3 DE DECEMBRO NO CEIP DE CARNOTA

O pasado 3 de decembro tamén celebramos no noso centro o Día Internacional da Discapacidade. Organizamos diferentes talleres en relación coa temática do día e o alumnado distribuído en grupos ía rotando por todos eles realizando as actividades. Aquí vos deixamos un pouco máis de información sobre os talleres acompañada dalgunhas imaxes: 

1) DILLO SEN PALABRAS: Este taller consistía en empregar a mímica e describir sen falar a palabra que aparecía na pantalla. O obxectivo era que calquera dos compañeiros que estaban de costas conseguisen adiviñala. 

  

 

 

2) CALA QUE NON TE ESCOITO: Unha persoa facía un son cun instrumento e escondíase nunha parte da clase. Unha ou dúas persoas diferentes cos ollos tapados tiñan que guiarse polo son que escoitaban e tratar de atopala.

 

3) CHEIROS QUE PINTAN: Cos ollos tapados e guiándose polo cheiro tiñan que elixir a cor coa que querían pintar. Previamente mesturamos as cores con diferentes esencias.

 

   

 

4) HISTORIAS QUE EMOCIONAN: Neste taller procedemos ao visionado de pequenos curtos que estivesen relacionados dalgún xeito coa temática do día.

5) OS TRES PÉS: O alumnado en parellas e con un dos pés atado ao doutra persoa tiña que mover certos obxectos dun lado ao outro. 

 

 

6) MANUALIDADES COMPARTIDAS: Cunha das mans libre e a outra atada á doutra persoa tiñan que levar a cabo unha manualidade.

  

 

Powered by Drupal - Design by artinet