Entroido 2018

Ola a todos/as!

 

Hoxe no cole celebramos o entroido! Seguindo coa temática deste ano, os disfraces estiveron todos relacionados coa seguridade. Polas nosas clases pasaron membros da cruz vermella, de protección civil, policías, bombeiros e ata gardas reais británicos. Tamén estaban os seguriños!

 

Fixemos a nosa comparsa, e despois das nosas actuacións, compartimos unha merendola coas familias. Estaba todo boísimo!

 

Aquí tedes algunhas fotos. Feliz entroido!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet