Halloween / Samaín 2017 no C.E.I.P. de Carnota

Ola a todos/as!

Despois de celebrar o Samaín e o Halloween no cole, xa estabamos desexando compartir con vós algunhas imaxes daquel día tan especial.

O primeiro que queremos ensinarvos é un vídeo - resumo, no cal podedes ver algunhas das actividades que levamos a cabo aquel día. Algunhas delas foron realmente terroríficas!

 

 

Tamén estamos moi orgullosos de presentarvos o noso festival de cabazas. O noso alumnado realizou verdadeiras obras de arte coas cabazas, aproveitando que o noso proxecto deste ano trata sobre a "Seguridade". Moitas grazas ás familias pola vosa cooperación. Pensamos que as imaxes falan por si mesmas!

 

Powered by Drupal - Design by artinet