DÍA DA PAZ

O pasado 30 de Xaneiro celebramos o día da paz no noso centro elaborando unha deliciosa marmelada da paz! O bo desta marmelada é que ten uns ingredientes moi saudables e que non ten data de caducidade! Por iso, trataremos de consumir un pouquiño dela cada día. 

 

Cada curso elaborou o seu propio tarro con palabras que asociasen coa paz e ese día aportaron 5 dos seus ingredientes á marmelada conxunta. Saíron palabras tan bonitas como: respecto, abrazos, tranquilidade, querer, hospitalidade, igualdade, cariño, bondade, confianza, amabilidade, esperanza, compartir, amizade, amor, solidariedade... 

   

 

 

   

Ademais da marmelada, os distintos grupos tamén nos deleitaron cunha canción coa que pedían a paz en Carnota. 

A maiores de todo iso, tamén estivemos decorando o noso centro con distintos traballos relacionados coa temática da paz. Aquí vos deixamos algunhas imaxes das manualidades realizadas: 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet