Hoxe foi un día moi emocionante no CEIP de Carnota. Comezamos a mañá recibindo a visita de Papá Noel acompañado de todas as súas axudantes. Todos os cursos pasaron entregarlle a súa carta e pedirlle os seus desexos. Marcharon cargados de lambetadas! Que sorte! Aquí vos deixamos unhas imaxes:
Despois, fixemos entrega dos premios das adiviñas de Nadal que estivemos realizando ao longo destas últimas semanas:
Para rematar, escoitando as badaladas, cambiamos as 12 uvas por 12 gusanitos e xa lle demos a benvida ao novo ano para comezalo á volta con moita sorte! FELICES FESTAS E BO NADAL DENDE O CEIP DE CARNOTA! VÉMONOS NO 2019!