prazo legal de reclamacións colgarase no tablón do colexio e na páxina web do colexio a lista definitiva de admitidos e excluidos.

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

 

  • Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31/12/2017, deberán presentar un dos seguintes documentos:

    • Sentenza xudicial de separación ou divordio e/ou convenio regulador

    • Certificado de convivencia (empadroamento)

    • Informe dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberán achegar o certificado acreditativo do grao da discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación

  • No caso de situación de violencia de xénero documentación acreditativa.

 

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS:

 

      • Devolver os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario no curso 2018/2019. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2019/20.

      • Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2019/20 e devolvelos ao rematar este.

      • Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

AdxuntoTamaño
solicitude.pdf2.05 MB

Powered by Drupal - Design by artinet