Skip to Content

blogue deTics

Semana da biblioteca 2017

Ola a todos/as!

Estamos na semana da biblioteca! Esta semana é moi especial para todos nós, e por iso preparamos entre todos e todas un vídeo no que demostramos a nosa paixón pola lectura. Todos os nenos e nenas participaron de maneira moi activa neste proxecto, e agardamos que vos guste.

Con todos vós, a nosa interpretación da canción "Tan só con leres un libro", de Mamá Cabra.

Benvidos á biblioteca! Curso 2017 - 2018

Ola a todos/as,

 

Benvidos un ano máis á nosa biblioteca, o noso espazo de lectura e aprendizaxe onde como xa sabedes, levamos a cabo actividades moi especiais.

A través desta mensaxe queremos comunicarvos que a biblioteca xa está oficialmente aberta, e que podedes acudir a ela cando queirades.

Leocadia quedou moi contenta co éxito do proxecto do ano pasado, relacionado coa ciencia. Este ano, o novo proxecto será "A seguridade", para o cal comezaremos a preparar carteis e materiais. Esperamos a vosa participación!

Distribuir contido


by Dr. Radut