20 DE NOVEMBRO NO CEIP DE CARNOTA

Unha data tan importante como o 20 de Novembro, Día Internacional dos Dereitos do Neno, non podía quedar sen celebrar no noso colexio!

Previamente a ese día estivemos traballando os contidos dos distintos dereitos, facendo lectura deles co alumnado ou ben con outro tipo de actividades. Logo, cada curso centrouse nun dereito e elaborou un cartel relacionado con el. Así de ben quedaron finalmente no corredor do centro:

 

 

O propio día 20, o alumnado de 6º curso procedeu á lectura dun manifesto sobre os dereitos dos nenos para inaugurar a celebración. A continuación, cada grupo pasou a expoñer o seu dereito, acompañándoo cun xesto que o representase. Aquí vos deixamos algunas imaxes do acto:

 

      

 

        

 

              


 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet