Comezamos con forzas un curso máis!

Un curso máis xa estamos de volta! Este ano o CEIP de Carnota comeza en positivo e cun novo proxecto que xirará en torno ao tema das emocións. Por iso, titulámolo C+ (Carnota en positivo).

 A nosa mascota, Leocadia, este ano está emocionada e así recibe ao noso alumnado invintándoo a emocionarse con ela.

Como podedes ver nas imaxes que aparecerán a continuación, durante estas semanas xa lle estivemos dando vida aos corredores en relación coa temática do noso novo proxecto.

Para cubrir os murais inspirámonos no conto 'O monstro das cores' e todo o alumnado xa pasou a deixar as súas mensaxes en cada un deles.

Seguindo o conto, no amarelo cóntannos cando senten alegría; no azul cando senten tristeza; no verde cando senten calma; no negro cando senten enfando; e, por último, no vermello cando senten rabia.

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o bonito que nos quedou!

Powered by Drupal - Design by artinet