CARNOTA EN NEGRO

Outra data máis que celebramos no noso centro, o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

O alumnado, o profesorado e demais persoal do CEIP de Carnota tamén nos únimos á campaña “Galicia en negro”, e próximos ao día 25 así acudimos ao noso centro vestidos con roupa escura e camisetas contra as violencias.

 

Posto que o día 25 coincidiu un domingo, continuamos coa súa celebración o pasado luns 26. Ao longo da mañá, todo o alumnado pasou a bicar a silueta dunha muller que estivo decorando o corredor do centro, mostrando así afecto e respecto cara a figura feminina:

    

  

A continuación, decidimos extender o noso traballo á rúa e saímos á praza do concello a continuar coa celebración. Todos elaboramos unha tarxeta co noso desexo contra a violencia machista e baixamos a colgalos entre as árbores da vila. Aquí vos deixamos unhas imaxes do proceso e do resultado!

    

Por último, todos en roda acabamos o acto cantando e bailando unha canción que o docente de música creou para a ocasión titulada: “Non son os golpes o que máis nos doe”. 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet