Skip to Content

Blogues

CONCURSO DE CANTIGAS POPULARES

Boas!

Deixaremos aquí as diferentes actividades, que cambiaran cada 15 días, para poder participar no Concurso de Cantigas Populares. 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Ligazón: https://docs.google.com/presentation/d/1ln7KrMdfJWb6iFIIpsXmzppuqC5IHQ24CBbYc4BUBgw/edit?usp=share_link 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA!

Este curso para render homenaxe á autora, traballamos co libro “Parece unha rosa”. Todo o alumnado traballou co poema

para levar a cabo un vídeo no que cada curso recitou unha estrofa.

Deixamos a continuación a ligazón para acceder ao vídeo. Esperamos que vos guste.

Ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1Nh_4fFMc6OMjtd_McQxGL0C1dZMJSjr1/view?usp=sharing 

 

 

Ligazón á actividade do mural:

https://docs.google.com/presentation/d/1OtJ8XmrDfD8RTU6QQInYZd8t7TrmdqqVWIpmwGRKAVk/edit?usp=sharing

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

MANUEL MURGUÍA

 

Boas!

No mes de febreiro cúmprese o centenario do pasamento de Manuel Murguía, historiador, escritor e creador e primeiro

presidente da Real Academia Galega.

Deixamos a continuación actividades e información para coñecer mellor a tan importante personaxe.

Genially: https://view.genial.ly/635ec5a8c119af0019de9365

Historia: EXPO PASAMENTO MURGUÍA.pdf

Cuestionario: CUESTIONARIO EXPO MANUEL MURGUÍA.pdf

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

VOCABULARIO DO MAR - EDLG

Boas!

Deixamos a continuación todas as palabras mariñeiras que se recolleron durante esta primeira avaliación.

Tedes para practicar un cuestionario na anterior entrada do blog.

Esperamos que vos serva de axuda.

Ligazón: https://docs.google.com/presentation/d/1wLUrvszac7oQkOXfvQmidoA1fubQb6CZONrZ0T-ZQcU/edit?usp=sharing

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

PALABRAS MARIÑEIRAS - KAHOOT

Boas!

Este ano comezamos a traballar con palabras relacionadas co mar. Para afianzar ese vocabulario pensamos que podedes practicar cun xogo, por iso vos deixamos este cuestionario interactivo.

Hai dous un para Educación Infantil e outro para Educación Primaria.

Quedan a continuación as ligazóns para poder acceder.

Ligazón Educación Infantil: https://create.kahoot.it/share/e-i-palabras-marineiras/5f092355-8e9b-44c8-a775-842f29c646a9

Ligazón Educación Primaria: https://create.kahoot.it/share/e-p-palabras-marineiras/aaa4bbf2-a8a6-4417-ba29-057c0168f7fc

A finalidade desta actividade será cubrir un cuestionario final que vos entregaremos antes das vacación de Nadal.

 

Se queres aprender máis sobre o mar con este xogo podes practicar!

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

 

LIBRO GAÑADORES - V CONCURSO SAMAÍN - CEIP CARNOTA

Boas!

Deixámosvos a continuación o aviso de que xa podedes ver e ler, na biblioteca do centro, os microcontos e debuxos gañadores da V Edición do Concurso de Samaín.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

Play aRi[t]mar

 

Boas!

Deixámosvos a continuación Play aRi[t]mar, unha aplicación web presentada pola EOI de Santiago de Compostela coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). A aplicación reúne músicas e poemas galegos e portugueses que foron galardoados ou finalistas nas diferentes edicións aRi[t]mar que se levan convocado desde 2016. As obras atópanse principalmente en forma de vídeos musicais e videopoemas, aínda que a plataforma tamén conta con versións escritas das poesías e letras de cancións e outro material complementario.

Ligazón: https://play.aritmar.gal/

Animámosvos a visitala!

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

 

CEIP de Carnota

 

PALABRA DO ANO - REAL ACADEMIA GALEGA

Ligazón para poder elixir a palabra: https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

Ola!

A continuación déixovos a razón pola que a Real Academia Galega, decidiu promover esta idea coa que podemos participar todos e todas. 

"Por que promovemos esta idea? A lingua é o espello do que somos, do que queremos ser, do que nos ocupa e nos preocupa en cada momento a cadaquén, a todos e todas como sociedade. O lugar onde as palabras existen con máis intensidade é a actualidade, ese día a día compartido no que, como tan claro nos queda nestes tempos pandémicos, o público e o privado conflúen, por iso escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos.

Decidir colectivamente cal é a palabra que identifica o ano que remata é tamén un xeito de resumirnos como o vivimos. No bo ou no malo. E o mesmo unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás. Ou unha forma de agredecer e bo e de buscar acougo. Vós decidides. Vós tendes a palabra."

Aniamámosvos a participar. Tede en conta que este ano o Proxecto do Centro é O Mar, a palabra podería estar relacionado co tema.

V CONCURSO DE SAMAÍN - CEIP CARNOTA - EDLG

Ligazón para ver os/as gañadores/as e as imaxes: https://docs.google.com/presentation/d/1nNPEcb88jQ2obDirVJZmDN1Gg78_NfG4Z5fSNrPLhRw/edit?usp=share_link

Tarefas semana 2/11/20 -- 6/11/20

Sexto A

2/11/20 -- Activity book page 8, exercises 1 and 2.

Terceiro A

2/11/20 -- Activity bok page 8 exercises 1,2 and 3.

Cuarto

2/11/20 -- Activity book page 6 exercises 1 and 2, page 7 ex. 2 and page 8 ex. 1 and 2.

Quinto

2/11/20 -- Activity book page 8 exercises 1,2 and 3.

VIDEO CONFINAMENTO

Video de rutina saudable
Distribuir contido


by Dr. Radut